Content-Length: 104394 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Miro_Villar

Miro Villar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Miro Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiro Villar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Cee, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
Premios

Twitter: MiroVillar BNE: XX830255 AELG: 15 BUSC: villar-miro-1965 Dialnet: 1303768 Editar o valor en Wikidata

Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

Traxectoria

Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte, do Consello Editorial da Colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais de Galicia e do Comité de Redacción da revista Dorna. Entre 1990 e 1998 tamén foi un dos impulsores da editora Edicións do Dragón.

Ten colaborado en A Nosa Terra, Luzes de Galiza, Estudos Migratorios e nos suplementos Revista das Letras de El Correo Gallego e Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia.

Obra

Poesía

Literatura infanto-xuvenil

  • Carlota, a marmota (Xerais, 2000) (literatura infantil e xuvenil).
  • Carlota e a bota perdida (Xerais, 2003).
  • Carlota e a gaivota patiamarela (Xerais, 2006).
  • O nariz de Fiz (2009).
  • A cobiza do verme Noel (Galaxia, 2011).
  • Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012).
  • A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013).

Ensaio

Edicións

  • Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 1995).
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (Galaxia, 1997).
  • Unha lectura de O soño sulagado, de Celso Emilio Ferreiro (Xerais, 1998).
  • Orballo da medianoite, de Roberto Blanco Torres (Xerais, 1998).
  • A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (Ediciós do Castro, 1998).
  • Indo para máis perto. A señardade no puño, de Alexandre Cribeiro (Xerais, 2004).
  • A roseira da soidade, de Antón Zapata García (Xerais, 2005).
  • Poesía galega completa e textos en prosa, de Emilio Álvarez Blázquez (Xerais, 2005).
  • Ser auga, darse en auga. Antoloxía poética de Bernardino Graña (2010).
  • Bretemada, de Gonzalo López Abente (Alvarellos, 2011).
  • Obra poética completa, de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 2013).

Traducións

  • Poemas de Bernardino Graña en Poesía gallega contemporánea (Litoral, 1996).
  • As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra, de Benjamín Trillo Trillo (Fundación Caixa Galicia, 1999).
  • Calafrío, de Jorge Justo Padrón (Xerais, 2000).

Obras colectivas

Premios

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 

Véxase tamén









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Miro_Villar

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy