Saltar ao contido

Arenito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelaxe natural dunha rocha de arenito en Namibia.

Os arenitos[1][2] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arenito.
  2. Tamén se propuxeron as formas arenita: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20; pedra de gra: CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996), Léxico de xeografía, pero en realidade esta é a denominación dun tipo de rocha granítica, e areísca: Vocabulario das Ciencias Naturais (Santiago, Xunta de Galicia, 1990)
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy