Saltar ao contido

Campo de concentración de Neuengamme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCampo de concentración de Neuengamme
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°25′39″N 10°13′35″L / 53.427413, 10.226254
EstadoAlemaña
Estado federadoHamburgo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1938 Editar o valor en Wikidata
Evento clave

Sitio webkz-gedenkstaette-neuengamme.de Editar o valor en Wikidata
A escultura „Der sterbende Häftling“ (O prisioneiro morrendo), de Françoise Salmon.

O Campo de concentración de Neuengamme foi un campo de concentración nazi creado polas SS en 1938 preto da vila de Neuengamme, no distrito de Bergedorf da cidade de Hamburgo, Alemaña. Estivo en funcionamento desde 1938 até 1945. Cara a fin da guerra, máis da metade dos seus 106.000 internos morreran. Despois de ser usado por dúas prisións entre 1948 e 2004 polas autoridades de Hamburgo, o lugar hoxe serve como monumento. Atópase a 15 km do centro de Hamburgo, na zona de Vierlande.

Un sobrevivente polaco enfermo no campo de concentración de Hannover-Ahlem recibe a medicina dun traballador alemán da Cruz Vermella.

Os presos eran de 28 nacionalidades (soviéticos (34.350), polacos (16.900), franceses (11.500), alemáns (9.200), holandeses (6.950), belgas (4.800), daneses (4.800), e tamén da comunidade xudía local, pero tamén se inclúen os comunistas, homosexuais, prostitutas, xitanos, Testemuñas de Xehová, prisioneiros de guerra e outros moitos grupos perseguidos. Dos 106.000 presos case a metade morreron. 20.400 vítimas, listadas por nome no monumento de Neuengamme, morreron no campo de concentración e nos subcampos. Na actualidade estímase que 26.800 presos morreron alí. Durante os derradeiros días do campo e a "evacuación" morreron preto de 17.000 persoas. Polo menos a cantidade de 42.900 vítimas pode ser verificada.[1]

Poboación interna

[editar | editar a fonte]
País Homes Mulleres Promedio
Unión Soviética 28.450 5.900 34.350
Polonia 13.000 3.900 16.900
Francia 11.000 500 11.500
Alemaña 8.800 400 9.200
Holanda 6.650 300 6.950
Bélxica 4.500 300 4.800
Dinamarca 4.800 - 4.800
Hungría 1.400 1.200 2.600
Noruega 2.200 - 2.200
Iugoslavia 1.400 100 1.500
Checoslovaquia 800 580 1.380
Grecia 1.250 - 1.250
Italia 850 - 850
España 750 - 750
Austria 300 20 320
Luxemburgo 50 - 50
Outros países 1.300 300 1.600
Promedio 87.500 13.500 101.000
Non clasificados - - 5 000
Promedio total - - 106.000
Mortos na deportación - - 55.000

Entre o 13 de decembro de 1938 e o 4 de maio de 1945 resultou morto arredor do 52% da poboación de tódolos kommandos dependentes de Neuengamme.

  1. "KZ Gedenkstätte Neuengamme". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy