Saltar ao contido

Factor XII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Factor de coagulación XII
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
SímbolosF12 (HGNC: 3530) HAE3; HAEX; HAF
Identificadores
externos
Número EC3.4.21.38
LocusCr. 5 q33-qter
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
2161 58992
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P00748 Q80YC5
RefSeq
(ARNm)
NM_000505 NM_021489
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000496 NP_067464
Localización (UCSC)
Cr. 5:
176.83 – 176.84 Mb
PubMed (Busca)
2161


58992

O factor XII de coagulación, tamén chamado factor de Hageman, é unha proteína plasmática, que intrvén na fervenza de reaccións da coagulación do sangue. É un cimóxeno do factor XIIa, un encima (EC 3.4.21.38) da clase das serina proteases (ou serina endopeptidases). Nos humanos, o factor XII está codificado polo xene F12 do cromosoma 5.[1]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O factor XII humano ten unha lonxitude de 596 aminoácidos, pesa 80 000 daltons e consta de dúas cadeas, a cadea pesada (de 353 residuos de aminoácidos) e a lixeira (de 243 residuos), que están unidas por un enlace disulfuro. A cadea pesada contén dous dominios de tipo fibronectina (tipo I e II), dous dominios similares ao factor de crecemento epidérmico, un dominio kringle, e unha rexión rica en prolina. A cadea lixeira contén o dominio protease. Recentemente, a estrutura do dominio tándem de tipo FnI-EGF do factor de coagulación XII foi resolto por cristalografía de raios X.[2][3]

O factor XII forma parte da fervenza de reaccións de coagulación do sangue e activa o factor XI e a precalicreína in vitro. O propio factor XII en solitario é activado dando o factor XIIa pola presenza de superficies con cargas negativas como as do vidro. Intervén na parte inicial da vía intrínseca de coagulación. O factor XII pode tamén utilizarse para dar comezo a fervenzas de coagulación en estudos de laboratorio.[4]

A fervenza da coagulación.

In vivo, o factor XII é activado por contacto con polianións. As plaquetas activadas segregan polímeros inorgánicos, polifosfatos. O contacto cos polifosfatos activa o factor XII e inicia a formación de fibrina pola vía intrínseca da coagulación cunha importancia fundamental na formación de trombos. Atacando os polifosfatos con fosfatases interfítese coa actividade procoagulante das plaquetas activadas e bloquéase a trombose inducida por plaquetas en ratos. A adición de polifosfatos soluciona a coagulación defectuosa do plasma en pacientes da síndrome de Hermansky–Pudlak, o que indica que o polímero inorgánico é o activador endóxeno do factor XII in vivo. A activación do factor XII impulsada polo polifosfato das plaquetas proporciona a ligazón entre a hemostase primaria (formación dun tapón plaquetario) coa hemostase secundaria (formación da rede de fibrina).[5]

Xenética

[editar | editar a fonte]

O xene do factor XII está localizado no extremo do brazo longo do cromosoma 5. O xene ten aproximadamente 12 pares de kilobases e está composto por 13 intróns e 14 exóns, cunha organización parecida á dos xenes da familia dos activadpres do plasminóxeno.[1]

Papel en enfermidades

[editar | editar a fonte]

A deficiencia de factor XII é un infrecuente trastorno que se herda de modo autosómico recesivo.[6] A diferenza doutras deficiencias en factores de coagulación, a deficiencia de factor XII é totalmente asintomática e non causa un exceso de hemoraxia.[6] Porén, os ratos que carecen do xene para o factor XII son menos susceptibles á trombose. A proteína parece estar implicada nos últimos estadios da formación de coágulos en vez de no taponamento inicial dos danos na parede do vaso sanguíneo.[7]

O factor XII xoga un importante papel na formación de coágulos durante as medidas in vitro do tempo de tromboplastina parcial activado, que causa que estas medidas dean resultados marcadamente máis prolongados en pacientes con deficiencia en factor XII, xeralmente con valores moito maiores incluso que os observados na hemofilia A, hemofilia B ou deficiencia de factor XI.[6] Como resultado, a principal preocupación relacionada coa deficiencia de factor XII é facer probas innecesarias, o aumento do tempo de coidados, a preocupación creada etc. que pode ser causada polo resultado anormal de laboratorio.[6] Todo isto, incluíndo o mecanismo de herdanza, tamén é certo para outros factores de contacto, a precalicreína (factor de Fletcher) e o cininóxeno de alto peso molecular.[6]

Niveis excesivos de factor XII poden predispoñer a maiores riscos de trombose venosa debido ao papel do factor XII como un dos catalizadores para a conversión do plasminóxeno á súa forma activa fibrinolítica de plasmina.[8]

O factor XII é tamén activado por endotoxinas, especialmente o lípido A bacteriano.

O factor de Hageman foi descuberto en 1955 cando nunha proba de rotina preoperatoria dun paciente de 37 anos chamado John Hageman (1918) se atopou que tiña un tempo prolongado de coagulación en tubos de ensaio, malia non ter síntomas hemorráxicos. Hageman foi despois examinado polo hematólogo Oscar Ratnoff, que descubriu que carecía dun factor de coagulación ata entón non identificado.[9] Ratnoff despois encontrou que a deficiencia no factor de Hageman é un trastorno autosómico recesivo, despois de examinar varias persoas emparentadas que tiñan a deficiencia. Paradoxalmente, unha embolia pulmonar contribuíu á morte de Hageman despois dun accidente laboral en 1968. Desde entón, os estudos de casos e estudos clínicos identificaron unha asociación entre a trombose e a deficiencia en factor XII. Os hepatocitos expresan o factor de coagulación XII sanguíneo.[10]

  1. 1,0 1,1 Cool DE, MacGillivray RT (Oct 1987). "Characterization of the human blood coagulation factor XII gene. Intron/exon gene organization and analysis of the 5'-flanking region" (PDF). The Journal of Biological Chemistry 262 (28): 13662–73. PMID 2888762. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2020. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  2. Stavrou E, Schmaier AH (Mar 2010). "Factor XII: what does it contribute to our understanding of the physiology and pathophysiology of hemostasis & thrombosis". Thrombosis Research 125 (3): 210–5. PMC 2851158. PMID 20022081. doi:10.1016/j.thromres.2009.11.028. 
  3. Beringer DX, Kroon-Batenburg LM (Feb 2013). "The structure of the FnI-EGF-like tandem domain of coagulation factor XII solved using SIRAS". Acta Crystallographica Section F 69 (Pt 2): 94–102. PMC 3564606. PMID 23385745. doi:10.1107/S1744309113000286. 
  4. Renné T, Schmaier AH, Nickel KF, Blombäck M, Maas C (Nov 2012). "In vivo roles of factor XII". Blood 120 (22): 4296–303. PMC 3507141. PMID 22993391. doi:10.1182/blood-2012-07-292094. 
  5. Müller F, Mutch NJ, Schenk WA, Smith SA, Esterl L, Spronk HM, Schmidbauer S, Gahl WA, Morrissey JH, Renné T (Dec 2009). "Platelet polyphosphates are proinflammatory and procoagulant mediators in vivo". Cell 139 (6): 1143–56. PMC 2796262. PMID 20005807. doi:10.1016/j.cell.2009.11.001. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Wagenman BL, Townsend KT, Mathew P, Crookston KP (Jun 2009). "The laboratory approach to inherited and acquired coagulation factor deficiencies". Clinics in Laboratory Medicine 29 (2): 229–52. PMID 19665676. doi:10.1016/j.cll.2009.04.002. 
  7. Renné T, Pozgajová M, Grüner S, Schuh K, Pauer HU, Burfeind P, Gailani D, Nieswandt B (Jul 2005). "Defective thrombus formation in mice lacking coagulation factor XII". The Journal of Experimental Medicine 202 (2): 271–81. PMC 2213000. PMID 16009717. doi:10.1084/jem.20050664. 
  8. Kroll, Michael H. (2001). Manual of Coagulation Disorders. Blackwell Science. pp. 3–4, 206–207. ISBN 0-86542-446-2. 
  9. Ratnoff OD, Margolius A (1955). "Hageman trait: an asymptomatic disorder of blood coagulation". Transactions of the Association of American Physicians 68: 149–54. PMID 13299324. 
  10. Gordon EM, Gallagher CA, Johnson TR, Blossey BK, Ilan J (Apr 1990). "Hepatocytes express blood coagulation factor XII (Hageman factor)". The Journal of Laboratory and Clinical Medicine 115 (4): 463–9. PMID 2324612. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy