Saltar ao contido

Clinton Davisson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClinton Davisson

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Clinton Joseph Davisson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Bloomington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1958 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Charlottesville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Universidade de Princeton - Doutor en filosofía
Bloomington High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseOwen Willans Richardson Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Universidade de Virxinia Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresOwen Willans Richardson Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoLester Germer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCharlotte Davisson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дэвиссон Клинтон Джозеф)
Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.354)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.108) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 79bcb5a9-bcf9-4d28-82d9-f626da5bf1d8 WikiTree: Davisson-230 Find a Grave: 226798821 Editar o valor en Wikidata

Clinton Joseph Davisson, nado en Bloomington (Illinois) o 22 de outubro de 1881 e finado en Charlottesville o 1 de febreiro de 1958, foi un físico estadounidense, gañador do Premio Nobel de Física en 1937 xunto a George Paget Thomson.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1902 graduouse na escola secundaria de Bloomington, e entrou, grazas a unha bolsa na Universidade de Chicago. Grazas á recomendación de Robert A. Millikan, en 1905 Davisson foi contratado na Universidade de Princeton como profesor de física. En 1908 obtivo o seu Bachelor of Sciences no cal traballou principalmente durante os veráns, xa que durante o resto do ano traballaba en Princetown. Mentres traballaba como mestre nesa mesma universidade, fixo a súa tese doutoral con Owen Richardson. En 1911 obtivo o seu doutoramento en física pola universidade de Princeton; o mesmo ano no que casou con Charlotte, irmá de Richardson coa que tivo catro fillos.

É coñecido polas investigacións que levou a cabo nos campos da electricidade, o magnetismo e a enerxía radiante.

De 1916 a 1946 traballou no departamento técnico de Telephone Bell Laboratories. En 1927, en colaboración con Lester Halbert Germer, descubriu a difracción dos electróns polos corpos cristalinos, o que serviu para confirmar experimentalmente as teorías da mecánica ondulatoria.

Por estes traballos foi galardoado en 1937 co premio Nobel de Física, compartido con George Paget Thomson.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy