Saltar ao contido

John Stuart Mill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Stuart Mill
Biografía
Nacemento20 de maio de 1806 Editar o valor en Wikidata
Islington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1873 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteerisipela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière Saint-Véran (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do 19º Parlamento do Reino Unido
11 de xullo de 1865 – 11 de novembro de 1868 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Westminster (en) Traducir

Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, Igualitarismo, oficinista, autobiógrafo, economista, político, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1900 Editar o valor en Wikidata)
EmpregadorCompañía Británica das Indias Orientais Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo, Igualitarismo, Utilitarismo e Liberalismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJeremy Bentham Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaMill family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHarriet Taylor Mill Editar o valor en Wikidata
PaiJames Mill Editar o valor en Wikidata
ParentesHelen Taylor, stepchild Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Larousse en liña
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Милль Джон Стюарт)
Q22341367 Traducir, (sec:Mill, 2. John Stuart M., p.514-520) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX982464 WikiTree: Mill-214 Find a Grave: 8534586 Editar o valor en Wikidata
John Stuart Mill.

John Stuart Mill, nado en Londres o 20 de maio de 1806 e finado en Aviñón o 8 de maio de 1873, foi un filósofo, economista e político inglés, un dos pensadores liberais máis influentes do século XIX. Harriet Taylor Mill é posíbel coautora de parte da súa obra.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Essays on economics and society, 1967

Fillo do filósofo e historiador escocés James Mill, de tendencia liberal radical, recibiu unha educación rigorosa, estudou grego aos tres anos e despois latín, filosofía, álxebra e lóxica. O seu pai pretendía que o neno puidese liderar a causa do utilitarismo no futuro. Entre 1820 e 1821 viviu en Francia con Samuel Bentham e á volta a Inglaterra ingresou na East India Company. En 1823 fundou con Jeremy Bentham a revista Westminster Review para a difusión do pensamento democrático radical.

Moi influído polo pensamento de Auguste Comte e Alexis de Tocqueville, o seu primeiro libro importante foi A System of Logic (1843), ao que seguiu ao ano seguinte os Essays on Some Unsettled Questions of Political Economy. En 1848 publicou Principles of Political Economy. On Liberty publicouna en 1859 como unha resposta a De la démocratie en Amérique de Tocqueville, sostén que o individuo é libre por natureza e que os dereitos existen só para asegurar a liberdade. En 1869 publicou The Subjection of Women, que marca o comezo do feminismo liberal.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

O utilitarismo, defendido por Mill, baséase en que aquilo que resulta útil e práctico para acadar a felicidade é bo. Segundo o filósofo, dado que as persoas desexan a felicidade, deben asegurarse todos os medios que lles axuden a cumprir este obxectivo. Por felicidade, Mill entende, ao igual que os epicúreos, o pracer, entendido fundamentalmente como a ausencia de dor.

É importante subliñar que tal idea da felicidade non ten connotacións egoístas, senón altruístas, é dicir, o ben dos demais é tan importante ou máis que o ben propio. Por iso mesmo, o que Stuart Mill pretende co seu utilitarismo é buscar un modelo de felicidade válido para o maior número posíbel de persoas. É por iso que o seu pensamento afonda na relación existente entre ética, política e economía. O filósofo inglés pensa que para que todo o mundo teña acceso á felicidade é básico mellorar as súas condicións sociais debidas (sanidade, educación, cultura, liberdade etc). No caso de que a felicidade individual entre en contradición coa felicidade do colectivo, Mill recomenda a renuncia e o sacrificio do ben individual en favor do ben xeral.

É un dos primeiros autores que defende a idea de "estado de benestar", é dicir, a idea de que a función principal do estado e da política é, e debe ser, procurar garantir as mellores condicións de vida posíbeis para os seus cidadáns. Ademais, Mill foi o primeiro que defendeu na cámara dos comúns ideas coma o sufraxio universal, a igualdade de dereitos da muller, e máis a axuda estatal para o desempregados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy