Saltar ao contido

Burjassot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBurjassot
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′33″N 0°24′39″O / 39.5091, -0.4109
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia Editar o valor en Wikidata
CapitalBurjassot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación39.702 (2023) Editar o valor en Wikidata (11.677,06 hab./km²)
Lingua oficialValenciano (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3,4 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude59 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRafael García García Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46078 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46078 Editar o valor en Wikidata

Sitio webburjassot.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454092

Burjassot é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 37.402 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Burjassot atópase situada ao noroeste da cidade de Valencia, dentro da súa área metropolitana. A superficie do termo é case cha. Con todo, na zona occidental do municipio existen unhas pequenas elevacións do terreo que acadan unha alzada máxima de sesenta metros que serven de límite á Horta de Valencia. Como toda a comarca, posúe un clima mediterráneo.

Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 1 e 4 do Metro de Valencia.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Burjassot limita coas localidades de Godella, Paterna e Valencia todas elas da provincia de Valencia.

Pola súa proximidade á capital converteuse nun importante nó de comunicacións para a comarca, sendo atravesado o seu termo pola liña 1 de Metro Valencia e a liña T4, así como liñas de autobuses da EMT e do Consorcio Municipal de Transportes (CMT). Por estrada é posible chegar pola CV-35 (pista de Ademuz / Av. Corts Valencianes) e pola Avenida de Burjassot da capital valenciana.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación de Burjassot ascende a 37.402 habitantes en 2008. Tralo importante incremento demográfico experimentado nas décadas de 1960 e 1970, produciuse un estancamento de poboación nos anos oitenta, debido fundamentalmente ao conciso termo municipal que actualmente está urbanizado nun 70% da súa superficie restando só unha escasa zona de horta que está separada do casco urbano polas vías da liña 1 de Metro Valencia.

O casco urbano atópase conurbado co da localidade de Godella ( e esta á súa vez con Rocafort), co barrio valenciano de Benimàmet e co barrio paternero de Santa Gemma.

Evolución demográfica de Burjassot
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2008
1.981 2.942 4.009 5.101 6.532 8.538 11.235 12.134 17.624 23.283 35.583 34.595 35.171 37.394 37.756 37.402

Economía

[editar | editar a fonte]
Agricultura.
Universidade de Valencia.

O seu escaso termo municipal áchase urbanizado no seu maior parte existindo unha pequena zona de horta onde se cultivan laranxeiras, hortalizas, cultivos forraxeiros e tubérculos.

O sector primario, outrora o máis importante, é actualmente testemuñal. Pola súa banda, o sector secundario está representado basicamente por industrias dedicadas á cerámica, vidro, téxtil, de transformados metálicos, madeira e mobles, alimentación e confección, habendo desaparecido nestes últimos anos dúas grandes industrias dedicadas ao xoguete e á fabricación de cemento.

Por todo iso cada vez cobra unha maior importancia o sector terciario, destacando o comercio, transportes e comunicacións, os servizos financeiros e servizos comunais. Tendo gran relevancia económica os servizos xerados en torno ao campus universitario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy