Saltar ao contido

A vida por diante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vida por diante
FormatoDrama
Dirixido porCarlos Sedes
IntérpretesMela Casal (Sofía Fornas), Belén Constenla (Lucía Torres), Víctor Mosqueira (Bernardo Miguéns), Olalla Salgado (Marta Iglesias), María Salgueiro (Renata Hermo), Berta Ojea (Aurora Mariño), Lino Braxe (Jesús Iglesias), Xabier Deive (Eusebio Barreiro), Xosé Arca (Roberto Vilas), Jorge Ricoy (Chano Beiro), Tamar Novas (Quique Beiro), Denis Gómez (Andrés Tembras), Rebeca Montero (Lourdes), Mar García (Gaila), Isabel Risco (Cristina Fabeiro), Marta Pazos (Carme), Sara Vidal (Mila Beiro), Irene Álvarez (Alicia Suárez), Alfonso Agra, Rosa Álvarez, Manuel Areoso, Xosé Barato, María Barcala, Mónica Camaño, Sara Casasnovas, Roberto Leal, Miguel de Lira, Flor Maceiras, Feli Mazano, Fernando Morán, Salvador del Río, Tatán, Daniel Pais
País de orixeGaliza
Episodios80
Produción
Duración60 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeiro episodio10 de xaneiro de 2006
Derradeiro episodio18 de decembro de 2007
Na rede
IMDB: tt0499115 Filmaffinity: 461159 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A vida por diante foi unha serie de ficción emitida na TVG, dirixida por Carlos Sedes e producida por Voz Audiovisual.

Características

[editar | editar a fonte]

Esta produción narra a vida de cinco mulleres que loitan por sacar adiante as súas familias despois de que o barco que tripulaban os seus homes afundise, ficando elas viúvas. Unha realidade galega abordada desde a óptica dramática, pero non exenta de humor. Esta non foi a historia das penurias de cinco familias, senón tamén o relato de novas ilusións, de quen, aínda co recordo da morte dun ser querido, ten toda a vida por diante.

Está protagonizada por Belén Constenla, Mela Casal, Olalla Salgado, Berta Ojea, María Salgueiro, Lino Braxe, Tamar Novas ou Víctor Mosqueira entre outros.

A vida por diante estreouse o 10 de xaneiro de 2006 e rematou o 18 de decembro de 2007 logo de emitirse un total de 3 temporadas e 80 episodios de arredor dunha hora de duración cada un e gravados na vila coruñesa de Sada.

Equipo técnico

[editar | editar a fonte]

Audiencias

[editar | editar a fonte]
  • 1ª tempada: 193.000 espectadores (18,5%)
  • 2ª tempada: 178.000 espectadores (17,0%)
  • 3ª tempada: 150.000 espectadores (14,4%)

Episodios

[editar | editar a fonte]
  • A primeira temporada emitiuse entre o 10 de xaneiro de 2006 e o 11 de xullo do mesmo ano.
    • 1.1. "Viúvas do mar"
    • 1.2. "Feridas abertas"
    • 1.3. "Causa común"
    • 1.4. "Tempos"
    • 1.5. "Aprendendo a vivir"
    • 1.9. "Mentiras piadosas"
    • 1.11. "O naufraxio"
    • 1.13. "A derradeira viaxe"
    • 1.14. "O regreso de Quique"
    • 1.15. "Fillos"
    • 1.16. "Nais"
    • 1.20. "Lembranzas"
    • 1.24. "Separacións"
    • 1.25. "No máis profundo"
    • 1.26. "Un ano despois"
  • A segunda temporada estreouse o 19 de setembro de 2006 e rematou o 26 de xuño de 2007 e consta dos seguintes episodios:
    • 2.1. "A vida segue"
    • 2.2. "A toda máquina"
    • 2.3. "Perdóame, fillo"
    • 2.4. "O roubo"
    • 2.5. "Novas Amizades"
    • 2.6. "Ruído"
    • 2.7. "Seguro de accidentes"
    • 2.8. "Sen descanso"
    • 2.9. "Facendo camiño"
    • 2.10. "Encontros e desencontros"
    • 2.11. "Esquecemento"
    • 2.12. "De costas á verdade"
    • 2.13. "Xuízos e faltas"
    • 2.14. "Os que agardan"
    • 2.15. "Traballos"
    • 2.16. "Recórdame"
    • 2.17. "Miradas perdidas"
    • 2.18. "Parellas"
    • 2.19. "Corazón durmido"
    • 2.20. "Dime que me queres"
    • 2.21. "Mentres agonizo"
    • 2.22. "O mar en calma"
    • 2.23. "Segredos e mentiras"
    • 2.24. "Cando volvas ó meu lado"
    • 2.25. "Visitas incómodas"
    • 2.26. "Probas da vida"
    • 2.27. "Na saúde e na enfermidade"
    • 2.28. "Será marabilloso"
    • 2.29. "Non todo é o que parece"
    • 2.30. "Un lugar no mundo"
    • 2.31. "Muiñeira de Sada"
    • 2.32. "A vida é así"
    • 2.33. "Cinzas"
    • 2.34. "Rendendo Contas"
    • 2.35. "Cara e cruz"
    • 2.36. "Aínda que esteas lonxe"
    • 2.37. "De pais a fillos"
    • 2.38. "Antes de que anoiteza"
    • 2.39. "Queda comigo"
    • 2.40. "Medo a caer"
    • 2.41. "E foron felices..."
  • A terceira e última temporada estreouse o 25 de setembro de 2007 e rematou o 18 de decembro de 2007.
    • 3.1. "Lúa sen mel"
    • 3.2. "Despois da tormenta"
    • 3.3. "Cousas de parella"
    • 3.4. "Costa abaixo"
    • 3.5. "Amigos ou inimigos"
    • 3.6. "O neno ten que ser artista"
    • 3.7. "Tempos revoltos"
    • 3.8. "Faltas e culpas"
    • 3.9. "Fogar, dulce fogar"
    • 3.10. "Dicir adeus, dicir quérote"
    • 3.11. "Asuntos de familia"
    • 3.12. "Unha nova vida"
    • 3.13. "Historia do Santoña"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy