Théodore Reinach
Théodore Reinach, nado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de xullo de 1860 e finado en París o 28 de outubro de 1928, foi un arqueólogo, numismático, historiador, xurista, filólogo, epigrafista, musicólogo e político francés.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Théodore Reinach foi o máis novo dos tres fillos de Hermann-Joseph Reinach e de Julie Büding, unha familia xudía de banqueiros orixinaria de Argovia, en Suíza, que fixera fortuna coa explotación dunha empresa ferroviaria. Os tres irmáns, Joseph, Salomon e Théodore, foron destacados eruditos en diversas áreas do coñecemento,[2] motivo polo cal foron alcumados como os irmáns Je-Sais-Tout ("Seino Todo"), tendo en conta que as súas iniciais formaban "J S T".[3]
Logo de recibir a primeira educación dun preceptor, na súa adolescencia estudou no Lycée Condorcet, coas mellores cualificacións da súa promoción, e posteriormente ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de París, onde acadou os títulos de doutor en Dereito (1885) e en Letras (1890).[4] Tamén completou os seus estudos como alumno da Escola Práctica de Altos Estudos.[2][5]
Carreira académica
[editar | editar a fonte]De 1881 a 1886 foi un avogado adscrito ao Colexio de Avogados de París. En 1890 foi enviado a Constantinopla nunha misión arqueolóxica e a partir desa viaxe especializouse na historia da Antiga Grecia.[2] En Delfos descifrou a notación musical dun antigo himno a Apolo, de cuxa transcrición en partitura se ocupou o seu amigo Gabriel Fauré.[6][7][8]
Entre 1888 e 1907 foi redactor xefe da revista Revue des études grecques.[2][9]
Como docente, entre 1894 e 1896 impartiu clases de Numismática na Sorbona, e a partir de 1903 ensinou Historia das Relixións na École pratique des hautes études desa universidade. En 1924 ingresou como profesor de Numismática no Colexio de Francia.[3][10]
Entre outras institucións académicas, en 1905 presidiu a Sociedade de Lingüística de París e en 1909 foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres. Tamén foi membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, e da American Numismatic Society, de Nova York.[11][12]
O seu interese pola historia dos xudeus levouno a ingresar na Sociedade de Estudos Xudeus, da que foi secretario xeral en 1899. Reinach traduciu as obras do historiador xudeu-grego Flavio Xosefo[13][14] e publicou unha historia do pobo xudeu titulada Histoire des Israélites. Tamén foi un dos fundadores da Unión Liberal Israelita.[3][15]
Carreira política
[editar | editar a fonte]A partir de 1898 comezou a pasar longas tempadas en Savoia, onde decidiu instalarse, e en 1901 adquiriu un castelo do século XVIII preto de La Motte-Servolex, que restaurou e decorou con estilo Lois XIII. Esta vasta propiedade foille legada ao Departamento de Savoia en 1936 e desde entón coñécese como Domaine Reinach, dedicada a escola pública de agricultura.[16]
Desde a súa nova residencia de Savoia 1903 lanzou un xornal para dar voz á súa tendencia política a favor dos republicanos, titulado Le Démocrate savoisien, e en 1922 cambiou a súa cabeceira a Réveil des Gauches. En 1906 foi elixido deputado por Savoia (primeira circunscrición de Chambéry) baixo as siglas do Bloque Republicano e resultou reelixido nas eleccións de 1910, aínda que non foi así en 1914. Neste período como deputado na Asemblea Nacional preocupouse destacadamente polos temas culturais, na súa condición de membro da Comisión de Ensino e Belas Artes.[17][12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 16 de marzo de 1886, Théodore Reinach casou con Charlotte Marie Evelyne Hirsch-Kann (1863-1889), con quen tivo dúas fillas. Logo do falecemento da súa primeira esposa casou en segundas nupcias o 31 de xaneiro de 1891 con Fanny Thérèse Reinach (1870-1917), con quen tivo catro fillos varóns.[2]
A residencia Villa Kérylos
[editar | editar a fonte]Xa á fin da súa carreira política, Reinach trasladouse coa súa familia a Beaulieu-sur-Mer, nos Alpes Marítimos, preto da propiedade dos Ephrussi de Rothschild, en Saint-Jean Cap Ferrat, onde vivía Maurice Ephrussi, casado cunha das súas curmás. Alí, Reinach encargoulle ao arquitecto Emmanuel Pontremoli a construción, entre 1902 e 1908, de Villa Kérylos, a recreación dun luxoso palacio da Grecia Antiga. O conxunto arquitectónico tivo un custo de nove millóns de francos. Á súa morte o 28 de outubro de 1928, Théodore Reinach legou a Villa Kérylos ao Instituto de Francia.[18]
Os seus fillos e netos residiron alí ata a súa transformación en museo en 1967. Un dos seus fillos, Léon (1893-1943) converteuse en conservador de Villa Kérylos. El e a súa familia foron vítimas dos nazis, que asaltaron a propiedade e roubaron os cadros, a biblioteca e os arquivos relativos á construción do edificio.[18]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1891): Premio Bordin, da Academia Francesa.[19]
- (1916): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[20]
- (1920): Oficial da Lexión de Honra.[12]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe dos traballos monográficos publicados por Théodore Reinach ao longo da súa carreira:[21][22]
Autor
[editar | editar a fonte]- (1880). L'université de Madrid. Hachette, París.
- (1885). Histoire des Israélites. Hachette, París.
- (1885). De l'état de siège. Etude historique et juridique. Pichon, París.
- (1887). Les monnaies juives. Lawrence & Bullen. Leroux, París.
- (1888). Essai sur la numismatique des rois de Bithynie. Rollin & Feuardent, París.
- (1888). Essai sur la numismatique des rois de Pont. Rollin & Feuardent, París.
- (1888). Numismatique ancienne. Trois royaumes de l'Asie Mineure. Cappadoce-Bithynie-Pont. Rollin & Feuardent, París.
- (1890). Mithridate Eupator, roi de Pont. Firmin-Didot, París. [Premio Bordin da Academia Francesa (1891)].
- (1890). De Archia poeta. Thesim proponebat facultati litterarum Parisiensi. Leroux, París.
- (1893). Les origenes du bimétallisme. Étude sur la valeur proportionnelle de l'or et de l'argent dans l'antiquité grecque. Rollin & Feuardent, París.
- (1895). Textes d'auteurs grecs et romains relatifs au judaïsme. Leroux, París.
- (1898). Recueil des inscriptions juridiques grecques (con R. Dareste e B. Haussoullier). Leroux, París.
- (1901). Charles de Valois et les Juifs.
- (1902). L'histoire par les monnaies. Essais de numismatique ancienne. Leroux, París.
- (1903). Jewish coins. Lawrence & Bullen, Londres.
- (1904-1912). Recueil général des monnaies grecques d'Asie mineure (con E. Babelon e W. H. Waddinton). Leroux, París.
- (1904). T. 1. Fasc. 1: Pont et Paphlagonie.
- (1908). T. 1. Fasc. 2: Bithynie (jusqu'à Juliopolis).
- (1910). T. 1. Fasc. 3: Nicée et Nicomédie.
- (1912). T. 1. Fasc. 4: Prusa, Prusias, Tius.
- (1905). Papyrus grecs et démotiques recueillis en Egypte. Leroux, París.
- (1911). L'anarchie monétaire et ses remèdes chez les anciens Grecs. Imprimerie Nationale, París.
Director editorial
[editar | editar a fonte]- (1900-1929). Œuvres complètes de Flavius Josèphe (ed.). Leroux, París.
- (1900). Tome I: Antiquités Judaïques. Livres I-V.
- (1926). Tome II: Antiquités Judaïques. Livres VI-X.
- (1904): Tome III: Antiquités Judaïques. Livres XI-XV.
- (1929): Tome IV: Antiquités Judaïques. Livres XVI-XX.
- (1911). Tome V: Guerre des juifs. Livres I-III.
- (n/d). Tome VI: Guerre des juifs. Livres IV-VII.
- (1902). Tome VII: De l'anciennité du peuple juif.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reinach, Théodore". Deutsche Biographie.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxina 209.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Reinach Salomon et Théodore". Académie des inscriptions et belles-lettres.
- ↑ "Nom de l'auteur: REINACH (Théodore)". Ressources numériques en histoire de l'éducation.
- ↑ Glotz, G. (1928). Páxina 321.
- ↑ Reinach, T.; Fauré, G. (1894). Hymne á Apollon. Bornemann, París.
- ↑ "Théodore Reinach". Discography of American Historical Recordings.
- ↑ "Reinach, Théodore". IMSLP. Petrucci Music Library.
- ↑ Glotz, G. (1928). Páxina 325.
- ↑ Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxinas 209-210.
- ↑ "Théodore Reinach". The British Museum.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxina 210.
- ↑ Flavius Josephe. Contre Apion. Texte établi et anoté par Thèodore Reinach. Les Belles Letres, París. 1930.
- ↑ Véxase (1900-1929) en "Publicacións - Director editorial".
- ↑ Véxase (1885) en "Publicacións".
- ↑ "Présentation du parc et du Château Reinach". Reinach.fr
- ↑ "Théodore Reinach". Assemblée Nationale.
- ↑ 18,0 18,1 Von Bothmer, D. (1998). "La villa grecque Kérylos, domaine d’un collectionneur". En Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres. Páxinas 527-553
- ↑ "Théodore Reinach". Académie Française. Prix de l'Académie.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Reinach, Théodore 1860-1928 Arquivado 09 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Reinach, Théodore 1860-1928". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Théodore Reinach |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cagnat, R. (1931). "Notice sur la vie et les travaux de M. Théodore Reinach". En Comptes rendus des séances de l’Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 75-4. Páxinas 374-393.
- Callatay, F. (2008). "Théodore Reinach, entre histoire ancienne et engagements contemporains". En Bash, S. et al. Les Frères Reinach. Bocard, París. Páxinas 61-76.
- Charle, C.; Telkès, E. (1988). "Reinach (Théodore)". En Les professeurs du Collège de France: dictionnaire biographique 1901-1939. Páxinas 209-211.
- Dussaud, R (1928). "Théodore Reinach". En Syria. Páxina 364.
- Glotz, G. (1928). "Éloge funèbre de M. Théodore Reinach, membre de l'Académie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 72-4. Páxinas 321-326.
- Jamot, P. (1928). "Théodore Reinach". En Gazette des beaux-arts. T. 2. Páxinas 233-240.
- Jolli, J. (1977). "Reinach (Théodore)". En Dictionnaire des parlementaires français. París. T. VIII. Páxina 2.816.
- Nados en 1860
- Finados en 1928
- Nados en Saint-Germain-en-Laye
- Historiadores de Francia
- Arqueólogos de Francia
- Xuristas de Francia
- Deputados de Francia
- Filólogos de Francia
- Numismáticos de Francia
- Epigrafistas
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Alumnos da Universidade de París
- Profesores do Collège de France
- Profesores da Universidade de París
- Franceses de ascendencia alemá
- Xudaísmo en Francia