Saltar ao contido

Hanford Site

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hanford Site
Tipoestrutura arquitectónica, Laboratorios nacionais do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e radioactive waste repository
Data de fundaciónanos 1940
EnCondado de Benton
PaísEstados Unidos de América
46°38′51″N 119°35′55″O / 46.6475, -119.59861111111
Na rede
https://www.hanford.gov
editar datos en Wikidata ]
Reactores nucleares en liña en Hanford Site xunto ó río Columbia en xaneiro de 1960.

Hanford Site é un complexo de produción nuclear decomisionado, operado polo goberno federal dos Estados Unidos e situado ó carón do río Columbia no estado de Washington. O sitio recibiu diversos nomes, incluíndo Proxecto Hanford, Hanford Works, Hanford Engineer Works e Reserva Nuclear Hanford. Establecido no ano 1943 como parte do Proxecto Manhattan en Hanford, o sitio aloxou o Reactor B, o primeiro reactor nuclear de produción de plutonio a escala completa do mundo.[1] O plutonio manufacturado alí utilizouse na primeira bomba nuclear utilizada na proba Trinity, e na bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki.

Durante a guerra fría o proxecto de Hanford ampliouse para incluír nove reactores nucleares e cinco complexos de procesamento de plutonio, que produciron plutonio para a maioría das 60 000 armas construídas para o arsenal nuclear dos Estados Unidos.[2][3] Os reactores de produción para armas decomisionáronse trala fin da guerra fría, deixando tras décadas de traballo uns 200 000 m3 de residuos radioactivos de alto nivel[4] gardados en 177 tanques de almacenamento, outros 710 000 m3 de residuos radioactivos sólidos e 520 km2 de auga subterránea contaminada baixo o sitio.[5]

En 2007 Hanford Site contiña dous terzos do volume total de residuos radioactivos de alto nivel dos Estados Unidos.[6] O 10 de novembro de 2015 foi incluído no Parque Histórico Nacional do Proxecto Manhattan xunto a outras localizacións en Oak Ridge e Los Alamos.[7]

  1. "B Reactor". United States Department of Energy. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  2. "Hanford Site: Hanford Overview". United States Department of Energy. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  3. "Science Watch: Growing Nuclear Arsenal". The New York Times. 28 de abril de 1987. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  4. "Hanford Quick Facts". Washington Department of Ecology. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2008. Consultado o 19 de xaneiro de 2010. 
  5. "Hanford Facts". psr.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 
  6. Harden, Blaine; Dan Morgan (2 de xuño de 2007). "Debate Intensifies on Nuclear Waste". The Washington Post. p. A02. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  7. Richard, Terry (10 de novembro de 2015). "Washington's Hanford becomes part of national historical park". The Oregonian. Consultado o 4 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy