Jumbo-Visma
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Jumbo-Visma é un equipo ciclista profesional de categoría UCI ProTour, fundado en 1984, con sede nos Países Baixos. Trátase dun dos equipos máis veteranos do pelotón internacional. As súas cores tradicionais son o laranxa e o azul.
Historia
[editar | editar a fonte]Ó longo da súa historia tivo diversas denominacións, dependendo dos patrocinadores principais do equipo. Así, a seguinte lista amosa os distintos nomes cos que foi coñecido este equipo dende 1984 até 2015:
- Kwantum-Decosol (1984-1986)
- Superconfex-Yoko (1987-1989)
- Buckler-Colnago (1990-1992)
- WordPerfect (1993-1994)
- Novell (1995)
- Rabobank (1996-2012)
- Blanco (2013)
- Belkin (2013-2014)
- Team LottoNL-Jumbo (2015-2018)
- Jumbo-Visma (2019-)
Éxitos
[editar | editar a fonte]Os máis salientables éxitos do equipo no ciclismo en ruta chegáronlle da man de Denis Menchov e Óscar Freire:
- Giro de Italia (1): 2009 (Denis Menchov)
- Vuelta a España (2): 2005, 2007 (Denis Menchov)
- Campionato do Mundo de ciclismo en ruta (1): 2004 (Óscar Freire)
Outros corredores como Erik Breukink, Michael Boogerd, Erik Dekker, Michael Rasmussen, Thomas Dekker, Lars Boom, Robert Gesink e Luis León Sánchez teñen sumado varias vitorias menores no palmarés do equipo.