Saltar ao contido

Amador Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmador Montenegro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1864 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiSiro Montenegro López Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 81517 BNE: XX927764 Bitraga: 3334 BUSC: montenegro-saavedra-amador-1864-1932 Dialnet: 3212873

Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e finado en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Amador era fillo de Siro Montenegro López, nobre terratenente de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, que foi alcalde de Lugo en 1852; e de Pilar Saavedra Costas, tamén natural de Lugo.

Estudou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando os estudos na de Valladolid. A súa carreira profesional foi breve: comezou de pasante dun avogado parente da familia en Monforte e encargáronlle un preito entre dous labregos. Como conseguiu que se amañasen sen chegar ao xuízo, o parente díxolle que así non lle interesaba e despediuno. Desde entón, Amador Montenegro dedicouse á agricultura e ó movemento agrarista.

Casou con Pura López Saavedra,[1] a súa curmá, que residía en Moaña (Pontevedra), dunha familia de grandes propiedades agrícolas que chegaban ata Vilafranca do Bierzo (León) e que pasou a administrar el, o que o levou a fixar a residencia en Vigo, onde naceron os seus nove fillos. Nesta cidade traballou tamén como profesor no colexio La Concepción, formou parte da Liga de Defensores de Vigo e ocupou diversos cargos no Concello e na Cámara de Comercio.

Sen chegar a militar nunca en ningún partido político, tivo nun principio certa ideoloxía nacionalista e combateu o caciquismo imperante na época e, sobre todo, o sistema de foros imperante. Tamén desenvolveu certo papel no movemento galeguista cultural da súa época.

Amador Montenegro foi así mesmo divulgador de temas agrícolas (entre os seus títulos, Causas generales de la decadencia agrícola en Galicia, Lugo, 1903; Contra el mildiu, el oídio y el black-root, Vigo, 1917).

Foi membro de número da Real Academia Galega[2] e o seu discurso, Alma da poesía galega (Santiago, 13/12/1909), así como a súa contestación, a cargo de Juan Barcia Caballero, foron os primeiros lidos en galego na douta institución.[3][4]

Da súa ocupación como administrador de terras agrícolas veu a publicación de diversos estudos neste eido, como Causas generales de la decadencia agrícola en Galicia (1903) ou Contra el mildiu, el oídio y el 'black-root' [5] (1917).

As súas publicacións, escasas, foron obras de poesía e fábulas:

  • Muxenas (1888, reeditado en 1896). Foi traducido ao castelán en 2009, por Xosé Carlos Morell, co título de Chispas.[6]
  • Fábulas y-epigramas (Lugo, 1892; contén 27 fábulas).
  • Fábulas galaico-castellanas (Lugo, 1897, edición corrixida e ampliada da anterior: 47 fábulas en galego e outras en castelán).
  • Trabajo folk-lórico gallego (1912, recompilación de cultura popular).
  • Colección de cantares gallegos recogidos de la tradición oral (1912).
Aires d'a Miña Terra. Núm. 05. 7/7/1908.

Ás anteriores obras hai que engadir numerosas colaboracións xornalísticas non só n'A Monteira, senón tamén noutros xornais da época, como Galicia Humorística, Galicia Recreativa, Galicia. Revista Regional, Aires da Miña Terra, O Gaiteiro de Lugo, El Eco de Galicia, Galicia Moderna, O Tio Marcos d'a Portela ou Vida Gallega, por citar uns poucos exemplos. Nestes traballos asinaba de forma directa, co seu nome completo ou as iniciais; ou con pseudónimos, como os de El Vate de la Raposeira ou Esperanza Roca.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) publicou no 2007 unha recompilación: Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra.[7]

A Monteira

[editar | editar a fonte]

A obra pola que realmente é recoñecido foi o semanario A Monteira, que fundou xunto a Manuel Pardo Becerra e que dirixiu durante toda a súa edición, desde outubro de 1889 a decembro de 1890.

Nas mesmas datas creou outro xornal en Vigo: La Razón (1889-1894).

  1. Irmá de Ildefonso López Saavedra, tamén escritor, e filla de Dores Saavedra Costas, á súa vez irmá da nai de Amador Montenegro.
  2. "Amador Montenegro Saavedra". Real Academia Galega. 
  3. "Montenegro y Saaveda, Amador". Gran Enciclopedia Galega, 1972, 31, páxs. 188-189.
  4. Agrelo, Eulalia: "Montenegro y Saavedra, Amador". Gran Enciclopedia Galega, 2003, 30, páxs. 140-141.
  5. Tres enfermidades das vides. O 'black-root' é unha podremia da raíz.
  6. "Chispas". bibliotraducion.uvigo.es. 
  7. Modesto Hermida, Eulalia Agrelo e Isabel Mociño (2007). Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra CIRP. ISBN 978-84-453-4381-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy