Content-Length: 89056 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Caramelo

Caramelo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Caramelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caramelos con sabor a eucalipto.

Un caramelo é unha lambetada ou alimento doce que se come por gusto máis ca por nutrición.

Nun principio, facíanse en base a azucre, que ía gotexando devagar nun estado semilíquido na pedra da cociña ou na prancha das cociñas de ferro. Despois acadaron gran diversificación, con diferentes sabores, texturas, montados sobre un pau etcétera e na actualidade a inmensa maioría de caramelos son elaboradas en cantidade e con técnicas industriais, polo que se pode dicir que xa son poucas as casas nas que se segue a facer caramelo torrando azucre.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O máis probábel é que a palabra caramelo, exportada a moitas das linguas occidentais, veña do galego, pola semellanza da consistencia e determinadas aparencias desta preparación ás das candeas que forma o xeo cando as pingas que caen dun tellado se conxelan, chamadas carambos, ou en diminutivo: carambelo, de aí caramelo[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Caramelo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy