Saltar ao contido

Eliel Saarinen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEliel Saarinen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Gottlieb Eliel Saarinen Editar o valor en Wikidata
20 de agosto de 1873 Editar o valor en Wikidata
Rantasalmi, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Bloomfield Hills, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Helsinki
Former Real Lyceum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Helsinqui
Talín
Bloomfield Hills (pt) Traducir
Sortavala (pt) Traducir
Vyborg (pt) Traducir
Hvitträsk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, urbanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan Editar o valor en Wikidata
MovementoArt Nouveau, Art déco, Estilo Internacional e Jugendstil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosFlorence Knoll (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLoja Saarinen
Mathilda Tony Charlotta Gyldén Editar o valor en Wikidata
FillosPipsan Saarinen Swanson
 () Loja Saarinen
Eero Saarinen
 () Loja Saarinen Editar o valor en Wikidata
PaiJuho Saarinen Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Albert Edelfelt's letters (en) Traducir,
Enciclopédia Soviética Armênia, v. 10 (pt) Traducir, (p.106) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Saarinen-45

Gottlieb Eliel Saarinen, nado en Rantasalmi, Finlandia, o 20 de agosto de 1873 e finado en Bloomfield Hills, Míchigan, o 1 de xullo de 1950, foi un arquitecto finlandés, famoso grazas ás súas construcións en estilo Art Nouveau a principios do século XX.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Saarinen estudou en Helsinqui na Universidade Politécnica de Helsinqui. Desde 1896 ata 1905 traballou como compañeiro con Herman Gesellius e Armas Lindgren na firma «Gesellius, Lindgren e Saarinen». O seu primeiro gran traballo foi o Pavillón Finlandés da Exposición Universal de 1900, exhibía unha extraordinaria converxencia de influencias de estilo: arquitectura de madeira finlandesa, o neogótico británico e o jugendstil. A primeira época de Saarinen foi posteriormente bautizada co nome de «romanticismo nacional» finlandés e culminou coa Estación Central de Helsinqui (deseñada en 1904, construída en 1910-14). En 1910 traballou no amplo proxecto urbanístico de Munksnäs-Haga e máis tarde publicou un libro sobre o tema.

En xaneiro de 1911 converteuse en asesor do proxecto urbanístico de Reval (Estonia) e foi invitado a Budapest para que asesorase sobre desenvolvemento urbano. En 1912, publicouse un folleto escrito por Saarinen sobre os problemas urbanísticos de Budapest. En abril de 1913 obtivo a primeira praza nunha competición internacional polo seu plan para Reval. Durante 1917-1918 Saarinen traballou no proxecto por unha Helsinqui maior. Saarinen tamén deseño os billetes do marco finlandés introducidos en 1922.

O 6 de marzo de 1904 Saarinen casou con Louise Gesellius, unha escultora de Helsinqui, irmá máis nova de Herman Gesellius. Tiveron unha filla Eva-Lisa (Pipsan) o 31 de marzo de 1905 e un fillo Eero o 20 de agosto de 1910.

Eliel Saarinen mudouse aos Estados Unidos, logo de presentarse ao concurso para o deseño da Tribune Tower, en Chicago. Malia que o deseño de Saarinen resultou o segundo lugar do concurso, o seu edificio foi realizado en 1929 coa construción do Gulf Building en Houston. Saarinen estableceuse primeiro en Evanston (Illinois), onde traballou no seu esquema para o desenvolvemento da fachada do lago de Chicago. En 1924 converteuse en profesor visitante da Universidade de Míchigan.

En 1925 George Gough Booth pediulle que deseñase o campus da Cranbrook Educational Community, planeado como un equivalente estadounidense da Escola da Bauhaus. Saarinen ensinou nesta escola e converteuse en director da Cranbrook Academy of Art en 1932. Entre os seus estudantes-colaboradores atopábanse Ray Eames e Charles Eames; Saarinen influíu os seus seguintes traballos de deseño de mobles.

Converteuse en profesor no Departamento de Arquitectura da Universidade de Míchigan; actualmente, unha cátedra no A. Alfred Taubman College of Architecture and Urban Planning de Míchigan, leva o seu nome, e o College realiza anualmente unha serie de conferencias no seu honor.

O seu fillo Eero (1910-1961), converteuse nun do arquitectos estadounidenses máis importantes de mediados do século XX, como un dos líderes de estilo internacional. O estudante de Saarinen Edmund N. Bacon logrou unha prominencia nacional como Director Executivo da Comisión para a urbanización de Filadelfia desde 1949 ata 1970.

Estación Central de Helsinqui.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy