Saltar ao contido

Illyricum (provincia romana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllyricum

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°48′16″N 17°19′46″L / 43.804412, 17.329379
CapitalSalona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porDalmacia Editar o valor en Wikidata

Illyricum /ɪˈlɪrɪkəm/ foi unha provincia romana na época do Imperio, dende o ano 167 a. C. ata o ano 10 d. C., abarcando o que fora o Reino de Iliria, Dalmacia e Panonia. A provincia pasou a chamarse Dalmacia. Foi no sur, mentres que Panonia estaba no norte. Iliria / Dalmacia estendíase desde o Río Drin (no norte da moderna Albania) ata Istria (Croacia) e o río Save no norte. A área correspondía aproximadamente ao moderno norte de Albania, Montenegro, Bosnia e Hercegovina e a costa de Croacia. Pannonia era a chaira que se atopa ao norte, desde as montañas de Illyria / Dalmacia ata a curva cara ao oeste do río Danubio, e incluía a moderna Vojvodina (no moderno norte de Serbia), no norte de Croacia e oeste de Hungría. A medida que se desenvolveu a provincia, Salona (preto de Split, Croacia) converteuse na súa capital.

O Reino de Iliria foi conquistado no ano 168 a. C.. cando os romanos someteron ao exército do rei Ilírico Genzio. Dende o ano 167 a. C., Iliria do Sur converterase nun protectorado de Roma, formalmente independente.

Nesta provincia foi proclamado Emperador de Roma Septimio Severo no ano 193.

Nome e etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Ilírico é un termo latino derivado do grego Illyria (Ἰλλυρία) e Illyris (Ἰλλυρίς). Tamén se fixo unha distinción entre Illyris Barbara ou Romana, que comprendía a costa do Adriático ata o actual norte de Albania e Illyris Greaca, que era o resto de Albania, máis tarde chamada Epirus Nova. Esta última área derivou o seu nome do feito de que, estando preto de Grecia, foi influenciada polos gregos.[1][2] Formaba parte da provincia romana de Macedonia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Illyricum romano despois das guerras ilíricas.

Iliria estendíase do río Drin no norte da moderma Albania a Istria (na actual Croacia e Eslovenia) e o río Sava no norte. Comprendía a chaira costeira, as montañas dos Alpes dináricos que se estenden ao longo da costa oriental do mar Adriático durante 645 quilómetros cunha anchura duns 150 quilómetros e no noroeste, a península de Istria. Había moitas illas ao longo da costa, pero carecían de auga potable. As montañas cultivábanse cara á costa, pero para a maioría eran estériles. A falta de auga e o pobre ou árido solo fixo que gran parte da zona agrícola de Illyria fose mala e isto provocou a piratería. O interior da parte sur de Illyricum (centro e sur de Albania) era máis fértil. Illyria foi habitada por decenas de tribos independentes e agrupacións tribais. A maioría delas foron etiquetadas como Illyrians. No norte tamén había tribos celtas.[3][4][5][6] A chaira panónica (ou Cárpata) no norte era máis fértil. As súas tribos foron etiquetadas como panónicas. Os achados arqueolóxicos e os topónimos mostran que os panonios diferían culturalmente dos ilirios e dos celtas do leste que vivían ao oeste, no que agora é Austria. Máis tarde foron celticizados tras unha invasión celta da parte norte da rexión a comezos do século IV a.C. Algunhas tribos da rexión (os Eravisci, Scordisci Cotini, Boii, e Anartii) eran celtas. Os panonios tamén tiñan semellanzas culturais cos ilirios. A minería e produción de ferro foron unha parte importante da súa economía na época prerromana.[7][8]

A provincia

[editar | editar a fonte]
Europa segundo Estrabón.

A rexión tiña unha importancia estratéxica e económica importante para os romanos; tiña numerosos portos comerciais ao longo da costa adriática e había minas de ouro no interior. Iliria era tamén o punto de partida da vía Egnatia, a gran vía romana que partía dende o río Danubio, percorría o Adriático e remataba en Bizancio.

No 59 a. C. a Lex Vatiana designou como administrador de Illyricum e a Galia Cisalpina a Xulio César. Ningunha provincia foi establecida como tal ata as guerras de Octavio Augusto, 35-33 a. C. e a primeira mención que se fai da provincia de Illyricum é no contexto do seu establecemento como tal por Augusto no ano 27 a. C.

A provincia Ilírica foi ampliándose en extensión conforme os romanos incrementaban o seu dominio na rexión, logo dunha serie de guerras denominadas Guerras Panónicas (Bellum Pannonicum), 12-9 a. C., para someter os pobos panonios.

Arredor do ano 10 (aínda que algúns historiadores trasladan esta data á última metade da era Claudiana), despois de que fose aplacada a rebelión dos panonios e os dálmatas, chamada a rebelión de Bato (Bellum Batonianum), a provincia de Illyricum disolveuse e foi dividida en dúas; Panonia ao norte e Dalmacia ao sur.

O nome seguiuse utilizando para referirse á rexión. Posteriormente o emperador Diocleciano empregou o nome para designar a Prefectura pretoriana de Ilirico, unha das catro prefecturas que estableceu, abarcando Panonia, Nórico, Creta e toda a península dos Balcáns agás Tracia.

Os pobos da rexión tiñan sona de ser valorosos. Moitos integráronse nas filas do exército romano e algúns dos máis notables emperadores romanos eran oriúndos da rexión; Aureliano, Claudio II, Constantino I e Diocleciano, amais dos emperadores bizantinos Anastasio I e Xustiniano I.


División administrativa

[editar | editar a fonte]

Iliria romana

Cos nomes de Iliria bárbara ou Iliria romana; o territorio que se estende ao leste de Istria alén do río Arsia e ata o río Drilo ao leste e ao sur, co río Sava ao norte. Estaba dividida en tres distritos:

  • Iapidia ao norte, ata o río Tedanius.
  • Liburnia, entre os ríos Arsia e Titius. A parte norte deste distrito coñécese como Dalmacia véneta.
  • Dalmacia entre os ríos Naro e Tilurus.

Iliria grega

Co nome de Iliria grega; o territorio dende o río Drilocarpo no sueste ata as montañas Ceraúricas. Lindaba ao norte coa Iliria romana e ao oeste co mar Xónico, ao sur Épiro e ao leste Macedonia.

Arredor do ano 65 a. C. os límites da Iliria (Illyricus Limes) estaban conformados polas provincias de Nórico, Panonia Inferior e Superior, Mesia Inferior e Superior, Dacia e Tracia. Esta situación administrativa continuou ata a época de Constantino I, que segregou Mesia Inferior e Tracia pero incorporou Macedonia, Tesalia, Acaia, Epirus Vetus, Epirus Nova, Praevalitana amais Creta, que sería unha das catro Prefecturas Pretorianas nas que o Imperio se dividiría.

No 375 Iliria oriental con Macedonia, Tesalia, Epiro vello, Epiro novo, Acaia, Prevalitana e Creta foron incorporadas ao Imperio de Oriente e Nórica, Panonia, Dalmacia Savia e Valeria Ripense ao Imperio de Occidente.

A fins do século III, Diocleciano dividiu a provincia de Iliria ou Dalmacia en dúas; ao oeste Dalmacia e ao leste Prevalitana.

  1. Mitchell, A, An ancient geography, classical and sacred, p. 215
  2. Smith, W. Dictionary of Greek and Roman Geography.
  3. Wilkes, J, The Illyrians (The Peoples of Europe), (1996) p. 208
  4. Chapot, V, Parker, E. E, The Roman World History of civilization (1997), p. 268;
  5. Encyclopædia Britannica (2002),
  6. Smith, W, Dictionary of Greek and Roman Geography
  7. Mocsy, S. F, "Pannonia and Upper Moesia", A History of the Middle Danube Provinces of the Roman Empire, p. 152
  8. Wilkes, J. J. The Illyrians (The Peoples of Europe), p. 203

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy