Content-Length: 134494 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/LaSexta3

laSexta3 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

laSexta3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

laSexta3
Inicio das emisións 1 de novembro de 2010
Fin das emisións 5 de maio de 2014
Propiedade de Atresmedia Televisión
Formato da imaxe 576i (SDTV), 16:9
Datos de audiencia 1,8% (setembro de 2012, FormulaTV)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión España España
Andorra
Canle/s irmá(s) Antena 3
laSexta
Neox
Nova
Nitro
Xplora
Gol Televisión
Antena 3 HD
laSexta HD

Na rede
Páxina web de laSexta3
Facebook: LaSexta3Todocine Twitter: laSexta3 Editar o valor en Wikidata

laSexta3 foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de novembro de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014.[1] A súa oferta estaba baseada en cine tanto de produción española como internacional.

Desde o día 8 de outubro de 2010, laSexta3 emitiu o sinal da canle EHS TV, dedicado á teletenda. Este sinal desapareceu da canle o día 1 de novembro de 2010 co inicio das emisións regulares de laSexta3, cuxa programación pasou a ser de series de ficción e películas. O día 28 de febreiro de 2011 laSexta3 foi remodelada e, co sobrenome Todo Cine, cambiou a súa programación de ficción por cine converténdose na primeira canle dedicada ao cine en aberto en España.

A partir do 4 de xullo de 2011 convértese nunha canle de cine e sen telenovelas, xa que pasan a emitirse en laSexta2, pasando a unha canle 'Todo Novelas' (feito que durou pouco tempo).

O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 49 do operador de pago Imagenio.

A partir do 1 de maio, e co inicio da canle Xplora en substitución da antiga laSexta2, empeza unha denominación de transición: TODO CINE.

O 7 de outubro de 2012 a canle abandona as emisións do Mux Nacional 67 (842.00 Mhz) da TDT, pasando a emitir unicamente a traves do Mux denominado MPE1 xunto ás súas canles irmáns laSexta HD e Xplora.

A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[2][3][4]

Audiencias

[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[5] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.

Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
2010 - - - - - - - - - - 0,4%** 0,5% 0,45%[6]
2011 0,5% 0,6% 1,1% 1,4% 1,4% 1,5% 1,5% 1,9% 1,7% 1,7% 1,5% 1,5% 1,4%[6]
2012 1,5% 1,5% 1,2% 1,5% 1,5% 1,4% 1,8% 1,9%* 1,8% 1,3% 1,4% 1,5% 1,5%[6]
2013 1,4% 1,4% 1,6% 1,6% 1,5% 1,6% 1,6% 1,9% 1,6% 1,6% 1,6% 1,6% 1,6%[6]
2014 1,7% 1,6% 1,6% 1,6% - - - - - - - - (%)[6]

* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.

  • O 16 de setembro de 2012, laSexta3 conseguiu un 3,2% de cota de pantalla en todo o día, grazas á emisión das películas Robocop e Robocop 2.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/LaSexta3

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy