Saltar ao contido

Ontinyent

Modelo:Xeografía políticaOntinyent
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°49′20″N 0°36′26″O / 38.822222222222, -0.60722222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaVall d'Albaida Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalOntinyent Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación36.194 (2023) Editar o valor en Wikidata (288,63 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie125,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porClariano River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude382 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJorge Rodríguez Gramage (2011–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46870 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46184 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46184 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webontinyent.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450973
Casa do Concello de Ontinyent

Ontinyent é un concello da Comunidade Valenciana situado ao suroeste da provincia de Valencia, na comarca do Vall d'Albaida. Ten 37.518 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada á beira do río Clariano. O relevo é moi montañoso constituído no seu maior parte pola Serra Grossa, que serve de muralla que pecha a comarca polo oeste.

O clima é mediterráneo frío, con xeadas de primavera e neves no inverno; os veráns son extremadamente calorosos, aínda que adoita refrescar un pouco pola noite.

Dende Valencia, accédese a esta localidade a través da A-7 para enlazar coa CV-40 e finalizar na CV-650. Conta tamén con estación do ferrocarril pertencente á liña Xàtiva-Alcoi.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O concello de Ontinyent limita ao sueste con Bocairent (Valencia), ao leste con Agullent (Valencia), ao nordeste con Aielo de Malferit (Valencia), ao norte con Moixent e Vallada (Valencia), ao suroeste con Fontanars dels Alforins (Valencia) e Banyeres de Mariola (Alacant), e ao sur con Alfafara (Alacant).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Ontinyent ten 36.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 11,9% da súa poboación é da inmigración.[1]

Evolución demográfica de Ontinyent[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007 2008
10.489 11.165 11.430 12.390 12.470 12.342 13.564 14.689 18.787 23.685 28.123 29.511 31.343 36.368 36.695 37.518

Entre os censos de 1920 e 1930, diminuíu a poboación por independizarse Fontanars dels Alforins

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Ontinyent descansa principalmente na industria téxtil, con grandes empresas que ao longo dos anos foron referencia no País Valenciano e internacionalmente: Colortex, Paduana, Revert... son só algúns exemplos. Con todo, a crise do sector téxtil fíxose patente na comarca e na cidade pecharon non só empresas que pola súa fortaleza eran bandeira da industria ontiñentina, como a téxtil Paduana e dentro do xero de punto a fábrica de Torró, senón tamén moitas outras de menos forza e algunhas industrias e empresas doutros sectores que dependían do sector téxtil.

Ademais posúe unha riqueza agrícola considerable. A súa vexetación constitúena fundamentalmente piñeiros e outras como tomiño, romeu e a aulaga. Os cultivos que ocupan o fondo dos vales son: vide, oliveiras, alfarrobeiras, amendoeiras, cereais e diferentes árbores de froitas.

  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy