Circuíto de Dijon-Prenois
Circuíto de Dijon-Prenois | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Francia Dijon, Francia |
Lonxitude | 3,801 km |
Curvas | 8 |
Volta rápida (1984) | 1:05.257 |
Piloto récord | Alain Prost |
Escudería récord | McLaren |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto de Dijon-Prenois é un autódromo situado preto de Dijon, Francia. O Gran Premio de Francia de Fórmula 1 disputouse neste circuíto nas tempadas 1974, 1977, 1979, 1981 e 1984; tamén albergou ao Gran Premio de Suíza de 1982. A Scuderia Ferrari non logrou vencer en ningunha das seis carreiras.
O trazado orixinal de 3.289 metros foi inaugurado o 26 de maio de 1972. Debido a que os baixos tempos de volta no Gran Premio de Francia de 1974 causaban conxestións entre os atrasados e os punteiros, agregouse unha extensión no ano 1975 para alcanzar os 3.801 metros finais.
A vitoria de Jean-Pierre Jabouille no Gran Premio de Francia de 1979 ao volante dun Renault F1 supuxo a primeira vitoria dun motor sobrealimentado e a primeira dese equipo. Ademais, logrouna un piloto francés cun automóbil francés, pneumáticos franceses (Michelin) e combustible francés (Elf Aquitaine). Nesa mesma carreira, o canadense Gilles Villeneuve e o francés René Arnoux disputaron ferozmente a segunda posición durante varias voltas.
Na actualidade, Dijon-Prenois alberga datas de campionatos franceses de gran turismos, motociclismo e Fórmula 3, así como carreiras de automóbiles históricos.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Dijon-Prenois
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1974 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 1:21:55,020 h | 3´289 km | 80 | 192´722 km/h | 7 de xullo | Francia |
1977 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1:39:40,130 h | 3´800 km | 80 | 183´006 km/h | 3 de xullo | |
1979 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 1:35:20,420 h | 3´800 km | 80 | 191´315 km/h | 1 de xullo | |
1981 | Alain Prost | Renault | 1:35:48,130 h | 3´800 km | 80 | 190´392 km/h | 5 de xullo | |
1982 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 1:32:41,087 h | 3´800 km | 80 | 196´796 km/h | 29 de agosto | Suíza |
1984 | Niki Lauda | McLaren-TAG-Porsche | 1:31:11,951 h | 3´887 km | 79 | 202´024 km/h | 20 de maio | Francia |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto de Dijon-Prenois |
- Sitio web oficial do Circuit de Dijon-Prenois Arquivado 04 de decembro de 2008 en Wayback Machine.