Content-Length: 128147 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Sam_Moorhead

Sam Moorhead - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sam Moorhead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSam Moorhead

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1961
Educación Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill.
Q89547790Estudos de numismática romana.
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía e numismática.
Ocupaciónarqueólogo clásico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPhilippa Walton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
- (2011): Arqueólogo do Ano.
- (2013): Premio Lhotka (RNS).
- (2019): Medalla da RNS.

Sam Moorhead, nado en 1961, é un arqueólogo e numismático, membro do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Moorhead graduouse en Arqueoloxía Clásica e Historia Antiga na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, e posteriormente completou os seus estudos na Universidade de Durham e no Instituto de Arqueoloxía da University College London (UCL).[1][2]

Durante as décadas de 1980 e 1990 traballou no estudo de diversos conxuntos e coleccións de moedas, como a do Museo de Wiltshire, que lle serviu para elaborar a súa tese de mestrado coa que se graduou no UCL. Participou ademais en escavacións en Israel, en Palestina, en Italia e en Albania, e publicou numerosos artigos sobre eses traballos.[3] Tamén exerceu como profesor de Cultura Clásica, Arqueoloxía e Historia Antiga no Ardingly College durante 12 anos.[1][4]

En 1997 ingresou no Museo Británico como profesor de Arqueoloxía,[3] e en 2006 pasou a ser asesor de achados monetarios da Idade de Ferro e moedas romanas dentro do Portable Antiquities Scheme, baseado no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1][4]

Moorhead estivo a traballar durante cinco anos nun volume da serie Roman Imperial Coinage, dedicado aos emperadores Carausio e Alecto, que involucrou arredor de 70 museos do Reino Unido e doutros países.[1]

Sam Moorhead é membro da Royal Numismatic Society, da que foi secretario, da British Numismatic Society e da Roman Society.[4] Ademais, foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres e é profesor honorario do Instituto de Arqueoloxía do University College London.[1]

No curso 2017-2018 foi profesor visitante do Archaeological Institute of America.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Sam Moorhead ao longo da súa carreira académica:[4][7][8][9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Moorhead, Sam". En Coins Weekly. 25 de outubro de 2017.
  2. 2,0 2,1 "AIA Lecturer: Sam Moorhead, FSA Arquivado 25 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Archaeological Institute of America.
  3. 3,0 3,1 "Sam Moorhead". Portable Antiquities Scheme.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Sam Moorhead - Honorary Lecturer Arquivado 11 de agosto de 2022 en Wayback Machine.". University College London.
  5. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Sam Moorhead". Academia.edu
  8. "Moorhead, Sam Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Moorhead, Sam". WorldCat Identities.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Sam_Moorhead

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy