Content-Length: 350455 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Johannes_Kepler

Johannes Kepler - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Johannes Kepler

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaJohannes Kepler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1571 Editar o valor en Wikidata
Weil der Stadt (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1630 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Ratisbona (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRatisbona Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Evangelical Seminaries of Maulbronn and Blaubeuren (en) Traducir
Tübinger Stift (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseMichael Maestlin (pt) Traducir e Tycho Brahe Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÓptica, astronomía, matemáticas e mecánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Ulm (1626–)
Linz (1611–1626)
Praga (1600–1612)
Graz (1594–1600) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnaturalista, teórico da música, cosmólogo, filósofo, escritor, mestre, físico, astrónomo, astrólogo, musicólogo, Protestant theologian (en) Traducir, matemático, inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLinz, land surveyor (en) Traducir, matemático (1612–1627)
Rodolfo II, matemático
Universidade de Graz Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosPeter Crüger (pt) Traducir, Ambrosius Rhode (pt) Traducir e Johann Odontius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
PatrocinadorAlbrecht von Wallenstein (1628–)
Rodolfo II (1602–1612) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSusanne Reuttinger (1613–1630), morte do cónxuxe
Barbara Müller (1597–1611), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
PaisHeinrich Kepler Editar o valor en Wikidata  e Katharina Kepler Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargarethe Maickler Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:კეპლერი, იოჰანეს)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX871886 Bitraga: 4591 WikiTree: Kepler-71 Find a Grave: 8396584 Editar o valor en Wikidata

Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal.[1] A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais.[2][3]

Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg. Máis tarde converteuse en axudante do astrónomo Tycho Brahe en Praga, e finalmente en matemático imperial do emperador Rodolfo II e os seus dous sucesores Matthias e Fernando II. Tamén ensinou matemáticas en Linz, e foi conselleiro do xeneral Wallenstein. Ademais, fixo un traballo fundamental no campo da óptica, sendo nomeado o pai da óptica moderna,[4] en particular pola súa Astronomia Pars Optica. Tamén inventou unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio kepleriano, que se converteu na base do telescopio refractor moderno,[5] á vez que melloraba o deseño do telescopio de Galileo Galilei,[6] que mencionou os descubrimentos de Kepler na súa obra.

Kepler viviu nunha época na que non existía unha distinción clara entre astronomía e astroloxía, pero si unha forte división entre a astronomía (unha rama das matemáticas dentro das artes liberais) e a física (unha rama da filosofía natural). Kepler tamén incorporou argumentos e razoamentos relixiosos á súa obra, motivado pola convicción relixiosa e a crenza de que Deus creara o mundo segundo un plan intelixible e accesible a través da luz natural da razón.[7] Kepler describiu a súa nova astronomía como "física celeste",[8] como "unha excursión á Metafísica de Aristóteles",[9] e como "suplemento á obra de Aristóteles Sobre o ceo",[10] transformou a antiga tradición da cosmoloxía física tratando a astronomía como parte dunha física matemática universal.[11]

Kepler foi chamado o "pai da ciencia ficción" pola súa novela Somnium.[12][13]


Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia (1571–1590)

[editar | editar a fonte]
Lugar de nacemento de Kepler, en Weil der Stadt

Kepler naceu nunha familia de relixión protestante luterana, instalada na cidade imperial libre de Weil der Stadt, que hoxe en día forma parte da rexión metropolitana de Stuttgart, no estado alemán de Baden-Württemberg, a 30 quilómetros ao oeste do centro de Stuttgart. O seu avó, Sebald Kepler, fora alcalde desta cidade, pero na época que naceu Johannes, a fortuna da familia Kepler atopábase en decadencia. O seu pai, Heinrich Kepler, gañábase a vida de xeito precaria como mercenario no exército do duque de Wurtemberg e raramente frecuentaba o domicilio familiar, el abandonou a familia cando Johannes tiña cinco anos. Crese que morreu loitando na guerra dos oitenta anos, nos Países Baixos. A súa nai, Katharina Guldenmann, era filla dun posadeiro, era curandeira e herborista e máis tarde acabou sendo xulgada por bruxería. Nado prematuramente aos sete meses de embarazo, Johannes afirmou que fora un neno débil e enfermizo. Kepler tivo dous irmáns e unha irmá, Heinrich, Christopher e Margarette. Kepler foi un neno brillante e como detalle das súas capacidades intelectuais, parece que impresionaba os viaxeiros que a miúdo pasaban polo hotel do seu avó, mostrando unhas facultades matemáticas excepcionais.[14]

De 1574 a 1576, viviu con Heinrich —que tiña epilepsia—na casa dos seus avós, mentres o seu pai estaba en campaña e a súa nai fora na súa procura.[15]

De neno, Kepler foi testemuña do gran cometa de 1577 (nome oficial: C/1577 V1), que atraeu a atención dos astrónomos de toda Europa.

Trala volta de seus pais trasladouse a Leonberg, onde ingresa na escola latina en 1577. Introduciuse na astronomía a unha idade temperá e desenvolveu unha forte paixón por ela que abarcaría toda a súa vida. Aos seis anos, observou o Gran Cometa de 1577 , escribindo que "foi levado pola súa nai a un lugar alto para miralo".[16] En 1580, á idade de nove anos, observou outro evento astronómico, un eclipse lunar, rexistrando que lembraba ser "chamado ao aire libre" para velo e que a Lúa "parecía bastante vermella".[16] Con todo, a varíola infantil, que contraera cando tiña tres anos, deixoulle unha visión débil e as mans lisiadas, o que limitou a súa capacidade nos aspectos observacionales da astronomía.[17]

En 1589, despois de asistir á escola primaria, á escola latina e aos seminario de Maulbronn, Kepler asistiu ao Tübinger Stift da Universidade de Tubinga. Alí estudou filosofía con Vitus Müller[18] e teoloxía con Jacob Heerbrand (un estudante de Philipp Melanchthon en Wittenberg), que tamén ensinou a Michael Maestlin mentres era estudante, ata que foi nomeado chanceler en Tübingen en 1590.[19] Demostrou ser un excelente matemático e estableceu unha reputación como un hábil astrólogo, facialles horóscopos aos seus compañeiros. Recibiu clases de Michael Maestlin, profesor de matemáticas en Tubinga de 1583 a 1631,[19] aprendeu tanto o sistema tolemaico como o sistema copernicano do movemento planetario. Despois converteuse en copernicano convencido. Nunha disputa estudantil, defendeu o heliocentrismo dende unha perspectiva tanto teórica como teolóxica, mantendo que o Sol era a principal fonte de forza motriz do universo.[20] A pesar do seu desexo de converterse en ministro, ao final dos seus estudos recomendáronlle a Kepler un posto de ensino de matemáticas e astronomía na escola protestante de Graz. Aceptou o cargo en abril de 1594, aos 22 anos.[21]

Kepler rematou o seu primeiro período de estudos, de tres anos, en 1583 con algo de atraso a causa do seu traballo coma xornaleiro agrícola. En 1584 entrou no Seminario protestante de Adelberg e dous anos máis tarde no Seminario Superior de Maulbronn. Alí obtivo o seu diploma de fin de estudos e matriculouse en 1589 na universidade de Tubinga. Seu pai partiu de novo para a guerra en 1589, desaparecendo para sempre.

En 1589, despois de asistir á escola primaria, á escola latina e aos seminario de Maulbronn, Kepler asistiu ao Tübinger Stift da Universidade de Tubinga. Alí estudou filosofía con Vitus Müller[22] e teoloxía con Jacob Heerbrand (un estudante de Philipp Melanchthon en Wittenberg), que tamén ensinou a Michael Maestlin mentres era estudante, ata que foi nomeado chanceler en Tübingen en 1590.[19] Demostrou ser un excelente matemático e estableceu unha reputación como un hábil astrólogo, facialles horóscopos aos seus compañeiros. Recibiu clases de Michael Maestlin, profesor de matemáticas en Tubinga de 1583 a 1631,[19] aprendeu tanto o sistema tolemaico como o sistema copernicano do movemento planetario. Despois converteuse en copernicano convencido. Nunha disputa estudantil, defendeu o heliocentrismo dende unha perspectiva tanto teórica como teolóxica, mantendo que o Sol era a principal fonte de forza motriz do universo.[23] A pesar do seu desexo de converterse en ministro luterano , ao final dos seus estudos recomendáronlle a Kepler un posto de ensino de matemáticas e astronomía na escola protestante de Graz. Aceptou o cargo en abril de 1594, aos 22 anos.[24]

Graz (1594–1600)

[editar | editar a fonte]
Retratos de Kepler e a súa muller
Retratos de Kepler e a súa muller
Casa de Kepler e Barbara Müller en Gössendorf, preto de Graz (1597–1599)
Casa de Kepler e Barbara Müller en Gössendorf, preto de Graz (1597–1599)

Antes de concluír os seus estudos en Tubinga, Kepler aceptou unha oferta para ensinar matemáticas como substituto de Georg Stadius na escola protestante de Graz (agora en Estiria, Austria).[25] Durante este período (1594–1600), publicou moitos calendarios e prognósticos oficiais que melloraron a súa reputación como astrólogo. Aínda que Kepler tiña sentimentos encontrados sobre a astroloxía e desprezaba moitas prácticas habituais dos astrólogos, cría profundamente nunha conexión entre o cosmos e o individuo. Finalmente publicou algunhas das ideas que o tiveron entretido cando era estudante no Mysterium Cosmographicum (1596), publicadas pouco máis dun ano despois da súa chegada a Graz.[26]

En decembro de 1595, Kepler coñeceu a Barbara Müller, unha viúva de 23 anos (dobremente viuva) cunha filla pequena, Regina Lorenz, e comezou a cortexala. Müller, herdeira das leiras dos seus últimos maridos, tamén era filla dun próspero muiñeiro. O seu pai, Jobst, inicialmente opúxose ao matrimonio. Aínda que Kepler herdara a nobreza do seu avó, a súa pobreza convertíao nun partido inaceptable. Jobst cedeu despois de que Kepler rematou o seu traballo en Mysterium, pero o compromiso case fracasa mentres Kepler estaba fóra lidando cos detalles da publicación. Non obstante, os funcionarios protestantes, que axudaran a organizar a voda, meteron presión aos Müller para que cumpriran o seu acordo. Barbara e Johannes casaron o 27 de abril de 1597.[27]

Nos primeiros anos do seu matrimonio, os Kepler tiveron dous fillos (Heinrich e Susanna), ambos os dous falecidos na infancia. En 1602, tiveron unha filla (Susanna); en 1604, un fillo (Friedrich); e en 1607, outro fillo (Ludwig).[28]

Outras investigacións

[editar | editar a fonte]

Tras a publicación de Mysterium e coa bendición dos inspectores escolares de Graz, Kepler iniciou un ambicioso programa para ampliar e elaborar a súa obra. Planeou catro libros adicionais: un sobre os aspectos estacionarios do universo (o Sol e as estrelas fixas); outro sobre os planetas e os seus movementos; outro sobre a natureza física dos planetas e a formación de accidentes xeográficos (centrado especialmente na Terra); e outro sobre os efectos dos ceos na Terra, que incluiría óptica atmosférica, meteoroloxía e astroloxía.[29]

Tamén pediu a opinión de moitos dos astrónomos aos que enviara Mysterium, entre eles Reimarus Ursus (Nicolaus Reimers Bär), matemático imperial de Rodolfo II e acérrimo rival de Tycho Brahe. Ursus non contestou directamente, senón que volveu publicar a afagadora carta de Kepler para proseguir a súa disputa prioritaria sobre (como agora se chama) o sistema ticónico con Tycho. A pesar desta mancha negra, Tycho tamén comezou a cartearse con Kepler, comezando cunha crítica dura pero lexítima do sistema de Kepler; entre unha serie de obxeccións, Tycho opúxose ao uso de datos numéricos inexactos tomados de Copérnico. A través das súas cartas, Tycho e Kepler discutiron unha ampla gama de problemas astronómicos, centrándose nos fenómenos lunares e a teoría copernicana (en particular, a súa viabilidade teolóxica). Pero sen os datos considerablemente máis precisos do observatorio de Tycho, Kepler non tiña forma de abordar moitas destas cuestións.[30]

No seu lugar, centrou a súa atención na cronoloxía e a "harmonía", as relacións numerolóxicas entre a música, as matemáticas e o mundo físico, e as súas consecuencias astrolóxicas. Ao supoñer que a Terra posúe alma (unha propiedade que máis tarde invocaría para explicar como o Sol provoca o movemento dos planetas), estableceu un sistema especulativo que conectaba aspectos astrolóxicos e distancias astronómicas co tempo e outros fenómenos terrestres. En 1599, con todo, volveu sentir que o seu traballo víase limitado pola inexactitude dos datos dispoñibles, á vez que as crecentes tensións relixiosas ameazaban a súa permanencia en Graz. En decembro dese ano, Tycho convidou a Kepler a visitalo en Praga; o 1 de xaneiro de 1600 (antes mesmo de recibir a invitación), Kepler partiu coa esperanza de que o mecenado de Tycho puidese resolver os seus problemas filosóficos, ademais dos sociais e financeiros.[31]

Carreira científica

[editar | editar a fonte]

Praga (1600–1612)

[editar | editar a fonte]
Tycho Brahe

O 4 de febreiro de 1600, Kepler reuniuse con Tycho Brahe e os seus axudantes Franz Tengnagel e Longomontanus en Benátky nad Jizerou (a 35 km de Praga), onde se estaba construíndo o novo observatorio de Tycho. Durante os dous meses seguintes, permaneceu como convidado, analizando algunhas das observacións de Marte realizadas por Tycho; Tycho gardaba os seus datos con moito celo, pero quedou impresionado polas ideas teóricas de Kepler e pronto lle permitiu un maior acceso. Kepler planeou probar a súa teoría do Mysterium Cosmographicum baseándose nos datos de Marte, pero calculou que o traballo lle levaría ata dous anos (xa que non se lle permitía simplemente copiar os datos para o seu propio uso). Coa axuda de Johannes Jessenius, Kepler tentou negociar un acordo laboral máis formal con Tycho, pero as negociacións romperon nunha irada discusión e Kepler marchouse a Praga o 6 de abril. Kepler e Tycho reconciliáronse pronto e finalmente chegaron a un acordo sobre o salario e a vivenda, e en xuño, Kepler regresou á súa casa en Graz para recoller á súa familia.[32]

As dificultades políticas e relixiosas en Graz truncaron as súas esperanzas de volver inmediatamente con Brahe; coa esperanza de continuar os seus estudos astronómicos, Kepler buscou un nomeamento como matemático do arquiduque Fernando. Con ese fin, Kepler compuxo un ensaio -dedicado a Fernando- no que propoñía unha teoría do movemento lunar baseada na forza: "In Terra inest virtus, quae Lunam ciet" ("Hai unha forza na Terra que fai que a Lúa se mova").[33] Aínda que o ensaio non lle valeu un posto na corte de Fernando, si detallaba un novo método para medir as eclipses lunares, que aplicou durante a eclipse do 10 de xullo en Graz. Estas observacións constituíron a base das súas exploracións das leis da óptica, que culminarían en Astronomiae Pars Optica..[34]

O 2 de agosto de 1600, tras negarse a converterse ao catolicismo, Kepler e a súa familia foron desterrados de Graz. Varios meses máis tarde, Kepler regresou, agora co resto da súa familia, a Praga. Durante a maior parte de 1601, foi apoiado directamente por Tycho, que lle asignou a análise de observacións planetarias e a redacción dun tratado contra o rival de Tycho, Ursus (xa falecido). En setembro, Tycho conseguiulle un encargo como colaborador no novo proxecto que propuxera ao emperador: as Táboas rudolfinas que debían substituír as Táboas prusianas' de Erasmus Reinhold. Dous días despois da inesperada morte de Tycho, o 24 de outubro de 1601, Kepler foi nomeado o seu sucesor como matemático imperial coa responsabilidade de completar a súa obra inacabada. Os seguintes 11 anos como matemático imperial serían os máis produtivos da súa vida.[35]

Conselleiro imperial

[editar | editar a fonte]

A principal obrigación de Kepler como matemático imperial era proporcionar asesoramento astrolóxico ao emperador. Aínda que Kepler vía con malos ollos os intentos dos astrólogos contemporáneos de predicir con precisión o futuro ou adiviñar acontecementos concretos, desde a súa época de estudante en Tubinga elaborara horóscopos detallados e ben recibidos para amigos, familiares e mecenas. Ademais dos horóscopos para aliados e líderes estranxeiros, o emperador buscou o consello de Kepler en tempos de problemas políticos. Rodolfo interesouse activamente polo traballo de moitos dos eruditos da súa corte (entre eles numerosos alquimistas) e mantívose ao día tamén co traballo de Kepler en astronomía física.[36]

Oficialmente, as únicas doutrinas relixiosas aceptables en Praga eran a católica e a utraquista, pero a posición de Kepler na corte imperial permitiulle practicar a súa fe luterana sen impedimentos. O emperador proporcionáballe nominalmente uns amplos ingresos para a súa familia, pero as dificultades do sobredimensionado tesouro imperial facían que conseguir o diñeiro suficiente para facer fronte ás obrigacións financeiras fose unha loita continua. En parte debido aos problemas financeiros, a súa vida na casa con Bárbara foi desagradable, embazada por disputas e brotes de enfermidade. A vida na corte, con todo, puxo a Kepler en contacto con outros destacados eruditos (Johannes Matthäus Wackher von Wackhenfels, Jost Bürgi, David Fabricius, Martin Bachazek e Johannes Brengger, entre outros) e o traballo astronómico avanzou rapidamente.[37]

Supernova de 1604

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Supernova de Kepler.
Restos da supernova de Kepler SN 1604

En outubro de 1604, apareceu unha nova e brillante estrela vespertina (SN 1604), pero Kepler non creu os rumores ata que a viu el mesmo.[38] Kepler comezou a observar sistematicamente a supernova. Desde o punto de vista astrolóxico, o final de 1603 marcou o comezo dun novo trígono zodíacal, o inicio dun ciclo de grandes conxuncións duns 800 anos de duración; os astrólogos asociaron os dous períodos anteriores co ascenso de Carlomagno (uns 800 anos antes) e o nacemento de Cristo (uns 1600 anos antes), polo que esperaban acontecementos de gran transcendencia, especialmente en relación co emperador.[39]

Neste contexto, como matemático imperial e astrólogo do emperador, Kepler describiu a nova estrela dous anos máis tarde no seu libro De Stella Nova. Nel, Kepler abordaba as propiedades astronómicas da estrela á vez que adoptaba un enfoque escéptico ante as numerosas interpretacións astrolóxicas que circulaban por entón. Sinalou a súa luminosidade decrecente, especulou sobre a súa orixe e baseouse na falta de paralaxe observada para argumentar que se atopaba na esfera das estrelas fixas, socavando aínda máis a doutrina da inmutabilidade dos ceos (a idea aceptada desde Aristóteles de que as esferas celestes eran perfectas e inmutables). O nacemento dunha nova estrela implicaba a variabilidade dos ceos. Kepler tamén achegou un apéndice no que discutía o recente traballo de cronoloxía do historiador polaco Laurentius Suslyga; calculou que, se Suslyga tiña razón en que as cronoloxías aceptadas tiñan un atraso de catro anos, entón a Estrela de Belén-análoga á nova estrela actual- coincidiría coa primeira gran conxunción do ciclo anterior de 800 anos.[40]

Obra científica

[editar | editar a fonte]
Johannes Kepler

Levou a cabo a revolución heliocéntrica no Renacemento, a través da formulación das chamadas tres leis fundamentais da mecánica celeste, as Leis de Kepler. Dedicouse tamén ao estudo da óptica.

Na defensa da astroloxía, publicou Tercius interveniens, onde critica aqueles que atacan a astroloxía polo seu nesgo supersticioso e non a distinguen da astroloxía como cosmoloxía. É importante notar, como di Kenneth Negus, que Kepler defendía a astroloxía como cosmogonía, como explicación do modo como se procesan as relacións entre astros e acontecementos terreos, dentro do ámbito da actuación divina. É clara a súa crítica tanto aos cépticos canto aos supersticiosos.

Astronomiae pars optica
  • 1596: Mysterium cosmographicum (O misterio cósmico).
  • 1601: De Fundamentis Astrologiae Certioribus.
  • 1604: Astronomiae Pars Optica (A parte óptica da astronomía).
  • 1604: De Stella nova in pede Serpentarii.
  • 1609: Astronomia nova (Nova astronomía).
  • 1611: Dioptrice.
  • 1618-1621: Epitome astronomiae Copernicanae.
  • 1619: Harmonices Mundi (A harmonía dos mundos).
  • 1627: Tabulae Rudolphinae.
  • 1634: O soño (Somnium seu Astronomia Lunari).[41]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Telescopio espacial Kepler.
  • Na súa honra nomeouse o asteroide 1134, o asteroide Kepler. Tamén hai un cráter chamado Kepler na Lúa[42][43] e outro en Marte e a Kepler Dorsum, unha dorsal de Phobos, satélite de Marte.
  • A supernova SN 1604 tamén foi denominada Supernova de Kepler ou Estrela de Kepler, xa que permaneceu visíbel durante un ano despois da súa explosión en 1604 e Kepler realizou a descrición máis precisa.
  • A NASA puxolle o seu nome ao telescopio espacial Kepler, que tiña a misión durante catro anos de detectar exoplanetas telúricos e outros corpos pequenos que orbitan preto da nosa galaxia. Foi lanzado o 7 de marzo de 2009.
  • Paul Hindemith creou unha ópera baseada na vida de Kepler: Die Harmonie der Welt. Philip Glass compuxo outra ópera sobre a súa figura: Kepler.
  • O vehículo de transferencia europeo ATV-002 Johannes Kepler foi nomeado na súa honra e lanzado o 16 de febreiro de 2011.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Voelkel, James R. (2001). "Commentary on Ernan McMullin, "The Impact of Newton's Principia on the Philosophy of Science"". Philosophy of Science 68 (3). pp. 319–326. ISSN 0031-8248. JSTOR 3080920. doi:10.1086/392885. 
  2. https://www.dpma.de/english/our_office/publications/milestones/greatinventors/johanneskepler/index.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  4. https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0960077922008748
  5. https://www.britannica.com/science/Keplerian-telescope
  6. Tunnacliffe, AH; Hirst JG (1996). Optics. Kent, England. pp. 233–7. ISBN 978-0-900099-15-1. 
  7. Barker and Goldstein. "Theological Foundations of Kepler's Astronomy", pp. 112–113.
  8. Kepler. New Astronomy, title page, tr. Donohue, pp. 26–27
  9. Kepler. New Astronomy, p. 48
  10. Epitome of Copernican Astronomy in Great Books of the Western World, Vol 15, p. 845
  11. Stephenson. Kepler's Physical Astronomy, pp. 1–2; Dear, Revolutionizing the Sciences, pp. 74– 78
  12. "Kepler, the Father of Science Fiction". bbvaopenmind.com. 2015-11-16. 
  13. Popova, Maria (27 de decembro de 2019). "How Kepler Invented Science Fiction and Defended His Mother in a Witchcraft Trial While Revolutionizing Our Understanding of the Universe". themarginalian.org. Consultado o 20 de setembro do 2023. 
  14. Caspar, Kepler, p. 29–36; Connor, Kepler's Witch, p. 23–46.
  15. NASA. "Johannes Kepler: His Life, His Laws and Times" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de setembro do2023. 
  16. 16,0 16,1 Koestler. The Sleepwalkers, p. 234 (traducido do horóscopo familiar de Kepler).
  17. Caspar. Kepler, pp. 36–38; Connor. Kepler's Witch, pp. 25–27.
  18. Connor, James A. Kepler's Witch (2004), p. 58.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Barker, Peter; Goldstein, Bernard R. "Theological Foundations of Kepler's Astronomy", Osiris, 2nd Series, Vol. 16, Science in Theistic Contexts: Cognitive Dimensions (2001), p. 96.
  20. Westman, Robert S. "Kepler's Early Physico-Astrological Problematic," Journal for the History of Astronomy, 32 (2001): 227–236.
  21. Caspar. Kepler, pp.  38–52; Connor. Kepler's Witch, pp.  49–69.
  22. Connor, James A. Kepler's Witch (2004), p. 58.
  23. Westman, Robert S. "Kepler's Early Physico-Astrological Problematic," Journal for the History of Astronomy, 32 (2001): 227–236.
  24. Caspar. Kepler, pp.  38–52; Connor. Kepler's Witch, pp.  49–69.
  25. Caspar, Kepler. pp. 50–51.
  26. Caspar, Kepler. pp. 58–65.
  27. Caspar, Kepler. pp. 71–75.
  28. Connor. Kepler's Witch, pp. 89–100, 114–116; Caspar. Kepler, pp. 75–77
  29. Caspar. Kepler, pp. 85–86.
  30. Caspar, Kepler, pp. 86–89
  31. Caspar, Kepler, pp. 89–100
  32. Caspar, Kepler, pp. 100–108.
  33. Caspar, Kepler, p. 110.
  34. Caspar, Kepler, pp. 108–111.
  35. Caspar, Kepler, pp. 111-122.
  36. Caspar, Kepler, pp. 149–153
  37. Caspar, Kepler, pp. 146–148, 159–177
  38. Caspar, Kepler, p. 151.
  39. Caspar, Kepler, pp. 151–153.
  40. Caspar, Kepler, pp. 153–157
  41. Traducida ao galego por Alfonso Blanco Quintela e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2014.
  42. International Astronomical Union. "«Kepler»". Gazeteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Consultado o 30 de decembro do 2015. 
  43. Laura Crespí. Universitat Pompeu Fabra, ed. "Johannes Kepler" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro do 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barker, Peter and Bernard R. Goldstein: "Theological Foundations of Kepler's Astronomy". Osiris, Volume 16. Science in Theistic Contexts. University of Chicago Press, 2001, pp.  88–113
  • Caspar, Max. Kepler; transl. and ed. by C. Doris Hellman; with a new introduction and references by Owen Gingerich; bibliographic citations by Owen Gingerich and Alain Segonds. New York: Dover, 1993. ISBN 978-0-486-67605-0
  • Connor, James A. Kepler's Witch: An Astronomer's Discovery of Cosmic Order Amid Religious War, Political Intrigue, and the Heresy Trial of His Mother. HarperSanFrancisco, 2004. ISBN 978-0-06-052255-1
  • De Gandt, Francois. Force and Geometry in Newton's Principia, Translated by Curtis Wilson, Princeton University Press, 1995. ISBN 978-0-691-03367-9
  • Dreyer, J. L. E. A History of Astronomy from Thales to Kepler. Dover Publications Inc, 1967. ISBN 0-486-60079-3
  • Field, J. V. Kepler's geometrical cosmology. University of Chicago Press, 1988. ISBN 978-0-226-24823-3
  • Gilder, Joshua and Anne-Lee Gilder: Heavenly Intrigue: Johannes Kepler, Tycho Brahe, and the Murder Behind One of History's Greatest Scientific Discoveries, Doubleday (2004). ISBN 978-0-385-50844-5 Reviews bookpage.com,
  • Gingerich, Owen. The Eye of Heaven: Ptolemy, Copernicus, Kepler. American Institute of Physics, 1993. ISBN 978-0-88318-863-7 (Masters of modern physics; v. 7)
  • Gingerich, Owen: "Kepler, Johannes" in Dictionary of Scientific Biography, Volume VII. Charles Coulston Gillispie, editor. New York: Charles Scribner's Sons, 1973
  • Jardine, Nick: "Koyré's Kepler/Kepler's Koyré," History of Science, Vol. 38 (2000), pp.  363–376
  • Kepler, Johannes. Johannes Kepler New Astronomy trans. W. Donahue, foreword by O. Gingerich, Cambridge University Press 1993. ISBN 0-521-30131-9
  • Kepler, Johannes and Christian Frisch. Joannis Kepleri Astronomi Opera Omnia (John Kepler, Astronomer; Complete Works), 8 vols. (1858–1871). vol. 1, 1858, vol. 2, 1859, vol. 3, 1860, vol. 6, 1866, vol. 7, 1868, Frankfurt am Main and Erlangen, Heyder & Zimmer, – Google Books
  • Kepler, Johannes, et al. Great Books of the Western World. Volume 16: Ptolemy, Copernicus, Kepler, Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc., 1952. (contains English translations by of Kepler's Epitome, Books IV & V and Harmonice Book 5)
  • Koestler, Arthur. The Sleepwalkers: A History of Man's Changing Vision of the Universe. (1959). ISBN 978-0-14-019246-9
  • Koyré, Alexandre: Galilean Studies Harvester Press, 1977. ISBN 978-0-85527-354-5
  • Koyré, Alexandre: The Astronomical Revolution: Copernicus-Kepler-Borelli Ithaca, NY: Cornell University Press, 1973. ISBN 978-0-8014-0504-4; Methuen, 1973. ISBN 978-0-416-76980-7; Hermann, 1973. ISBN 978-2-7056-5648-5
  • Kuhn, Thomas S. The Copernican Revolution: Planetary Astronomy in the Development of Western Thought. Cambridge, MA: Harvard University Press, 1957. ISBN 978-0-674-17103-9
  • Lindberg, David C.: "The Genesis of Kepler's Theory of Light: Light Metaphysics from Plotinus to Kepler." Osiris, N.S. 2. University of Chicago Press, 1986, pp.  5–42.
  • Lear, John. Kepler's Dream. Berkeley: University of California Press, 1965
  • North, John. The Fontana History of Astronomy and Cosmology, Fontana Press, 1994. ISBN 978-0-00-686177-5
  • Pannekoek, Anton: A History of Astronomy, Dover Publications Inc 1989. ISBN 978-0-486-65994-7
  • Pauli, Wolfgang. Wolfgang Pauli – Writings on physics and philosophy, translated by Robert Schlapp and edited by P. Enz and Karl von Meyenn (Springer Verlag, Berlin, 1994). See section 21, The influence of archetypical ideas on the scientific theories of Kepler, concerning Johannes Kepler and Robert Fludd (1574–1637). ISBN 978-3-540-56859-9
  • Schneer, Cecil: "Kepler's New Year's Gift of a Snowflake." Isis, Volume 51, No. 4. University of Chicago Press, 1960, pp.  531–545.
  • Shapin, Steven. The Scientific Revolution. Chicago: University of Chicago Press, 1996. ISBN 978-0-226-75020-0
  • Stephenson, Bruce. Kepler's physical astronomy. New York: Springer, 1987. ISBN 978-0-387-96541-3 (Studies in the history of mathematics and physical sciences; 13); reprinted Princeton:Princeton Univ. Pr., 1994. ISBN 978-0-691-03652-6
  • Stephenson, Bruce. The Music of the Heavens: Kepler's Harmonic Astronomy, Princeton University Press, 1994. ISBN 978-0-691-03439-3
  • Toulmin, Stephen and June Goodfield. The Fabric of the Heavens: The Development of Astronomy and Dynamics. Pelican, 1963.
  • Westfall, Richard S. The Construction of Modern Science: Mechanism and Mechanics. John Wiley and Sons, 1971. ISBN 0-471-93531-X; reprinted Cambridge University Press, 1978. ISBN 0-521-29295-6
  • Westfall, Richard S. Never at Rest: A Biography of Isaac Newton. Cambridge University Press, 1981. ISBN 978-0-521-23143-5
  • Wolf, A. A History of Science, Technology and Philosophy in the 16th and 17th centuries. George Allen & Unwin, 1950.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Johannes_Kepler

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy