Content-Length: 133226 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/La_10

La 10 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

La 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La 10
Inicio das emisións 22 de marzo de 2010 (Andalucía)
17 de maio de 2010 (resto)
20 de setembro de 2010 (a nivel nacional)
Fin das emisións 1 de xaneiro de 2012
Propiedade de Vocento
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 0,6% (decembro de 2011, FórmulaTV)
Slogan "Damos la cara"
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Substituído por Paramount Channel
Canle/s irmá(s) Intereconomía Televisión
Disney Channel
MTV
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT
Cable
Euskaltel Dial: 979
ONO Dial: 154
R Dial: 80
Telecable Dial: 63

Na rede
La10.com

La 10 foi unha cadea de televisión privada española de ámbito nacional, que emitiu a través da TDT. Estaba operada por SGT Net TV, que á súa vez forma parte do Grupo Vocento.

As súas emisións a nivel nacional comezaron o 20 de setembro de 2010 e finalizaron o 1 de xaneiro de 2012.

La 10 nos seus inicios foi unha red privada de televisións autonómicas do Grupo Vocento chamada Punto TV, a cal comezou a emitir en 2005. En outubro de 2006 Punto TV contaba con 50 canles de televisión en 39 provincias, emitindo en tecnoloxía analóxica, chegando a unha audiencia potencial de 12 millóns de persoas.

En maio de 2008, Punto TV deixou de emitir como cadea, pasando a ser un distribuidor de contidos, que as televisións asociadas poderían situar como quixeran na súa programación, e ademais segue encargándose da comercialización para os anunciantes nacionais nestas cadenas.

A partir de aí, as licenzas de Punto TV foron ocupadas por canles tamén de Vocento. Estas canles foron: Canal 10 (Asturias), M7 (Mallorca, Albacete TeVe, Ciudad Real TeVe, Cuenca TeVe, Guadalajara TeVe, Toledo TeVe, Urbe TV, Ceuta TV, Álava 7 TV, Teledonosti, Bizkaia TV, Televisión Rioja e La Verdad TV.

En 2010, Vocento planteou desenvolver unha especie de FORTA privada na TDT para agrupar a varias das súas cadeas autonómicas e locais baixo unha marca. As cadeas elixidas para o proxecto eran: Avista TV (Andalucía), Las Provincias TV (Comunidade Valenciana), Canal 6 (Murcia), Onda 6 (Madrid), Televisión Rioja (A Rioxa), Álava 7 TV (provincia de Áraba), Teledonosti (provincia de Guipúscoa) e Bilbovisión (provincia de Biscaia).

Finalmente ocorreu e naceu La 10, unha rede privada de televisións autonómicas do Grupo Vocento que se puxo en marcha na Televisión Dixital Terrestre no ano 2010, grazas ás súas concesións de licenzas.

As televisións autonómicas e locais de Vocento apostaban por contidos de proximidade, e estaban apoiadas nun posicionamento multimedia e multisoporte que permitía liderar as audiencias nas provincias nas que operaba.

As canles mencionadas enriba, que foron elixidas para a rede de televisións privadas, posuían licenzas dixitais rexionais en Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía, Murcia, A Rioxa e, aínda que máis ben locais, no País Vasco. Estas televisións coas que contaba Vocento comezaron as súas emisións o 17 de maio de 2010, excepto en Andalucía, que comezaron o 22 de marzo en probas e o 28 de marzo as emisións regulares.[1]

O 20 de setembro de 2010, comezou a emitir unha nova canle a nivel nacional co nome de La 10, cos mesmos contidos que as canles autonómicas. Estas canles seguiron diferentes evolucións: dous das tres entes vascas volveron ás súas antigas denominacións (Álava 7 TV e Teledonosti), La 10 Bizkaia pasou a ser Bizkaia TV (en lugar do seu nome orixinal BilboVisión); en Murcia converterase en La Verdad TV e en A Rioxa recuperou o seu antigo nome: Televisión Rioja.

En canto a La 10 Madrid, La 10 Andalucía e La 10 Comunidad Valenciana, continuaron durante varias semanas emitindo os contidos de La 10, á espera de ver se algunha outra empresa audiovisual aceptaba os requisitos que impoñía Vocento e se facía cargo da xestión, pois non resulta nin rendible economicamente nin compatible en termos legais que ofrezan a mesma programación que emite La 10 a través do seu sinal nacional. Finalmente Vocento alcanzou un acordo coa empresa Smile Advertising e o 25 de outubro de 2010 comezou as súas emisións en probas por estas frecuencias a canle Metropolitan TV, cunha programación xeneralista e informativa. As emisións regulares de Metropolitan TV comezaron o 1 de novembro de 2010.

Dez días despois do seu lanzamento a nivel nacional, o 30 de setembro de 2010, La 10 incorporouse á televisión de ONO e formaba parte da oferta da opción TV Esencial. Tamén formaba parte da oferta televisiva de Euskaltel, Imagenio e R.

O 20 de setembro de 2011, día do primeiro aniversario, Vocento anunciou que, ao non consolidar o seu proxecto xeneralista con La 10, decidira cesar a produción propia despedindo 14 traballadores do canal entre redactores, cámaras, realizadores e produtores. Tamén anunciou o peche do canal e o alugamento da súa licenza.[2]

Finalmente, La 10 finalizou as súas emisións o 1 de xaneiro de 2012 tras máis de tres meses sen emitir contidos de produción propia. Tras o peche da xeneralista, o canal foi substituído por un canal de comunicación comercial xestionado por El Corte Inglés, que ocupou a frecuencia ata o inicio de emisións do novo canal alugado a Viacom International Media Networks. Finalmente, o 22 de marzo iniciáronse as emisións en probas de Paramount Channel, canal dedicado ao cine as 24 horas, cuxas emisións regulares principiaron o 30 de marzo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/La_10

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy