Content-Length: 97408 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Tundama_(filme)

Tundama (filme) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tundama (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tundama
Ficha técnica
Título orixinalTundama
DirectorDiego Yaya
Edison Yaya
ProdutorEdison Yaya
GuiónEdison Yaya
IntérpretesLeonardo Castellanos
Zulma Rincón
Omar Moyano
Óscar Peraffán
Magdalena Sánchez
MúsicaDiego Yaya
Nicolás Jaimes
EstudioDagamedia Audiovisuales
Estrea20 de xullo de 2020
Duración71 minutos
Orixe Colombia
XéneroÉpico e animación
LinguaMuisca e castelán
Na rede
IMDB: tt15476786 Filmaffinity: 693207 Editar o valor en Wikidata

Tundama é un filme de animación en 3D colombiano estreado o 20 de xullo de 2020. Dirixido por Diego e Edison Yaya, contou coas voces de Leonardo Castellanos, Zulma Rincón, Omar Moyano, Óscar Peraffán e Magdalena Sánchez.[1] A realización do filme tardou arredor de seis anos e contou coa participación de 75 profesionais. Perante a continxencia xerada pola pandemia de COVID-19, Tundama foi unha das primeiras producións cinematográficas colombianas estreadas en formato de autocinema.[2][3][4] É o primeiro filme rodado en lingua muisca,[5] unha lingua que desapareceu c. 1800.[6]

O valente cacique Tundama enfronta a devastadora chegada dos colonizadores españois a América. No medio desta cruenta batalla, dous nenos en busca da súa irmá secuestrada quedan no medio do conflito de culturas e sacan á boia todo tipo de sentimentos que até entón tiñan profundamente agochados.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Leonardo Castelllanos como Tundama
  • Zulma Rincón como Tai
  • Omar Moyano como Maldonado
  • Óscar Peraffán como Gonzalo Jiménez de Quesada
  • Magdalena Sánchez como a nai
  • Martha Huertas como a deusa
  • Camilo Mejía como Fernán Pérez
  1. "Tundama, película animada colombiana". Caracol Televisión (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  2. "Tundama: el guerrero muisca que frenó la conquista española". El Tiempo (en castelán). 29 de xuño de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  3. "Esta es la película colombiana que inaugurará los autocines". La Opinión (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  4. "¿Cómo podrás disfrutar de los autocines?". Canal institucional (en castelán). 6 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  5. "“Tundama”, la primera película animada hablada en lenguaje Muisca". Caracol. 15 de decembro de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  6. Darío Berrío Gil (7 de outubro de 2021). DW, ed. "Muisca: la lengua que dejó de estar extinta para inmortalizarse en el cine". Consultado o 8 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Tundama_(filme)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy