Saltar ao contido

Marta Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarta Pazos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora artística, escenógrafa, artista visual, director teatral, dramaturga Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmartapazos.es Editar o valor en Wikidata

Marta Pazos Antas, nada en Vigo[1] en 1976,[2] é unha directora de escena, actriz e escenógrafa galega.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai é músico de jazz e a súa nai enfermeira. Naceu por azar en Vigo, durante un concerto do pai nesa cidade, pero a cidade onde pasou a infancia foi Pontevedra.

Licenciouse en Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de pintura. Tamén estudou na Scuola Cònia da Societas Rafaello Sanzio, de Cesena, onde aprendeu de Claudia Castellucci.

Segundo ela conta nunha entrevista, foi estudando Historia da Arte Contemporánea como coñeceu as artistas que foron as súas referentes como Marina Abramovic, Ana Mendieta, Yoko Ono, Louise Bourgeois ou Hanna Wilke, para facer a simbiose entre arte e acción na súa obra.[4]

A comezos do século XXI estaba dirixindo e actuando en Santiago de Compostela. Fixo parella artística con Borja Fernández en Belmondo, un dúo que naceu en 1999[5] ao redor dos espectáculos mensuais que se celebraban na Sala Nasa, en Santiago. En 2007 fundou a compañía Voadora en Santiago de Compostela, co actor Hugo Torres e o produtor Jose Díaz[6]. Voadora sería unha das compañías fundamental do teatro galego a partir dese momento. Dirixindo Voadora que conseguiu dous premios María Casares á mellor directora, en 2011 por Super8 e en 2013 por Tokio3, espectáculo co que foi finalista ao mellor espectáculo revelación dos premios Max.

Traballou co Centro Dramático Nacional, co Centro Dramático Galego e co Teatre Lliure, e levou os seus espectáculos aos festivais máis importantes de España (Temporada Alta, Festival de Almagro, Clásicos en Alcalá, Olmedo Clásicos, Fringe-Matadero Madrid, Tercera Setmana, FIOT e Festival Escenas do Cambio[7]), do Brasil, Mozambique, República Checa, Francia e Portugal, ademais de Galicia.

Na tempada 2018/2019 traballou na dirección de escena da ópera Je suis narcissiste no Teatro Real de Madrid.[8][9]

Estreou no Teatre Lliure de Barcelona, o de 2 de febreiro de 2021, unha adaptación ao teatro de Viaxe á lúa, o único guión cinematográfico que deixou Federico García Lorca.[10] En 2021 dirixiu no Centro Dramático Nacional en Madrid (Teatro María Guerrero) Comedia sin título de García Lorca.[11] E no mesmo ano tamén dirixiu para o Centro Dramático Galego Ás oito da tarde cando morren as nais.[12]

En 2022, dirixiu a ópera Alexina B, de Raquel García-Tomás, no Teatre del Liceu de Barcelona, a segunda estrea dunha ópera realizada por unha muller en 175 anos de historia da institución.[13]

Tamén en 2022, Pazos estrenou no Centro Dramático Galego, a obra da dramaturga AveLina Pérez, As oito da tarde cando morren as nais;​​​​​[14] [15][16][17]logo, xunto a Christina Rosenvinge e María Folguera dirixiú Safo, que se estrenou no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida;​​​​​​[1] [18][19][20][21][22]e tamén Twist, para o Teatro Circo Price de Madrid.​​​​[23] [24][25][26]Ese mesmo ano tamén foi a coordinadora do laboratorio de creación do Máster Oficial en Enseñanzas Artísticas Pensamiento y Creación Escénica Contemporánea de la Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León.​​[27][28]

En 2024, dirixiu o espectáculo Dique da compañía Nova Galega de Danza, unha homenaxe ás 200 galegas que escavaron o Dique da Campá en Ferrol.[29]A construción do Dique da Campá foi considerado a obra mais importante da enxeñería hidrálica do século XIX, realizada entre 1874 e 1879. As estibadoras retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que levaron sobre as súas cabezas en 58.000 cestos.[30]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. Produción para o Centro Dramático Nacional onde representa o primeiro acto, único conservado, da comedia final de García Lorca e dous actos máis, sen texto dramatúrxico, a partir dos comentarios que fixera o propio Lorca aos seus amigos pouco antes de que o matasen.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 García, Rocío (2022-07-26). "Marta Pazos, la dramaturga que abraza los colores". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-26. 
  2. "As mulleres lideran a gala dos XVI Premios Mestre Mateo, con Marta Pazos á cabeza". Academia Galega do Audiovisual. 16 de febreiro. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  3. "A pontevedresa Marta Pazos dirixirá a gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego". Pontevedra Viva. 17 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  4. "La directora Marta Pazos: “La celebración es la verdadera revolución de este siglo”". El Español (en castelán). 2023-07-04. Consultado o 2024-07-14. 
  5. "Chévere". www.grupochevere.eu. Consultado o 6/12/2021. 
  6. "Marta Pazos y “Garage”" (en español). Con la A. 25 de setembro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  7. "BIO. ABOUT". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2020. Consultado o 26/11/2019. 
  8. "Marta Pazos". voadora (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26/10/2020. Consultado o 26/11/2019. 
  9. "Marta Pazos: «Introduzco el lenguaje teatral en la ópera pero respetando la técnica lírica»". La Voz de Galicia (en castelán). 29/1/2019. Consultado o 26/11/2019. 
  10. "Galiza exporta talento a Catalunya". Nós Diario. Consultado o 18/1/2021. 
  11. "Marta Pazos estrenará Comedia sin título, de Lorca, en el Centro Dramático Nacional". Inout Viajes (en castelán). Consultado o 9/11/2021. 
  12. "A Xunta estrea no Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' con dirección e dramaturxia de Marta Pazos - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-11-23. 
  13. Diario, Nós. "Marta Pazos estreará a ópera 'Alexina B.' no Gran Teatre del Liceu". Nós Diario. Consultado o 2022-04-07. 
  14. ""Ás oito da tarde, cando morren as nais", obra de teatro en Santiago". La Guía GO! (en castelán). 2022-05-01. Consultado o 2024-07-14. 
  15. Artezblai (2022-04-12). "El Centro Dramático Galego estrena 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', un juego irónico sobre el ego del teatro". Artezblai (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  16. Centro Dramático Galego (2022-04-25). "'As oito da tarde, cando morren as nais'". Consultado o 2024-07-14. 
  17. Mato, Mar (2022-04-07). "La gallega Marta Pazos estrenará ópera en el Liceo de Barcelona". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  18. "Christina Rosenvinge protagoniza ‘Safo’, un poema escénico, visual y musical creado junto a María Folguera y Marta Pazos en homenaje a la poetisa de Lesbos - Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida". www.festivaldemerida.es. Consultado o 2024-07-14. 
  19. Húder, Pablo Caruana (2022-07-06). "Christina Rosenvinge es Safo y reina en Mérida: "Fue la primera Bob Dylan"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  20. redaccion (2022-09-07). ""A Safo le preocupaba la posteridad"". Canal Extremadura (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  21. Tallieu, Tallieu &. "European Festivals Association". European Festivals Association (en inglés). Consultado o 2024-07-14. 
  22. Giraldo, Pablo (2022-07-14). "Christina Rosenvinge, una mujer contra el canon". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  23. "TWIST - Circo Price". www.teatrocircoprice.es (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  24. "Marta Pazos, twist y circo". RTVE.es (en castelán). 2022-11-01. Consultado o 2024-07-14. 
  25. Gonzalez, Juan-Jose. "INTERVIEWS: Hablamos con Marta Pazos sobre TWIST en el Teatro Circo Price". BroadwayWorld.com (en spanish). Consultado o 2024-07-14. 
  26. "'Twist': homenaje al Price". Diario ABC (en castelán). 2022-10-21. Consultado o 2024-07-14. 
  27. Niño, Victoria M. (2022-05-02). "Marta Pazos: «En las artes escénicas venimos de una dirección tiránica, de descuido»". El Norte de Castilla (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  28. León, Junta de Castilla y. "La creadora Marta Pazos participará en la nueva residencia artística del máster de la Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León". La creadora Marta Pazos participará en la nueva residencia artística del máster de la Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  29. "Nova Galega de Danza baila polas 200 mulleres que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol". Praza Pública. 2024-06-21. Consultado o 2024-06-23. 
  30. "Dique - Axencia Galega das Idustrias Culturais". industriasculturais.xunta.gal. Consultado o 2024-07-14. 
  31. "SUPER8". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19/10/2020. Consultado o 6/12/2021. 
  32. Fuente, Daniel de la (2024-10-02). "Marta Pazos: "Tenemos una costra tan grande, que ni la guerra ni la violencia nos afectan ya" La Hora Extra". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2024-10-02. 
  33. "ACTRIZ. ACTRESS". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2020. Consultado o 26/11/2019. 
  34. "Premiad@s". AAAG. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  35. "Marta Pazos". Yourszene (en castelán). Consultado o 26/11/2019. 
  36. "A ópera 'Waltz' de Voadora triunfa no Indiefest de Santander". 4 de marzo de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  37. culturagalega.org (2018-08-08). "Marta Pazos leva o Premio Dorotea Bárcena de honra desta edición". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  38. Vila, Sara (14/10/2019). "Marta Pazos: "A vida cultural de Pontevedra tamén conformou a miña ollada como artista"". Diario de Pontevedra. Consultado o 26/11/2019. 
  39. Diario, Nós (2020-06-23). "A MIT de Ribadavia outorga o premio de honra a Marta Pazos". Nós Diario. Consultado o 2024-07-14. 
  40. Galicia, Xunta de (2024-11-10). "Os Premios da Cultura Galega 2024 recaen en Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo". Xunta de Galicia. Consultado o 2024-10-12. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy