Saltar ao contido

Calidón (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCalidón
Imaxe

Localización
Mapa
 38°22′21″N 21°32′00″L / 38.372548, 21.533275
EstadoGrecia
División administrativaadministración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas
PeriferiasGrecia Occidental
Unidades periféricasEtólia-Acarnânia (pt) Traducir
ConcelloMesologgi Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porEvinos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia

Calidón (ou Calidonia) foi unha cidade grega situada ó norte do Golfo de Corinto, en Etolia, na Grecia occidental.

Foi fundada, de acordo coa mitoloxía grega, por Calidón, fillo de Etolo, rei da Élide (no Peloponeso), e de Prónoe.

A cidade de Calidón, ó sur de Etolia

Un dos seus reis, Eneo, esqueceu honrar a Artemisa durante uns sacrificios para ofrecer ós deuses os primeiros froitos dunha anada abundante, e a deusa vingouse deste desaire enviando un xabaril monstruoso que devastaba as terras e mataba o gando. Eneo conseguiu acabar con el grazas a un numeroso grupo de heroes do momento que se uniron para darlle caza.

"Tamén Calidón, aínda que tiña a Meleagro, pediu e suplicou [ós deuses] con angustiosos rogos o seu auxilio; o motivo da petición era un xabaril, servidor e vingador da cólera de Diana".
(Ovidio: Metamorfosis VIII, 270-272)

Cando Heracles descendeu ó Hades para capturar a Cérbero, atopou a Meleagro e prometéralle desposar á súa irmá, Deianira. Por iso foi a Calidón a pedir a man de Deianira ó seu pai Eneo, e para conseguila tivo que vencer ó deus fluvial Aqueloo, que obrigara ó pai a concederlle a filla.

"Cando Heracles arribou a Calidón, pretendeu á filla de Eneo, Deianira, e loitando pola súa man con Aqueloo, que tomara a aparencia dun boi, tronzoulle un dos seus cornos".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 7, 5)

Nas inmediacións de Calidón existe unha fonte chamada Calírroe. Tratábase dunha doncela que rexeitou os amores dun sacerdote de Dioniso, Coreso. O sacerdote queixouse ó deus e este, como castigo, enviou unha epidemia de loucura sobre o país. Consultado o oráculo de Dodona, o ditame foi que se debía sacrificar ante Coreso unha doncela para aplacar ó deus, ou outra persoa que aceptase morrer no seu lugar. Os habitantes da cidade escolleron a Calíorre, pero o sacerdote, no momento se sacrificala, reviviu o amor que sentía por ela e non puido facelo, preferindo suicidarse. Ó ver este xesto, Calíorre tamén se suicidou xunto á fonte, que tomou o seu nome.

Os calidonios participaron na Guerra de Troia cun exército dirixido polo seu rei Toante, neto de Eneo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Calidón". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. 
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 173-173.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy