Guipúscoa
Gipuzkoa (eu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Capital | Donostia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 726.033 (2021) (366,68 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua éuscara lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.980 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Punto máis alto | Aketegi (1.551 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Deputación Foral de Guipúscoa | ||||
• Deputado Xeral | Eider Mendoza (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Xuntas Xerais de Guipúzcoa , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-SS | ||||
Código NUTS | ES212 | ||||
Código INE | 20 | ||||
Páxina web | gipuzkoa.eus | ||||
Guipúscoa[1] (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha das tres provincias españolas que forman a comunidade autónoma do País Vasco, ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.
Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab./km²).
Localidades importantes
[editar | editar a fonte]Ademais da capital provincial, na costa destacan Irún, Hondarribia, Pasaia e Zarautz, mentres que Arrasate, Tolosa, Errenteria, Bergara, Azpeitia e mais Éibar son poboacións importantes no interior do seu territorio.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Na zona litoral as montañas chegan até o mar. As rías son pouco profundas (Deba, Orio, Pasaia), excepto a do Bidasoa, que fai de fronteira con Francia. Na zona central hai unha rede de ríos á beira dos cales se sitúan os principais centros industriais. A zona sur é a máis montañosa e onde se erguen as cimas máis elevadas (Aizgorri, 1.544 m).
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo atlántico, con oscilacións de temperaturas non demasiado fortes, mais chuvia abundante e repartida durante todo o ano. En Donostia a temperatura media do mes máis frío é de 7,8 °C e a do máis cálido, de 15,1 °C. A media de precipitacións anual é de 1.506 mm. En consonancia, a vexetación é atlántica, con faias, carballos e grande abundancia de pradeiras.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía guipúscoana caracterízase polo seu forte desenvolvemento da industria, pero, ao contrario que Biscaia, que se desenvolveu a partir da industria pesada siderúrxica, Guipúscoa puxo en marcha unha industria lixeira diversificada sen perder. As industrias principais son a metalúrxica, a téxtil, a de fabricación de armas e a das artes gráficas. A agricultura consiste, sobre todo, na obtención de forraxes para a gandaría bovina, que abastece a importantes empresas alimentarias. No litoral é moi importante a pesca (Pasaia é o porto pesqueiro máis importante), así como o turismo.
A rede de estradas e de ferrocarrís está ben desenvolvida. Hai aeroporto en Hondarribia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guipuscoano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guipúscoa |