Content-Length: 215850 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Roberto_Blanco_Torres

Roberto Blanco Torres - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Roberto Blanco Torres

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaRoberto Blanco Torres

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalRoberto María Blanco Torres
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1891 Editar o valor en Wikidata
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Galez, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGalez Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Palencia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Educación(sen formación universitaria)
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1907
EmpregadorIrmandades da Fala
Xénero artísticoPoesía e xornalismo
Movementoagrarismo e galeguismo
Influencias
Obra
Obras destacables
Orballo da media noite
De esto y de lo otro
Familia
CónxuxeXulia Sánchez Novoa Editar o valor en Wikidata
PaiPedro Blanco de Crespo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1338015 Bitraga: 1211 BUSC: blanco-torres-roberto-1891-1936 Dialnet: 1674179

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en Galez (Entrimo) o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada pola crítica como de gran beleza e intensidade expresiva. Así mesmo, o seu traballo nos medios impresos, moi extenso e variado, marcou unha época xornalística.

Amais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1999.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Blanco Iglesias (despois chamado Pedro Blanco de Crespo)[a] sacerdote dispensado natural de Donramiro (Lalín) e de Carmen Torres Fuentes, mestra,[3] foi o menor de nove irmáns. O pai deulle unha sólida formación en cultura clásica.

Seguindo os pasos dos seus irmáns Segismundo e Nuño, trala morte dos pais en 1906, emigrou a Cuba. Alí comezou a colaborar na prensa da comunidade galega baixo o pseudónimo de Fray Roblanto. O trato con Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas foi decisivo na súa traxectoria ideolóxica.

Publicou dous poemas de amor en galego, "Dous toliños" e "O amor", e un artigo, "¡Intolerable!", no semanario Follas Novas da Habana en setembro de 1907. Tamén colaborou con Santos e Meigas, Suevia e Galicia. Durante eses anos entrou en contacto tamén con Waldo A. Insúa, Virxilio Blanco Garrido e o mestre Chané.[4]

En 1910 apareceu o seu primeiro artigo na prensa galega, na revista Vida Gallega. En decembro de 1911 dirixiu a revista bilingüe La Alborada. En 1913 colaborou en La Región Gallega e dende abril de 1915 dirixiu La Tierra Gallega. Dende esa publicación atacou algúns administradores do Centro Gallego de La Habana, ao tempo que colaboraba na prensa cubana, en especial no Diario de la Marina e El Comercio. Así mesmo, enviou artigos desde A Habana a outras publicacións americanas, como a arxentina Suevia, e peninsulares, como Vida Gallega, La Publicidad e La Tribuna.

Anuncio de La Zarpa.

A finais de 1916 regresou a Galicia, onde coñeceu ao cura José Toubes, un dos fundadores de El Ideal Gallego, e estabeleceuse na Coruña. Participou nas Irmandades da Fala e a comezos de abril de 1917 publicou o seu primeiro artigo n'A Nosa Terra. Participou na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en decembro de 1918.

En outubro de 1920 asumiu a dirección de El Correo Gallego de Ferrol, da que cesou en abril de 1921. Pasou a dirixir La Zarpa en Ourense ata 1923, cando foi redactor xefe de Galicia. Diario de Vigo. En 1926 casou con Xulia Sánchez Novoa e durante uns meses de 1927 foi o redactor xefe de El Pueblo Gallego. Dirixiu El Progreso de Pontevedra.[5]

En 1929, a Editorial Nós publicou Orballo da media noite, unha colección de 31 poemas que amosa o coñecemento dos recursos da poesía de vangarda e futurista.[6] En 1930 saíu do prelo De esto y de lo otro, unha escolma de 38 artigos xornalísticos.[7] Participou tamén na creación da Asociación de Escritores Gallegos (1930).

IV Asemblea Nacionalista (Monforte de Lemos, do 18 ao 20 de febreiro de 1922). Entre outros están: Castelao, Antón e Ramón Villar Ponte, Blanco Torres e Antón Losada.

Blanco Torres foi membro da executiva da Federación Republicana Gallega. En marzo de 1931 asumiu a dirección de La República de Ourense. Nese tempo, comezou a desilusionarse coa actuación do seu grupo político na consecución da autonomía para Galicia. Aínda así, aceptou o cargo de gobernador civil de Palencia do 29 de decembro de 1931 ao 16 de xuño de 1932. En febreiro de 1933 fíxose cargo da dirección de El Noroeste[8]. En 1935 dirixiu El País de Pontevedra e dende maio de 1936 foi o xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación. Participou activamente na campaña para a aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.

Ademais das publicacións citadas, textos da súa autoría foron reproducidos por La Temporada en Mondariz, Hebe (Pontevedra), Nerio (Corcubión), Arazúa (Montevideo), Boletín de la Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (Buenos Aires), Céltiga (Buenos Aires), Revista del Centro Gallego (Montevideo), La Voz del Agro (Chantada), Galicia “Revista del Centro Gallego de Montevideo”, Galicia “Revista del Centro Gallego de Buenos Aires”, A Fouce (Buenos Aires), Nuevo Heraldo (A Guarda), Nós (Ourense), Galicia Industrial y Comercial (A Coruña), Heraldo de Galicia (Ourense), Raza Celta “Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo” ou Cultura Gallega (A Habana), entre outras.[9]

O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeu a Blanco Torres na aldea de Amido, no concello ourensán da Peroxa, na casa familiar da súa muller. Detido en setembro, foi levado á Prisión Provincial de Ourense. O 3 de outubro foi paseado polo bando falanxista e fusilado no concello de Entrimo. Por orde xudicial, foi soterrado nunha fosa común da igrexa parroquial de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo.

Escolmas e edicións póstumas (todas publicadas en 1999)

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Pedro Blanco Iglesias (ou Pedro Blanco de Crespo) era fillo natural do cacique José Crespo Villar e de María Blanco Iglesias.
  1. "Blanco Torres, Roberto". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 324. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  2. "Roberto Blanco Torres". Real Academia Galega. 
  3. Vidal Neira, Antonio: "El humanista de Donramiro" Faro de Vigo, 9/6/2013.
  4. Durán, José Antonio et al. (2005). "Blanco Torres, Roberto". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. ISBN 84-87804-88-8. 
  5. Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 84–85. ISBN 84-8288-019-5. 
  6. 6,0 6,1 Iglesias, Xabier: "Orballo da media noite" 5/10/2013.
  7. 7,0 7,1 Iglesias, Xabier: "De esto y de lo otro" 2/12/2016.
  8. El Compostelano, 4/2/1933, p. 2.
  9. Villar, Miro (3/10/2016). "No oitenta aniversario do asasinato do poeta e xornalista Roberto Blanco Torres". Crebas.gal. 
  10. Disto e do outro en Google Books.
  11. "Disto e do outro. Antoloxía". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-27. 
  12. Seixo Pastor, M., ed. (1999). Blanco Torres, xornalismo irmandiño. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89976-73-2. 
  13. González Pérez, Clodio, ed. (1999). Roberto Blanco Torres: Artigos e poemas galegos. Toxosoutos. ISBN 84-89129-59-2. 
  14. Rodríguez Guerra, A., ed. (1999). Correspondencia inédita e obra xornalística non exhumada. Lectorado Galego de Salamanca. ISBN 84-600-9544-4. 
  15. Fernando López-Acuña López: Galicia letra a letra en YouTube.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Roberto_Blanco_Torres

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy