Eleccións xerais de España de 1933
Eleccións xerais de España de 1933 | |
---|---|
← 1931 1936 → | |
Data | 19 de novembro de 1933 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | deputado nas Cortes republicanas |
Resultado da votación | |
O 19 de novembro de 1933 celebrouse a primeira volta das segundas eleccións xerais da Segunda República Española para as Cortes e foron as primeiras en que as votaron as mulleres exerceron o dereito ao voto. As eleccións deron a maioría aos partidos de centro-dereita e de dereitas, o que deu lugar ao denominado bienio radical-cedista ou bienio negro dos anos 1933-1936.
A convocatoria das eleccións
[editar | editar a fonte]O presidente da República Niceto Alcalá-Zamora decidiu resolver a crise suscitada pola disolución da coalición republicano-socialista que sustentara ao goberno de Manuel Azaña durante o primeiro bienio coa disolución das Cortes elixidas en xuño de 1931, porque creu que estas xa non representaban á opinión pública dominante nese momento logo das fortes reaccións e tensións que se viviron en España como consecuencia da política reformista emprendida polo goberno social-azañista. E por iso buscou orientación e harmonía definitiva, acudindo á consulta directa da vontade xeral, tal como dicía no preámbulo do decreto de convocatoria das eleccións.[1]
A nova lei electoral aprobada o 27 de xullo de 1933 introduciu algúns cambios respecto da que se aplicou nas eleccións anteriores de xuño de 1931: elevouse ao 40% a cantidade de votos requirida por unha candidatura para triunfar na primeira volta, mentres que na segunda, que se celebraría se ningún candidato chegaba a esa cifra, só podían participar quen alcanzasen o 8% dos votos. Ademais posibilitouse o cambio na composición das candidaturas entre a primeira e a segunda voltas. Pero mantívose o esencial: era un sistema electoral maioritario de listas abertas que premiaba ás candidaturas que obtivesen máis votos, polo que os partidos que conseguisen presentarse en coalición conseguían un maior número de deputados que si se presentaban en solitario.[2]
Resultados das eleccións
[editar | editar a fonte]Composición do Congreso dos Deputados
[editar | editar a fonte]Resultados nas circunscricións galegas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia.
A Coruña
[editar | editar a fonte]17 escanos a elixir. As dereitas, vencedoras en votos, obteñen 8 deputados; fronte aos tamén 8 da segunda lista máis votada, a formada pola coalición entre o Partido Republicano Gallego e o Partido Radical. O PRC obtén o escano restante.
- Benito Blanco-Rajoy
- Felipe Gil Casares
- Emilio González López
- Ángel Aperribay y Pita da Veiga
- Eduardo O'Shea y Verdes Montenegro
- José Calvo Sotelo
- José María Méndez Gil Brandón
- Antonio Rodríguez Pérez
- José Miñones Bernárdez
- Manuel Iglesias Corral
- José del Moral Sanjurjo
- Alejandro Rodríguez Cadarso
- Eugenio Vázquez Gundín
- Santiago Casares Quiroga
- José Reino Caamaño
- José García Ramos y Segond
- Leandro Pita Romero
10 escanos a elixir. Imponse con 6 escanos a coalición PRR-PRC, fronte aos 4 deputados electos polas dereitas.
- Manuel Becerra Fernández
- Enrique Gómez Jiménez
- Gumersindo Rico González
- Luis Rodríguez de Viguri
- Felipe Lazcano Morales de Setién
- Ángel López Pérez
- José María Montenegro Soto
- Manuel Saco Rivera
- Luis Recasens Siches
- Ubaldo de Azpiazu Artazu
Ourense
[editar | editar a fonte]9 escanos a elixir: as dereitas obtiveron 5, fronte aos 4 do Partido Radical.
- José Sabucedo Morales
- José Calvo Sotelo
- Basilio Álvarez Rodríguez
- Justo Villanueva Gómez
- Antonio Taboada Tundidor
- Luis Fábrega Santamarina
- Fernando Ramos Cerviño
- Andrés Amado y Reygondaud de Villebardet
- Carlos Taboada Tundidor
Pontevedra
[editar | editar a fonte]13 escanos a elixir: os 10 das maiorías gañounos a coalición entre PRR, PRC e PRLD, mentres os 3 das minorías adxudicáronllos as dereitas.
- Emiliano Iglesias Ambrosio
- Alfredo García Ramos
- Severino Barros de Lis
- Víctor Lis Quibén
- Isidoro Millán Mariño
- Nicasio Guisasola Domínguez
- José López Varela
- Vicente Sierra Martínez
- Fernando Villamarín Rodríguez
- Honorio Maura Gamazo
- Ramón Salgado Pérez
- Antonio Prieto Rivas
- Luis Fontaiña Serrapio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Casanova 2007, p. 112)
- ↑ (Gil Pecharromán 1997, p. 76)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Casanova, Julián (2007). República y Guerra Civil. Vol. 8 de la Historia de España, dirigida por Josep Fontana y Ramón Villares. Barcelona: Crítica/Marcial Pons. ISBN 978-84-8432-878-0.
- Gil Pecharromán, Julio (1997). La Segunda República. Esperanzas y frustraciones. Madrid: Historia 16. ISBN 84-7679-319-7.
- Juliá, Santos (1999). Un siglo de España. Política y sociedad. Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-9537903-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Buscador Histórico de Diputados, Congreso dos Deputados. Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.