Saltar ao contido

Arquipélago Malaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do arquipélago Malaio.

O arquipélago Malaio, tamén coñecido como Sueste Asiático Marítimo, Sueste Asiático Insular ou Insulindia é un grande arquipélago situado entre a parte continental do Sueste asiático e Australia, entre os océanos Índico e Pacífico. O grupo, con máis de 25.000 illas, é o maior arquipélago do mundo por área. Inclúe territorios dos estados de Indonesia, Filipinas, Singapur, Brunei, Malaisia (a zona oriental) e Timor Leste. Nalgunhas definicións inclúese tamén a illa de Nova Guinea e iso implica engadir o estado de Papúa Nova Guinea.[1][2][3][4]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]
Indias Orientais:      As Indias no sentido inicial, incluíndo o subcontinente indio.      As Indias Orientais, concepto posterior aplicado ao sueste asiático. Índias Occidentais:      As Indias Occidentais nomeadas por Colón en 1492.      As Indias Occidentais, concepto estendido a toda a América e caído en desuso.

Alfred Russel Wallace, un naturalista inglés do século XIX, utilizou o termo "arquipélago Malaio" como título do seu libro, The Malay Archipelago[5], que documentaba os seus estudos na rexión. Wallace chegou a denominar a zona co nome de "arquipélago da India" (Indian Archipelago) e tamén "arquipélago Indo-australiano" (Indo-Australian Archipelago).[6] Como sinalou o propio Wallace[7] existen argumentos para excluír a illa de Nova Guinea por razóns culturais e xeográficas: Nova Guinea é culturalmente moi diferente dos demais territorios da rexión e, xeoloxicamente, a illa de Nova Guinea non fai parte do continente asiático, como é o caso das illas da Sonda.

O arquipélago, co nome de Insulindia, foi en tempos considerado unha das tres partes de Oceanía, conxuntamente coa Melanesia e a Polinesia. Na actualidade é decote considerado unha parte de Asia, especificamente parte do sueste asiático. Culturalmente, fálase de Asia insular-peninsular para incluír a península de Malaca e, por tanto, abranguer a totalidade de Malaisia.

Durante a colonización europea, o arquipélago tamén recibiu o nome de Indias Orientais, malia que as definicións máis amplas das Indias Orientais incluían tamén Indochina, o subcontinente indio e incluso, ao oeste, zonas tan afastadas coma o Baluchistán iraniano.

Os indonesios usan o termo Nusantara para se referir ao conxunto das illas de Indonesia, de xeito que exclúen os territorios insulares de Malaisia, Brunei, Singapur e Filipinas, pero inclúen Nova Guinea Occidental. En lingua malaia, pola contra, o nome Nusantara refírese á totalidade do arquipélago Malaio.[8] A área tamén pode recibir o nome de arquipélago Indonesio[9].

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa dos grupos do arquipélago Malaio.      As illas maiores da Sonda.      As illas menores da Sonda.      As illas Filipinas.      As illas Molucas.

A terra e a zona marítima do arquipélago supera os 2 millóns de km².[10] As 25.000 illas do arquipélago comprenden moitos arquipélagos menores. Os grupos principais son:

As seis illas maiores son Nova Guinea, Sumatra, Borneo, Célebes, Xava e Luzón.

Mapa físico do arquipélago Malaio.

Xeoloxicamente, o arquipélago é unha das rexións volcánicas máis activas do mundo. Os levantamentos tectónicos produciron grandes montañas, entre as que destacan o Monte Kinabalu, en Sabah, Malaisia, cunha altura de 4.095 metros, e Puncak Jaya, en Papúa, Indonesia, de 4.884 m. Outras montañas moi elevadas son Puncak Mandala, de 4.760 metros, e Puncak Trikora, de 4.750 metros, ambas en Indonesia.

O clima en todo o arquipélago, debido á súa posición sobre o ecuador, é tropical.

Bioxeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Liña de Wallace.

Pola súa situación, a zona ten unha mestura de especies de orixe asiática e australiana, amais das súas propias especies endémicas.

Alfred Russel Wallace propuxo a existencia dunha fronteira que separaba a flora e a fauna de Asia e Australia, coñecida agora como liña de Wallace. A liña atravesa os estreitos de augas profundas no arquipélago malaio entre as illas de Borneo e Célebes, e polo estreito de Lombok entre Balí (no oeste) e Lombok (no leste). Esta liña considérase agora a fronteira occidental da zona de transición Wallacea, que se sitúa entre as rexións zooxeográficas indomalaia e australásica.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Máis de 350 millóns de persoas viven na rexión e a illa máis poboada é Xava. A poboación do arquipélago está conformada fundamentalmente por pobos austronesios que son falantes de linguas malaio-polinesias occidentais. Esta rexión do sueste asiático ten máis vínculos culturais con outros pobos austronesios do Pacífico ca cos pobos do sueste asiático continental.

As relixións principais da zona son o islam, o cristianismo, o budismo, o hinduísmo e o animismo tradicional.

  1. "Malay Archipelago Arquivado 17 de abril de 2008 en Wayback Machine.." Encyclopaedia Britannica. 2006. Chicago: Encyclopedia Britannica, Inc.
  2. Tarling, Nicholas (1999). The Cambridge history of Southeast Asia (en inglés). Volume 1, parte 1 (2ª ed.). Cambridge University Press. p. 304. ISBN 0521663695. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  3. Nichiporuk, Brian; Grammich, Clifford; Rabasa, Angel; DaVanzo, Julie (2006). "Demographics and Security in Maritime Southeast Asia" [Demografía e Seguridade no Sueste Asiático Marítimo] (PDF) (en inglés). Rand Corporation. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  4. Shaffer, Lynda Norene (1996). Maritime Southeast Asia to 1500 (en inglés). New York: M.E. Sharpe, Inc. ISBN 1563241447. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  5. Wallace, Alfred Russel (1869). The Malay Archipelago [O Arquipélago Malaio] (en inglés). New York: Harper and Brothers, Publishers. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  6. Alfred Russel Wallace (1863). Charles H. Smith, ed. "On the Physical Geography of the Malay Archipelago". Journal of the Royal Geographical Society of London (Royal Geographical Society of London) 33. Archived from the original on 23 de marzo de 2010. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  7. «If we draw a line... commencing to the east of the Philippine Islands, thence along the western coast of Gilolo, through the island of Bouru, and curving round the west end of Mores, then bending back by Sandalwood Island to take in Rotti, we shall divide the Archipelago into two portions, the races of which have strongly marked distinctive peculiarities. This line will separate the Malayan and all the Asiatic races, from the Papuans and all that inhabit the Pacific; and though along the line of junction intermigration and commixture have taken place, yet the division is on the whole almost as well defined and strongly contrasted, as is the corresponding zoological division of the Archipelago, into an Indo-Malayan and Austro-Malayan region». http://www.papuaweb.org/dlib/bk/wallace/race.html Arquivado 16 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
  8. Echols, John Minor; Shadily, Hassan. Kamus Indonesia Inggris (An Indonesian-English Dictionary) [Dicionario Indonesio-Inglés] (en inglés e indonesio) (6ª ed.). Jakarta: Gramedia. ISBN 979-403-756-7. 
  9. Göltenboth, Friedhelm; Timotius, Kris H.; Milan, Paciencia Po; et al., eds. (2006). Ecology of insular Southeast Asia: the Indonesian Archipelago [Ecoloxía da Asia sudoriental insular: o arquipélago Indonesio] (en inglés) (1ª ed.). Amsterdam/Oxford: Elsevier. ISBN 0-444-52739-7. 
  10. Moores, Eldridge M.; Fairbridge, Rhodes Whitmore (1997). Encyclopedia of European and Asian regional geology [Enciclopedia de xeoloxía rexional europea e asiática] (en inglés). Springer. p. 377. ISBN 0412740400. Consultado o 31 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy