Fervenza do Tequendama
(es) Salto del Tequendama | ||||
Tipo | fervenza | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Río Bogotá | |||
Localización | ||||
División administrativa | Cundinamarca, Colombia | |||
Localización | Soacha | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.467 m | |||
Dimensións | 157 () × 23 () m salto máis alto: 132 () m | |||
A fervenza do Tequendama (en castelán: salto del Tequendama) é unha fervenza natural de Colombia, que se atopa no concello de Soacha, no Departamento de Cundinamarca. Atópase a preto de 30 km ó suroeste de Bogotá.
Características
[editar | editar a fonte]Segundo un mito muisca, formouse por acción divina para evacuar as augas que asulagaban a sabana de Bogotá. Algúns estudos sinalan que isto puido ocorrer efectivamente, e que a súa formación puido darse nun curto lapso.[1]
Tras percorrer máis de 100 km polo altiplano cundiboyacense e a sabana de Bogotá, o río Bogotá cae dende aproximadamente 157 metros sobre un abismo rochoso de forma circular formando a fervenza, que se acha nunha rexión boscosa de neblina permanente. Administrativamente pertence ó concello de Soacha. Parte das súas augas tamén son alimentadas polo soborde da Represa do Muña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 04 de decembro de 2017.