Content-Length: 291975 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/William_Herschel

William Herschel - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

William Herschel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Herschel

(1785) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Friedrich Wilhelm Herschel Editar o valor en Wikidata
15 de novembro de 1738 Editar o valor en Wikidata
Hannover (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1822 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Slough (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Laurence, Upton-cum-Chalvey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente da Royal Astronomical Society (pt) Traducir
1821 – 1823 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaObservatory House (en) Traducir (1786–)
Old Windsor (pt) Traducir (1785–1786)
Datchet (pt) Traducir (1782–1785)
Bath (1766–1782)
Inglaterra (1757–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía e óptica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo (1774–), músico (1753–1781), oboísta (pt) Traducir, compositor, físico Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresNevil Maskelyne Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohn Herschel e Caroline Lucretia Herschel Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Sete Anos Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano, óboe e violín Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Baldwin (1788–) Editar o valor en Wikidata
FillosJohn Herschel Editar o valor en Wikidata
PaisIsaac Herschel Editar o valor en Wikidata  e Anna Ilse Moritzen Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlexander Herschel
Caroline Lucretia Herschel Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1776375 Musicbrainz: 07c4274b-e217-4652-b50f-eb398c3fc9d4 Discogs: 2954095 IMSLP: Category:Herschel,_William WikiTree: Herschel-9 Find a Grave: 7071 Editar o valor en Wikidata
Urano

Friedrich Wilhelm Herschel, nado en Hannover o 15 de novembro de 1738 e finado en Slough (Berkshire) o 25 de agosto de 1822, foi un astrónomo alemán, descubridor do planeta Urano e doutros numerosos obxectos celestes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Friedrich W. Herschel naceu do matrimonio formado polo músico militar Issak Herschel e Anna Ilse Moritzen. Influído polos seus pais, Friedrich estudou música e converteuse nun competente intérprete de óboe, uníndose ao seu pai e ao seu irmán Jacob na banda do Rexemento de Gardas de Infantaría.

En 1757 participou na Batalla de Hastenbeck entre Francia e Hannover durante a guerra dos Sete Anos, e os máis de 5.000 mortos que presenciou causáronlle unha fonda impresión, que o levou a afastarse do seu país natal e asentar co seu irmán en Inglaterra. Jacob decidiu regresar a Hannover despois de dous anos, pero Friedrich Wilhelm (ao cal os ingleses chamaban agora "William", nome que o acompañaría para sempre) preferiu quedar.

De mozo Herschel profundou en Inglaterra os seus estudos musicais: converteuse en profesor primeiro, en organista en Halifax (1765) e ao ano seguinte era xa director de orquestra en Bath.

En 1772 a súa irmá Caroline foi vivir con el en Bath. Foi entón cando ocorreu o episodio que cambiaría a vida de William: o 10 de maio de 1773 mercou un libro (Astronomía de Ferguson) e enamorouse para sempre da ciencia dos ceos.

Observación e construción

[editar | editar a fonte]

Herschel comezou dende o principio a calcular, deseñar e construír os seus propios telescopios. Menos dun ano despois de mercar o libro de Ferguson, Herschel calculaba e pulía xa os máis perfectos e poderosos espellos de todo o mundo, porque comprendeu enseguida que o futuro dependía dos telescopios reflectores e non dos refractores.

Mentres construía os instrumentos observaba os ceos. En febreiro de 1774 observou a nebulosa de Orión, descuberta en 1610. O 13 de marzo de 1781 Herschel observou un obxecto non rexistrado, que a primeira vista parecía un cometa. Estudándoo con coidado conseguiu determinar que en realidade se trataba dun novo planeta.

Herschel descubrira o obxecto probando o seu telescopio reflector de seis polgadas, que acababa de construír. Apuntárao cara á constelación de Xémini e observara unha estrela que non se supoñía que estivese alí. Á potencia do seu instrumento, parecía posuír un disco planetario (de aí a confusión cun cometa). Brillaba cunha cor amarela e desprazábase lentamente.

Observándoo noite tras noite, Herschel chegou á conclusión de que descubrira o sétimo planeta do Sistema Solar. Pediu a outros astrónomos que confirmasen o seu diagnóstico, e todos estiveron de acordo con el: existía un novo planeta situado ao dobre da distancia de Saturno.

A cuestión do nome

[editar | editar a fonte]

Poñer nome a un obxecto astronómico é privilexio do seu descubridor e Herschel bautizou o planeta co curioso nome de Georgius Sidus ("Planexa Xurxo"), nunha estraña homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido que acababa de perder todas as súas posesións en América do Norte pola independencia estadounidense de 1776.

O "Planeta Xurxo" seguiu chamándose así ata ben entrado o século XIX, a pesar da oposición do astrónomo Johann Elert Bode, que insistía en que Herschel debía continuar coa tradición mitolóxica. Se os nomes dos planetas contiguos eran Marte, Xúpiter e Saturno, o que acababa de chegar debía bautizarse como Urano. Bode xustificaba o seu punto de vista en que se debía continuar a secuencia xenealóxica: neto, pai e avó. O bisavó (pai de Saturno) era Urano, que axeitadamente personificaba o ceo estrelado.

É curioso que Bode insistise tanto en facer cambiar o nome de Urano por un contemplado nas convencións, xa que el mesmo acostumaba a bautizar os seus descubrimentos con nomes moito máis extravagantes que "Xurxo". Así, chamou a certas constelacións "O Gato", "O Aparato Químico", "Globo Aerostático" e "Oficina Tipográfica". O caso extremo produciuse ao bautizar como Bode unha constelación co nome de "As Honras de Federico" en honra ao emperador de Alemaña. O astrónomo francés Lalande propuxo, pola súa parte, bautizar o planeta como "Herschel", aínda que a idea que perdurou foi a de Bode.

Aínda que en 1827 o nome de Urano xa era moi usual en Inglaterra, ata 1850 o Almanaque Náutico británico seguiu chamando ao planeta "Xurxo" na súas efemérides astronómicas. Finalmente o astrónomo John Adams (que erroneamente se atribuiría o descubrimento de Neptuno) conseguiu convencer os editores do Almanaque para que o cambiasen polo nome actual.

Observacións anteriores de Neptuno

[editar | editar a fonte]

Como se dá o feito de que, baixo certas condicións, Urano é visible a simple vista, é moi probable que fose divisado xa na Prehistoria ou na Antigüidade, circunstancia que non quedou rexistrada. Galileo observouno en 1612 durante unha conxunción con Xúpiter, anotándoo como un satélite galileano deste último. Tamén o Astrónomo Real Sir John Flamsteed catalogou en 1690 a Neptuno como unha estrela na constelación de Tauro á que chamou 34 Tauri. Algúns anos máis tarde, o francés Le Monier observou a Urano durante oito noites completas, pero nunca acertou a notar o seu movemento planetario. Outros dezaoito astrónomos tamén anotaron o planeta nos seus catálogos, pero sempre confundíndoo cunha estrela fixa. Estas observacións serviron ao longo do século XX para determinar mellor a órbita de Neptuno.

Os obxectos de espazo profundo

[editar | editar a fonte]

O rei Xurxo premiou a Herschel polo seu descubrimento de Urano nomeándoo membro da Real Sociedade de Ciencias. Grazas ao salario que este nomeamento lle procuraba, o astrónomo puido abandonar definitivamente a música como medio de vida e dedicarse exclusivamente á astronomía. Efectuaba máis e mellores observacións (sempre asistido pola súa irmá Caroline, á que transmitira o seu interese pola astronomía), e comezou a construír instrumentos cada vez máis potentes e evolucionados.

En 1782 xa ostentaba o título de Astrónomo Real da Corte, cando un amigo que coñecera na Real Sociedade, William Watson, lle regalou un Catálogo de Messier, que estimulou o interese de Herschel polas nebulosas e os cúmulos, chamados en conxunto "obxectos de espazo profundo". No mes de agosto de 1782, Herschel comezou a investigar os obxectos descritos no libro cos seus telescopios, máis poderosos que os que o propio Charles Messier, autor do catálogo, usou. Para setembro, convencérase de que o libro só contiña unha ínfima parte dos obxectos de espazo profundo existentes na realidade, polo que decidiu dedicarse a unha minuciosa, extensa e sistemática busca en todas as partes do ceo visible dende o seu observatorio.

O proceso comezou o 23 de outubro de 1783, coa axuda de Caroline e utilizando o seu refractor de 157 aumentos e campo de 15´ e 4" de arco. Cinco días máis tarde fixo o seu primeiro descubrimento: NGC 7184, unha pequena galaxia na [[constelación de Acuario, de magnitude 11,2. No seu propio catálogo chamoulle "H II.1". A este descubrimento seguiron outros, a unha velocidade tal que só pode atribuírse á calidade dos seus instrumentos: nun ano e medio descubriu 1.000 novos obxectos de espazo profundo, que publicou nunha lista no seu propio catálogo de 1786. En 1789 descubrira xa outros 1.000, e 500 máis en 1802. Tempo despois agregou outros 14. Así, nun lapso de menos de dúas décadas, Herschel descubriu 2.514 novos obxectos de espazo profundo, entre os que se contan cúmulos globulares, nebulosas e galaxias.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/William_Herschel

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy