Donna Strickland
Donna Theo Strickland, nada en Guelph (Ontario) o 27 de maio de 1959[1] é unha física e académica canadense, Premio Nobel de Física en 2018, cando traballaba como profesora asociada no Departamento de Física e Astronomía da Universidade de Waterloo, (Canadá), "polo seu método de xeración de impulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade"[2]. É pioneira no campo dos láseres[3]. É a terceira muller en lograr o Premio Nobel de Física, compartido co seu antigo mentor, Gérard Mourou (Francia). A técnica que desenvolveron (amplificación por deriva de frecuencia), úsase para producir impulsos ultracurtos de moi alta intensidade, útil en micro láser, cirurxía, medicina, e en estudos de ciencia fundamental.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse[4] en enxeñaría física na McMaster University en 1981, e completou o doutoramento en Física na especialidade de Óptica na Universidade de Rochester no ano 1989.[5][6] A súa tese de doutoramento titulouse "Development of an ultra-bright laser and an application to multi-photon ionization" (Desenvolvemento dun láser ultrabrillante e unha aplicación para ionización multifotónica), e foi supervisada por Gérard Mourou. Durante a súa estancia nesa universidade, ambos coinventarona amplificación de pulso que lles valeu a concesión do Nobel.[7]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1998 – Bolsa Sloan[8]
- 1999 – Premio Premier á excelencia investigadora[9]
- 2000 – Premio Cottrell Scholars Award outorgado pola Research Corporation for Science Advancement[10]
- 2008 – Membro da Optical Society of America[Cómpre referencia]
- 2018 – Premio Nobel de Física, compartido con Arthur Ashkin e Gérard Mourou[11]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Strickland, Donna & Mourou, Gerard (1985-12). "Compression of amplified chirped optical pulses". Optics Communications (en inglés) 56 (3): 219–221. doi:10.1016/0030-4018(85)90120-8.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Strickland, Donna T. (1988). "Development of an ultra-bright laser and an application to multi-photon ionization" (PDF). Laboratory for Laser Energetics. University of Rochester. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de xullo de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ "Donna Strickland Facts". Nobel Prize. Consultado o 02/10/2018.
for their method of generating high-intensity, ultra-short optical pulses
- ↑ "Donna Strickland - Physics and Astronomy". 5 de abril 2012. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ Bachelor of Engineering
- ↑ "Biographies -Donna T. Strickland". The Optical Society. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ "Donna Strickland". Education Program for Photonics Professionals (en inglés). University of Waterloo. 11 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ Murphy, Jessica (2 de outubro de 2018). "Donna Strickland: The 'laser jock' Nobel prize winner". BBC News (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ "Past Sloan Fellows". sloan.org. Alfred P. Sloan Foundation. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ "Biographies -Donna T. Strickland". The Optical Society. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ Research Corporation For Science Advancement (ed.). "Cottrell Scholars sorted by Class" (PDF). rescorp.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11 de abril de 2020. Consultado o 2 outubro de 2018.
- ↑ Johnston, Hamish (2 de outubro de 2018). "Arthur Ashkin, Gérard Mourou and Donna Strickland win the Nobel Prize for Physics". Physics World (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Material didáctico sobre Donna Strickland no proxecto #científicasCASIO (en castelán)