Saltar ao contido

Lista de reis suevos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa político do Suroeste europeo arredor entre os anos 550-600 d. C. onde se reflicten tres diferentes territorios, a Galicia (Gallaecia), gobernada polos reis suevos, e a España (Hispania) e Septimania gobernada polos reis visigodos.
Hermerico, primeiro rei suevo, no Corpus Pelagianum.

A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d. C., o entendemento coa poboación galaica e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un reino de Galicia. Así o pon de relevo nesa centuria o papa León I ao denominalo Galliciae Regno[1], e o mesmo fai o erudito franco Gregorio de Tours xa a finais do século VI, quen o chama Galliciense Regnum[2].

Na obra de Gregorio de Tours preséntase a Carriarico[3], Miro[4], Eurico[5] e Andeca[6] como monarcas galegos, e do mesmo xeito actúa a crónica de Fredegario (ca. 650) con Miro[7], as actas do concilio de Lugo (569) con Teodomiro[8][9], e o bispo Xoán Biclarense († ca. 621) quen sinala a Andeca como monarca do reino suevo de Galicia[10].

Lista de reis suevos en Galiza

[editar | editar a fonte]
Liña temporal dos reis suevos.
O rei Ariamiro (ou Teodomiro) xunto aos bispos André, Lucrecio e Martiño no Codex Vigilanus.
O rei Miro con Martiño de Dumio en De virtutibus quattuor.

Primeira liñaxe real (409-456)

[editar | editar a fonte]
Rei Data Notas
Hermerico 409-438
Requila 438-448 asociado ao trono en 438 polo seu pai Hermerico. Rei único a partir do 441[11]
Requiario 448-456 Derrotado polo rei visigodo Teodorico II

Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)

[editar | editar a fonte]
Rei Data Notas
Frantán 456-457 Reinou na parte norte.
Aguiúlfo 456-457 Enviado polo rei visigodo, desertou e fíxose recoñecer por unha parte dos suevos[12][13] (no sur).

Posteriormente, foi polos visigodos de Teodorico II.[14]

Maldras 457-460 A elección de Maldras non foi recoñecida por tódolos suevos[15][16] polo que é probable que fose elixido pola facción que apoiara a Aguiúlfo.[17]
Frumario 460-464
Requimundo 459-463 457-?: ¿Requimundo o Remismundo?. Non está claro se foron dúas persoas ou unha soa.

A crónica de Hidacio dá a entender que é o mesmo personaxe.[18] De acordo con isto existe a hipótese de que puido cambia-lo nome a Remismundo, nome de orixe goda, coma un acto de submisión ao rei visigodo.[19]

Remismundo 459-469 Reunifica o reino no 463. Os estudosos que non recoñecen que Requimundo e Remismundo fosen a mesma persoa, indican que foi proposto polos visigodos trala morte de Frumario e recoñecido rei por tódolos suevos.[20][21]

Período Escuro (469-550)

[editar | editar a fonte]
Rei Data Notas
Hermenerico Aínda que se coñecen os nomes de Veremundo e Teodemundo, o seu carácter histórico é dubidoso.[22] Outras crónicas menos fidedignas e posteriores mencionan varios reis baixo os nomes de Hermenerico II, Riciliano e Requiario II.[23]
Veremundo
Teodemundo

Período final da monarquía sueva (550-585)

[editar | editar a fonte]
Rei Data Notas
Carriarico 550-559
Teodomiro 559-570
Miro 570-583 ou Mirón[11]
Eborico 583-584 ou Eurico

Fin da monarquía sueva

[editar | editar a fonte]
Rei Data Notas
Andeca 584-585 Caudillo que se opuxo a Leovixildo e foi derrotado por este[11] cando no 585 intervén en Galicia co pretexto de destronalo e repoñer no trono a Eborico.

Porén, unha vez instalado coas súas tropas, Leovixildo usurpa o trono, marcando a fin do goberno e da monarquía sueva no reino de Galicia

Malarico 585 Trala conquista visigoda é recoñecido rei por unha parte dos suevos.[22]
  1. León I (447). De haeresi et historia Priscillianistarum (en latín). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2021. Consultado o 08 de marzo de 2021. (…) et Bracarensibus synodis in Galliciae regnis apostolicae sedis decreto habitis” “(…) ad alia concilia in Galliciae regno 
  2. de Tours, Gregorio. Historia Francorum VI. p. 43. Galliciensim regnum 
  3. de Tours, Gregorio. Libri de virtutibus sancti Martini episcopi I. Chararici cuiusdam regis Galliciae filius graviter aegrotabat 
  4. de Tours, Gregorio. Historia Francorum V. p. 41. Mirus rex Galliciensis", "Mironis Galliciensis regis 
  5. de Tours, Gregorio. Historia Francorum VI. p. 43. Eurichus (...), regnum Galliciensim suscepit 
  6. de Tours, Gregorio. Historia Francorum 6. p. 43. Audica, (...) Galliciensim regnum obtenuit. 
  7. ., Fredegarius. Chrónicon III. p. 116. Mironis regis Galliciae 
  8. Tejada y Ramiro, Juan, ed. (1855). Actas concilio de Lugo (Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de Espana ed.). p. 654. ego Theodomirus rex cognomento et Mirus, Galleciae totius provinciae rex 
  9. de Gembloux, Sigeberto. "XIX". De scriptoribus ecclesiasticis. Theudomirum [al. Mironem] regem Galliciae 
  10. Biclarensis, Iohannes (584). Chronicon. Audeca in Gallaecia Suevorum regnum 
  11. 11,0 11,1 11,2 Costa, Ricardo. "Cronologia da Península Ibérica (379-1500)". ricardocosta.com. Consultado o 3-9-2019. 
  12. Díaz Martínez (2007), pp. 291-292
  13. Díaz Martínez (2007), pp. 298-299
  14. Valverde Castro (2000), pp. 56-57
  15. Sayas & Abad (2013), p. 264
  16. Arce (2013), p. 132
  17. Díaz Martínez (2007), p. 299
  18. Díaz Martínez (2007), pp. 300-301
  19. Díaz Martínez (2011), p. 94
  20. Sayas & Abad (2013), p. 267
  21. Arce (2013), p. 133
  22. 22,0 22,1 Díaz Martínez (2011), p. 293
  23. Arias (2011), pp. 105-106

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arce, Javier (2013). Bárbaros y romanos en Hispania: (400-507 A.D.) (en castelán). Madrid: Marcial Pons Historia. ISBN 9788415817048. 
  • Díaz Martínez, Pablo C. (2007). Hispania tardoantigua y visigoda (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 9788470904820. 
  • López Carreira, Anselmo; Fernández Cal, Tucho (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1. 
  • Sayas Abengochea, Juan José; Abad Varela, Manuel (2013). Historia antigua de la península ibérica. Época tardoimperial y visigoda (en castelán) II. Madrid: Editorial UNED. ISBN 9788436265347. 
  • Valverde Castro, María R. (2000). Ideología, simbolismo y ejercicio del poder real en la monarquía visigoda: un proceso de cambio (en castelán). Salamanca: Universidade de Salamanca. ISBN 9788478009404. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy