Saltar ao contido

Grupo Wagner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo Wagner
TipoEmpreiteira militar, organización paramilitar, organización armada, organización criminal e organización terrorista
Data de fundación1 de maio de 2014
Fundador(es)Yevgeny Prigozhin e Dmitry Utkin
Nomeado en referencia aDmitry Utkin
Presidente/a
Eventos/Actividadesmurder of Yevgeny Nuzhin, Wagnergate e rebelião do Grupo Wagner
SedeSan Petersburgo e Molkin
PaísRusia
editar datos en Wikidata ]


O Grupo Wagner (en ruso: Группа Вагнера, romanizado como: Gruppa Vagnera), tamén denominado PMC Wagner, ChVK Wagner (ChVK correspóndese coas siglas, en ruso, de Compañía Militar Privada),[1] ou CHVK Vagner (ЧВК Вагнера ChVK Vagnera, Частная Военная Компания Вагнера) é unha organización paramilitar de orixe rusa. Hai quen[quen?] o describen como unha empresa militar privada que actúa en varias rexións do mundo, principalmente no leste de Ucraína e en Siria. Outras fontes catalógano como un escuadrón secreto das Forzas Armadas de Rusia, quen o empregan como brazo de apoio en conflitos nos que Rusia está comprometida ou involucrada.[2][3]

Trátase dunha das organizacións máis secretas de Rusia. O feito de ser mercenario, de feito, viola as leis rusas. Crese que até 10.000 persoas foron contratadas polo Wagner nos últimos dez anos.

O Grupo non controla o seu persoal de maneira directa. Fanse contratos por traballos de curta duración para funcións especializadas. Tamén se selecciona persoal de seguridade en compañías creadas para o efecto, que serán as que executen o traballo. As persoas candidatas pasan exames físicos e revisións das súas habilidades e experiencia. A continuación, comezan un período de adestramento nunhas instalacións nas proximidades de Krasnodar. Pasada esa fase envíase o persoal ao estranxeiro. De alguén morrer en acción, é pouco probábel que o seu cadáver sexa repatriado.

Segundo os informes, o fundador da compañía é Dmitri Valérievich Utkin, nado en 1970 no óblast de Kirovogrado, daquela, parte da RSS de Ucraína. Segundo a declaración do Servizo de Seguridade de Ucraína en setembro de 2017, Utkin aparentaba ser un leal cidadán ucraíno.[4][5][6][7] Até 2013 foi tenente coronel e comandante de brigada da unidade das forzas especiais Spetsnaz GRU (o 700º destacamento independente Spetsnaz da 2ª brigada independente) do Departamento Central de Intelixencia (GRU) de Rusia.[8][9][10]

Tras retirarse ese ano, comezou a traballar para a empresa privada Moran Security Group, fundada por veteranos militares rusos. A compañía, que realizou misións de seguridade e capacitación en todo o mundo, especializouse en seguridade contra a pirataría. O mesmo ano, altos xerentes da empresa crearon unha organización con sede en San Petersburgo, Corpo Eslavo, que encabezou os contratistas para "protexer os campos petrolíferos e os oleodutos" en Siria.[11] Utkin logrou sobrevivir a esa desastrosa misión.[12]

O Grupo Wagner presentouse en 2014, xunto con Utkin, no óblast de Lugansk (Ucraína).[13][14] O nome provén do propio distintivo de chamada de Utkin, "Wagner", que seica elixiu debido á súa paixón polos dramas musicais deste compositor alemán. Radio Liberty citou os informantes dicindo que a fe nativa eslava (un culto pagán moderno) era favorecida polo liderado do grupo Wagner.[15] En agosto de 2017 o turco Yeni Şafak especulou con que Utkin fose só un home de palla da compañía, tras quen se agocharía o verdadeiro líder.[16]

O 9 de decembro de 2016, Dmitri Utkin foi fotografado co presidente Vladimir Putin nun acto de condecoracións.[17] Dicíase que Aleksandr Kuznetsov "Ratibor" era o comandante da primeira compañía de recoñecemento e asalto de Wagner; Bogátov, o comandante da cuarta; e Tróshev, o "director executivo" da compañía.[18] Días despois, o voceiro do Kremlin confirmou a presenza na recepción do Kremlin de Dmitri Utkin en representación da rexión de Nóvgorod. Disque a recepción organizouse para quen recibiran o galardón da Orde de Coraxe e o título de Heroe de Rusia, sen dar máis detalles.[19][20]

Hogano, o grupo é considerado unha das maiores organizacións militares privadas do mundo. Porén, moitas análises afirman que o grupo é, en realidade, un escuadrón secreto do goberno ruso, designado para intervir en conflitos onde Rusia non quere involucrarse oficialmente. Hai constancia de que nas súas filas figuran tamén membros ucraínos e serbios, estes últimos en menor número. Trátase dunha organización extremadamente xenófoba, mesmo con vínculos confirmados con organizacións neonazis.[21]

Segundo varios medios rusos, o Grupo Wagner está financiado polo Estado ruso e por empresarios próximos ao mesmo. Un deles é Evgueni Prigozhin, un adiñeirado asociado do presidente Putin, quen tamén controla a Axencia de Investigación de Internet.[22][23]

Lugares de acción

[editar | editar a fonte]

O grupo actuou na Guerra do Donbás, o conflito interno do Sudán, a Segunda guerra civil centroafricana e a guerra civil siria. Centenares de membros morreron o 7 de febreiro de 2018 nun ataque da chamada Coalición Internacional contra o Estado Islámico e o Levante, liderada polos EUA, na provincia siria de Dayr az-Zawr na batalla de Khasham.[24]

Crese que o grupo actúa tamén en Libia dando apoio ao xeneral Khalifa Haftar, o home forte no leste do país africano, xa que Moscova busca aumentar a súa influencia no país. De feito, crese que xa hai dúas bases rusas secretas no lugar.[25][26]

Unha exclusiva da axencia Reuters desvelou que un grupo de aproximadamente 400 paramilitares do Grupo Wagner podería atoparse en Venezuela para protexer o presidente Nicolás Maduro, tras o agravamento da crise venezolana.[27][28]

Desde 2019 reportouse a presenza do grupo en Mozambique, en combate contra grupos xihadistas na provincia de Cabo Delgado.

Sancións da Unión Europea

[editar | editar a fonte]

O 13 de decembro de 2021, o Consello da Unión Europea ditou sancións contra o Grupo Wagner e os seus responsábeis, incluídos Utkin e Prigozhin, pola violación de dereitos humanos en Siria, Libia, a República Centroafricana, Sudán e Mozambique, así como pola súa actuación armada contra a integridade territorial, a soberanía e a independencia de Ucraína.[29]

  1. Gostev, Aleksandr; Coalson, Robert (16 de decembro de 2016). "Russia's Paramilitary Mercenaries Emerge From The Shadows". rferl.org (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  2. "В СБУ раскрыли любопытные подробности о наемниках РФ на Донбассе" (en ucraíno). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  3. "Grupo Wagner, el misterioso ejército de mercenarios rusos que luchan y mueren en Siria". Infobae. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  4. "OFAC Recent Actions". U.S. Department of the Treasury (en inglés). Consultado o 2022-03-04. 
  5. "В СБУ раскрыли любопытные подробности о наемниках РФ на Донбассе". ukraine.segodnya.ua (en ruso). Consultado o 2022-03-04. 
  6. "It became known about the death of nine Russians in Syria - FreeNews English - FreeNews-en.tk" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 2022-03-04. 
  7. Cutiller, Adrià Rocha (2018-02-14). "El grupo Wagner: estos son los mercenarios rusos que combaten en Siria". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-03-04. 
  8. "Fontanka Investigates Russian Mercenaries Dying For Putin In Syria And Ukraine". www.interpretermag.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2023. Consultado o 2022-03-04. 
  9. "Из Молькино в Пальмиру: как тренируют российских наемников". Газета.Ru (en ruso). Consultado o 2022-03-04. 
  10. "Russia's Paramilitary Mercenaries Emerge From The Shadows". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 2022-03-04. 
  11. "Russia's Paramilitary Mercenaries Emerge From The Shadows". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 2022-03-04. 
  12. "Fontanka Investigates Russian Mercenaries Dying For Putin In Syria And Ukraine". www.interpretermag.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2023. Consultado o 2022-03-04. 
  13. "Russia's Paramilitary Mercenaries Emerge From The Shadows". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 2022-03-04. 
  14. "Fontanka Investigates Russian Mercenaries Dying For Putin In Syria And Ukraine". www.interpretermag.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2023. Consultado o 2022-03-04. 
  15. https://www.svoboda.org/a/29084090.html
  16. Şafak, Yeni. "Wagner, Russian Blackwater in Syria". Yeni Şafak (en turco). Consultado o 2022-03-04. 
  17. https://www.washingtonpost.com/news/worldviews/wp/2017/10/05/the-russian-captives-who-may-link-syria-ukraine-and-the-kremlins-fight-against-the-opposition/?noredirect=on
  18. "Analysis | The Russian captives who may link Syria, Ukraine and the Kremlin’s fight against the opposition". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2022-03-04. 
  19. "Песков подтвердил присутствие Дмитрия Уткина на приеме в Кремле". РБК (en ruso). Consultado o 2022-03-04. 
  20. "Песков подтвердил присутствие командира ЧВК Вагнера на приеме в Кремле". tass.ru. Consultado o 2022-03-04. 
  21. Cutiller, Adrià Rocha (2018-02-14). "El grupo Wagner: estos son los mercenarios rusos que combaten en Siria". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-03-04. 
  22. ФСБ помогла «Фонтанке» обнаружить, что причастные к службе безопасности миллиардера Евгения Пригожина замечены в окружении командира частного батальона Дмитрия Уткина-Вагнера (en ruso). Membros do equipo de seguridade do multimillonario Evgueni Prigozhin detectados no séquito de Dmitri Utkin, o comandante do batallón Wagner. Fontanka, 9 xuño 2016
  23. Призраки войны: как в Сирии появилась российская частная армия(en ruso). Fantasmas de guerra: cómo en Siria apareceu un exército privado ruso. RBC, 25 agosto 2016
  24. "El enigmático grupo Wagner, instrumento de la guerra híbrida de Rusia en Siria y Ucrania". abc (en castelán). 2018-02-17. Consultado o 2022-03-04. 
  25. Marginedas, Marc (2018-10-11). "Rusia incrementa su presencia militar en Libia en apoyo de un general enfrentado a ONU". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-03-04. 
  26. "El creciente poder suave de Rusia en las Fuerzas de Libia,produce una feroz resistencia de los principales medios de comunicación y diplomáticos de Occidente". Agencia de Noticias "News Front" España (en ruso). 2019-03-08. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-04. 
  27. "¿Quiénes son el grupo Wagner, los mercenarios rusos enviados a proteger a Nicolás Maduro?". CiberCuba (en castelán). 2019-01-25. Consultado o 2022-03-04. 
  28. "¿Quiénes son el grupo Wagner, los paramilltares rusos enviados a proteger a Nicolás Maduro?". Consultado o 2022-03-04. 
  29. COUNCIL IMPLEMENTING REGULATION (EU) 2021/2192, 13 decembro 2021

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy