Jean-Pierre Jabouille
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Jean Pierre Alain Jabouille 1 de outubro de 1942 5º distrito de París, Francia | |||||||||||||||||||
Morte | 2 de febreiro de 2023 (80 anos) La Celle-Saint-Cloud, Francia | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de carreiras, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | |||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | ||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||
|
Jean-Pierre Alain Jabouille[1], nado en París o 1 de outubro de 1942 e finado o 2 de febreiro de 2023, foi un piloto de carreiras francés. Competiu en 55 Grandes Premios, logrando dúas vitorias nos primeiros anos dos coches turbo de Renault na década de 1970. Jabouille tamén correu nas 24 Horas de Le Mans desde finais de 1960 ata principios de 1990, pilotando para Alpine, Matra, Sauber e Peugeot logrando catro terceiros postos na xeral en 1973, 1974, 1992 e 1993, Jabouille foi un dos últimos dunha raza de pilotos de Fórmula Un que tamén eran enxeñeiros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jabouille fixo a súa primeira aparición na Fórmula Tres francesa en 1967, e continuou en 1968, cando foi segundo detrás de François Cevert. En 1969 foi contratado como piloto de desenvolvemento por Alpine, participou en varias carreiras inconexas en Fórmula Dúas e automóbiles deportivos. En 1973 copilotou un Matra ata a terceira posición nas 24 Horas de Le Mans, e repetiu esta fazaña en 1974, cando tamén gañou a carreira de Fórmula Dúas en Hockenheim, e terminou como subcampión na serie Europea Alpine de 2 litros. Tamén fixo as súas primeiras aparicións na Fórmula 1, non logrou clasificarse co Williams no Gran Premio de Francia, nin co Surtees no Gran Premio de Austria.
En 1975 Jabouille cortou os seus lazos con Alpine, e obtivo o apoio Elf para facer o seu propio chasis de Fórmula Dous. Acabou segundo por detrás de Jacques Laffite, pero finalmente fixo o seu debut nun Gran Premio, terminando 12º nun Tyrrell oficial no Gran Premio de Francia. En 1976 concentrouse na Fórmula Dúas, finalmente gañou o título.
Jabouille foi contratado polo equipo Renault de Fórmula 1. Para desenvolver o seu novo motor turboalimentado de 1´5 l para 1977. O RS01 debutou no Gran Premio do Reino Unido de 1977, pero nun principio o motor turbo (o primeiro na Fórmula 1) era fráxil e sufría dun grave atraso no turbo, polo que era difícil de conducir en circuítos estreitos. Con todo, Jabouille perseverou, logrando varias posicións cualificatorias notables en 1978, e logrou os primeiros puntos da marca co 4º lugar no GP dos Estados Unidos.
En 1979 Renault preparou un segundo coche para René Arnoux. Jabouille logrou a primeira pole position para Renault na Fórmula Un no Gran Premio de Suráfrica e, a continuación, acadou a súa primeira vitoria, xustamente no Gran Premio francés, tamén desde a pole. Esta foi a primeira vitoria dun coche con turbo na Fórmula Un. Fixo dous poles máis, nos Grandes Premios de Alemaña e Italia, pero a escasa fiabilidade significou que esta fora a súa única vitoria.
En 1980 Jabouille logrou dúas poles máis, e outra vitoria no Gran Premio de Austria. Un fallo na suspensión no Gran Premio do Canadá deixouno cunha perna rota, xusto despois de que asinara con Ligier para 1981.
As súas feridas obrigáronlle a perderse as dúas primeiras carreiras da tempada 1981, pero pronto viuse que non estaba en plena forma, non logrou clasificarse en dous dos seus catro intentos, momento no que decidiu retirarse da Fórmula Un, converteuse en director do equipo Ligier / Talbot en 1982.
Jabouille regresou a mediados da década de 1980 para pilotar no Campionato Supertouring Francés, antes de unirse a Peugeot para axudar a desenvolver o seu programa de autos deportivos nas 24 Horas de Le Mans, que culminou cun terceiro lugar en 1992 e 1993. En 1994 sucedeu a Jean Todt como director de Peugeot Sport, pero as infrutuosas tempadas coa marca en asociación con McLaren e Jordan significaron o seu despedimento en 1995. Desde entón dirixiu o seu propio equipo de autos deportivos no Campionato da FIA de Sport Prototipos.
Resumo da súa carreira
[editar | editar a fonte]Resultados completos do Campionato de Europa de Fórmula Dous
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1970 | Constructions Mechaniques Pygmée | Pygmée MDB15 | Cosworth | THR NSC |
HOC |
BAR 11 |
PAL |
PER 8† |
TUL |
IMO NSC |
HOC NTS |
16º | 2 | |||||||||
1971 | Equipe Tecno Elf | Tecno TF71 | Ford | HOC Ret |
THR |
NÜR |
JAR NSC |
PAL NSC |
ROU NTS |
MAN |
TUL |
ALB NSC |
VAL |
VAL |
— | 0 | ||||||
1972 | Elf Coombs Racing | March 722 | Ford | MAL Ret |
THR |
HOC |
IMO Ret |
MAN 2 |
PER Ret |
14º | 7 | |||||||||||
Elf 2 | PAU DNQ |
PAL |
HOC |
ROU NTS |
ZEL Ret |
SAL 9 |
ALB Ret |
HOC 10† |
||||||||||||||
1973 | Elf Coombs Racing | Elf 2 | Ford | MAL |
HOC |
THR Ret |
NÜR Ret |
PAU |
KIN |
NIV |
HOC |
ROU NTS |
MNZ |
MAN Ret |
KAR |
PER Ret |
SAL |
NOR |
ALB 5† |
VAL |
24º | 3 |
1974 | Ecurie Elf | Elf 2 | BMW | BAR 3 |
HOC |
PAU 4 |
SAL Ret |
HOC 1 |
MUG 7 |
KAR |
PER |
HOC 3 |
VAL Ret |
4º | 20 | |||||||
1975 | Equipe Elf Switzerland | Elf 2J | BMW | EST 8 |
THR 5 |
HOC Ret |
NÜR 4 |
PAU 2 |
HOC Ret |
SAL 1 |
ROU Ret |
MUG Ret |
PER Ret |
SIL Ret |
ZOL Ret |
NOG 3 |
VAL |
5º | 24 | |||
1976 | Equipe Elf Switzerland | Elf 2J | Renault | HOC Ret |
THR 14 |
VAL 1 |
SAL 6 |
PAU 3† |
HOC 4† |
ROU 2 |
MUG 1 |
PER 4 |
EST 2 |
NOG Ret |
HOC 1 |
1º | 53 |
† Os pilotos que terminaron por diante de Jabouille non eran elixibles para puntuar polo que Jabouille anotou máis puntos que o que lle correspondía pola súa posición.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Pierre Jabouille |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FIA Year Book of Automobile Sport 1976. Patrick Stephens Ltd. white p. 38. ISBN 0-85059-229-1.