Saltar ao contido

Requila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRequila
Biografía
Nacementoc. 400 Editar o valor en Wikidata
Xermania Magna, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte448 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Mérida, España Editar o valor en Wikidata
Rei dos suevos Gallaecia
438 – 448
← HermericoRequiario → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónPaganismo xermánico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Imperio Romano de Occidente Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FillosRicimer, Requiario Editar o valor en Wikidata
PaiHermerico Editar o valor en Wikidata

Requila ou Réquila, nado sobre o 410 e falecido no 448, foi o segundo monarca Reino suevo de Galicia, sucedendo ao seu pai Hermerico.[1] No seu relativamente curto reinado realizou unha grande expansión do reino e conseguiu consolidalo defendéndoo dos vándalos e do propio Imperio Romano.

Expansións

[editar | editar a fonte]
Dominios da monarquía sueva e extensión do reino de Galicia durante as consquistas de Requila (438-448).

Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo dende anos atrás e o asociou ao trono. Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu ao clero priscilianista. Fixo novas alianzas coas bagaudas, bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios.

Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética tratando de encher o baleiro deixado polos retirados vándalos e alanos. Derrotou no 438 a Andevoto, dux romano, segundo Isidoro de Sevilla, ou un xefe local segundo outras fontes, na batalla do Genil, preto río Singilis (Genil).[2][3]

Lusitania

[editar | editar a fonte]

No 439 dirixiu os seus exércitos á Lusitania, sitiou e conseguiu a capitulación[4] de Augusta Emerita,[3] que máis tarde converteu en corte. Acudiu, enviado como legado romano, o conde Censorio co obxectivo de lograr un acordo pero foi feito prisioneiro en Myrtilis Lulia (Mértola).[3]

Requila, xa como único rei, continuou a súa campaña apoderándose de Hispalis (Sevilla) no 441.[3][4] Xa baixo o control dos suevos, as xa dominadas Gallaecia e Lusitania, engadíronselles a Bética e parte da Cartaxinense.[3] Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. As conquistas de Requila acadaron a maior expansión territorial da monarquía sueva na península.

Defensa do reino

[editar | editar a fonte]

Incursións vándalas

[editar | editar a fonte]

Os vándalos fixéronse fortes en África, despois de que no 439 Xenserico conseguira Cartago, capturando toda frota alí atracada. Con este movemento fixo aos vándalos donos do Mediterráneo Occidental, apoderándose de bases marítimas de gran valor estratéxico e comercial: as Illas Baleares, Córsega, Sicilia e Sardeña. Tamén ao suevos aos que lles fan pequenas incursións ao longo do expandido reino, a máis sonada foi no 445 na costa de Gallaecia, en Turonio, preto de Ponte Caldeas, pero foi rexeitada.

Campaña romana contra os suevos

[editar | editar a fonte]

Vito, magister militium baixo Valentiniano III, no ano 446 comandou un exército formado por federados godos e soldados romanos que se dirixiu a Hispania para loitar contra os suevos.​ Os motivos da campaña non están moi claros. Por unha banda, pénsase que foi unha operación na que, ademais de loitar contra estes, buscábase castigar aos terratenentes de Bética e Cartaxinense pola súa colaboración cos bárbaros. Outra versión inclínase por enmarcala no contexto dos preparativos de Aecio para reconquistar a provincia de África recentemente perdida ante os vándalos de Xenserico.

Hidacio fixo unha breve descrición da campaña de Vito onde resaltou que someteu aos grandes terratenentes a fortes impostos para pagar o mantemento das súas tropas. Requila partiu co seu exército dende Lusitania e conseguiu derrotar a Vito nun lugar non determinado.​ Ante esta situación, Vito decidiu fuxir co resto das súas tropas mentres que os suevos procederon a saquear as dúas provincias hispanas como castigo á poboación pola súa colaboración co exército romano.

Relixión

[editar | editar a fonte]

Rexurdimento do Priscilianismo

[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos de reinado, descubriuse en Asturica Augusta (Astorga) unha seita maniquea que revelaba un rexurdir do Priscilianismo, o que motivou o envío dun informe ao Papa de Roma, León I. Este remitiu un escrito acerca do Priscilianismo no que indicaba que o rexurdimento herético era consecuencia das turbulencias que naqueles tempos se vivían na Gallaecia.

Rechila morreu como pagán no 448 en Emerita: gentilis moritur ("morre xentil") de acordo a Hidacio, pero Isidoro de Sevilla, escribindo máis de século e medio despois, e cuxa fonte foi Hidacio, di ut ferunt, gentilitatis vitam finivit ("rematou a súa vida como xentil, ou iso din"). De tódalos xeitos, Isidoro probablemente fixo unha interpretación precipitada polo feito de que o fillo e sucesor Requiario fose o primeiro rei católico.[5] Algúns historiadores afirman que Requila criou a Requiario no catolicismo para fomentar as boas relacións coa Igrexa e lograr a fácil conversión dos suevos mais outros, como E. A. Thomson, rexeitan esta hipótese.[6]

Requila puido ser o pai, ou quizais tío, do magister militum Ricimero.

  1. Afonso IX (1289). Menéndez Pidal, ed. Estoria de España (PDF) (1977 ed.). Depues de la muerte de Hermerico finco Riquila su fijo por rey de Gallizia (..) 
  2. Thompson (1982), p. 173.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Bleiberg (1979), p. 462
  4. 4,0 4,1 Thompson (1982), p. 172.
  5. Thompson (1982), p. 218 e 306 n.30
  6. Thompson (1982), p. 79

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Requila: Un reino en expansión .
(Nós Diario, 02.09.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Requila
Nacemento:  ? Falecemento: 448


Títulos Reais
Precedido por
Hermerico


Rei de Galicia
438–448
Sucedido  por
Requiario
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy