Content-Length: 127026 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Inglaterra

Historia de Inglaterra - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Historia de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Inglaterra

Mapa do Reino de Inglaterra de c. 1747
Historia de Inglaterra Inglaterra
Categoría Historia de Inglaterra
Relacionados
Historia Historia do Reino Unido

Inglaterra é o territorio máis extenso e poboado do Reino Unido. Habitada por pobos celtas desde o século V a.C., foi colonizada polos romanos entre o 43 d.C. e principios do século V. A partir de entón foi invadida por unha serie de pobos xermánicos (anglos, saxóns e xutos) que expulsaron os celtas, parcialmente romanizados, cara a Gales, Escocia, Cornualla e a Bretaña francesa. No século X, tras resistir unha serie de ataques viquingos, Inglaterra unificouse politicamente. Tras a ascensión de Xacobe VI de Escocia ao trono de Inglaterra en 1603 e a anexión de Escocia por Inglaterra en 1707 resulta menos apropiado diferenciar a historia de Inglaterra da do resto do Reino Unido.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes de Inglaterra foron pequenas tribos de cazadores. Durante a Idade de Pedra chegaron vagas de novos pobos á illa (contra o ano 4000 a. C.). Estes desenvolveron unha cultura agrícola no sur e construíron os enormes monumentos de Stonehenge e Avebury. A partir do ano 800 a. C., durante a Idade de Bronce, os celtas invadiron Inglaterra. Grazas ao seu superior armamento someteron aos habitantes indíxenas. Por un lado, introduciron o gaélico e o bretón, que aínda se fala hoxe en rexións das illas británicas. E por outro lado, introduciron mudanzas no arado e no cultivo. Os seus sacerdotes, os druídas, dominaban a sociedade.

Século I

[editar | editar a fonte]

Britania romana

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Britania romana.
A Muralla de Hadriano, no norte da Inglaterra.

Roma invadiu a illa no ano 43 d.C., e só tardou sete anos en vencer a resistencia dos indíxenas e controlar a maior parte do territorio. As tribos escocesas e galesas foron os pobos máis resistentes á conquista, e para os conter construíuse a Muralla de Hadriano no norte de Inglaterra (123 d. C.). Os romanos levaron estabilidade, calzadas pavimentadas, e o cristianismo. Aínda así, a romanización só se manifestou nalgunhas cidades, o resto do campo mantivo a cultura celta. Contra o 409, Roma abandonou Britania, no ocaso do seu imperio. Os anglosaxóns, que ocuparon o país tras a retirada romana, ignoraron as cidades, illaron o cristianismo en Gales e deron os seus propios nomes ás vías romanas.

Século V

[editar | editar a fonte]

Invasións anglosaxoas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Invasións anglosaxoas.

Debido á falta de administradores romanos, os xefes britanos, nominalmente cristiáns, gobernaron pequenos e inestables reinos e mantiveron algunhas das tradicións romanas de goberno. Xa a partir do século V, tribos de bárbaros anglos, xutos e saxóns comezaron a introducirse no baleiro deixado polos romanos, absorbendo aos celtas.

Século VII

[editar | editar a fonte]

Heptarquía anglosaxoa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Heptarquía anglosaxoa.

Nesa época desenvolvéronse unha serie de reinos de taifas anglosaxóns. Cara ao século VII había sete reinos xermánicos: Northumbria, Mercia, Anglia Oriental, Essex, Wessex, Sussex e Kent, que comezaban a ter unha vaga noción de nacionalidade conxunta. As lendas posteriores sobre un heroe chamado Artur sitúanse neste convulso período.

Século XI

[editar | editar a fonte]

Invasión normanda

[editar | editar a fonte]
Escena da batalla de Hastings (1066), na tapizaría de Bayeux.

Guillerme de Normandía chegou ás costas do sur de Inglaterra en 1066 cun exército de 12.000 homes. Na batalla de Hastings derrotou o seu rival polo trono e proclamouse rei, fundando a dinastía normanda. O feudalismo normando converteuse na base da redistribución da terra entre os conquistadores e na Inglaterra xurdiu unha nova aristocracia e unha renovada estrutura social e política. Con Esteban de Blois (1135-1154) finalizou a dinastía normanda. Este período caracterizouse polas loitas con Francia e pola alianza de poder coa Igrexa.

Século XII

[editar | editar a fonte]

Dinastía Plantagenet

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía Plantagenet.

Durante aquel caótico período as relacións internacionais estiveron presididas polas constantes guerras con Francia e Escocia, e malia a conquista de Irlanda por Henrique II (1172) e a anexión de Aquitania trala súa voda coa princesa Leonor, Henrique III, primeiro rei Plantagenet, sumiu o país na ruína co seu ambicioso soño de dominar Sicilia e Alemaña. A nobreza, encabezada por Simón de Monfort, conde de Leicester, limitaron aínda máis a súa autoridade, e só despois da derrota da nobreza en Evesham puido recobrar privilexios e retornar a estrutura da "Carta Magna".

O reino de Escocia, influído por normandos e noruegueses, era vasalo dos reis ingleses e coñeceu un longo período de paz. Mais trala morte da raíña Margarida de Noruega (1286-1290), o rei inglés Eduardo I (1272-1290) arbitrou a sucesión a favor de Xoán Baliol; este, empurrado polo seu pobo, rebelouse. Eduardo invadiu Escocia (1296) e desterrou a Xoán. Até a súa morte, Eduardo sufocou todo tipo de insurrección escocesa (William Wallace foi apresado e condenado a morte en 1305). Robert Bruce, que se proclamara rei de Escocia en 1306, refuxiouse nas montañas e venceu na batalla de Bannockburn (1314) a Eduardo II (1307-1327), proclamando a independencia de Escocia.

Por outra parte, a longa loita pola conquista de Gales xa concluíra (Eduardo I) en 1284, ano en que os Estatutos de Gales, dividido en condados, sancionaron o sometemento do país, creándose o título de "Príncipe de Gales" para o herdeiro da coroa inglesa.

Século XIV

[editar | editar a fonte]

Guerra dos Cen Anos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra dos Cen Anos.

Durante o reinado de Eduardo III (1327-1377), realizouse con toda virulencia o enfrontamento con Francia, eterno rival que alimentaba desde había tempo o seu rancor polos enfrontamentos do pasado e pola dominación inglesa da coroa de Francia trala morte sen descendencia de Carlos IV (rama dos Capeto).

A guerra durou cento vinte anos e coñeceu distintas fases. Ao principio os ingleses obtiveron grandes vitorias e anexionaron Calais, o condado de Poiton e fixéronse coa plena soberanía de Aquitania. Pero, axiña os franceses aproveitaron a intervención de Eduardo, a favor de Pedro o Cruel, no conflito interno do reino de Castela e León e recuperaron os territorios perdidos, agás Calais, Baiona e Bordeos.

Guerra das Rosas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra das Rosas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Inglaterra

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy