Saltar ao contido

Cordón umbilical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cordón umbilical
Cordón umbilical nun meniño de 3 minutos de vida.
Latín Funiculus umbilicalis
Arteria Arterias umbilicais
Vea Vea umbilical

En mamíferos placentarios, o cordón umbilical é un cordón que une ben o embrión en vías de desenvolvemento ou ben o feto á súa placenta. Contén arterias principais e veas (arterias umbilicais e vea umbilical) para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rico en oxíxeno, entre o embrión e a placenta. Estes vasos están arrodeados da chamada xelatina de Wharton. No momento en que o feto nace, o cordón umbilical é cortado e déixase só unha pequena cicatriz, que constituirá o futuro embigo.

O termo "cordón umbilical", ou simplemente "umbilical", foi empregado tamén para cordas con funcións semellantes, coma a mangueira de aire que une a un mergullador de mar aberto ao seu barco, ou ben a un astronauta coa súa nave espacial.

Anatomía

[editar | editar a fonte]

No feto humano, o cordón umbilical é, polo xeral, duns 56 cm de lonxitude e de 1 a 2 cm de diámetro. Dita lonxitude pode variar dende a acordia, que vén a ser a ausencia de cordón, até a cordóns de máis de 300 cm. Os cordóns umbilicais son de natureza helicoidal, con até 380 hélices. En termo medio, o cordón umbilical ten de 10 a 11 hélices. A maioría dos cordóns xiran ou rotan cara á esquerda, por razóns que no se coñecen aínda. Máis do 5% dos cordóns son máis curtos de 35 cm, e arredor dun 5% son máis longos de 80 cm.

O cordón umbilical contén dúas arterias umbilicais e unha vea umbilical, sepultada dentro da xelatina de Wharton.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy