Luigi Musso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1924 Roma (Italia) |
Morte | 6 de xullo de 1958 (33 anos) Reims (Francia) |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Cemitério Monumental de Verona (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Luigi Musso nado en Roma o 28 de xullo de 1924 e finado en Reims-Gueux o 6 de xullo de 1958, foi un piloto italiano de Fórmula 1.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Musso comezou a súa carreira como piloto de coches deportivos antes de debutar nun circuíto de Fórmula 1 o 17 de xaneiro de 1954, pilotando un Maserati. En 1954 gañou o Coppa Acerbo, unha carreira de Fórmula 1 fóra de campionato. En Zandvoort, no Gran Premio dos Países Baixos de 1955, Musso obtivo o terceiro lugar nun Maserati.[1] No final da tempada de Fórmula 1 de 1955 cambiouse a Ferrari. Compartiu a vitoria no Gran Premio da Arxentina de 1956 con Juan Manuel Fangio, pero, a súa tempada foi interrompida logo dun accidente nunha carreira de autos deportivos en Nürburgring.
Musso gañou nun Ferrari 3500 na cidade de Buenos Aires nunha carreira de autos deportivos, o 20 de xaneiro de 1957. Era o piloto do terceiro coche. Stirling Moss terminou en segundo lugar cun Maserati 3000. Un segundo Ferrari 3500, pilotado por Eugenio Castellotti, chegou en terceiro lugar. O equipo Ferrari gañou oito puntos no Campionato do Mundo de 1957.[2] No mesmo ano gañou o Grand Prix de la Marne. De la Marne tampouco formaba parte do Campionato de Pilotos, Musso con todo terminou terceiro na clasificación xeral da tempada.
Morte
[editar | editar a fonte]Musso resultou ferido mortalmente nun accidente durante o Gran Premio de Francia de 1958 en Reims, Francia cando o Ferrari precipitouse fóra da pista na 10ª volta das 50 da carreira.[3] Mentres perseguía ao líder, Mike Hawthorn seu compañeiro en Ferrari, perdeu o control do seu Ferrari na grande curva do Calvario e saiuse da pista a 250 km/h., golpeou unha gabia e deu un salto mortal. Hawthorn[4] gañou a carreira. Musso foi trasladado en helicóptero a un hospital con feridas mortais na cabeza e morreu máis tarde, ese mesmo día.
Rivalidade con Hawthorn e Collins
[editar | editar a fonte]Moitos anos logo da morte de Peter Collins, Fiamma Breschi, a noiva de Luigi Musso no momento da súa morte, revelou a natureza da rivalidade entre Collins e Hawthorn co seu compañeiro de Ferrari o piloto Luigi Musso no documental de televisión, A vida secreta de Enzo Ferrari. Breschi recordou que o antagonismo entre Musso e os dous pilotos ingleses alentou aos tres a tomar máis riscos dos debidos:
"Os ingleses (Hawthorn e Collins) tiñan un acordo", dixo ela. "Se calquera deles gañaba, compartían as ganancias por igual. Eran eles dous contra Luigi, que non formaba parte do acordo. A unión facía a forza, e uníronse na súa contra. Este antagonismo era en realidade favorable e non prexudicial para Ferrari. Canto máis rápido ían os pilotos, máis probable era que gañara un Ferrari."
Breschi contou que Musso tiña débedas no momento da súa morte, e o diñeiro por gañar o Gran Premio de Francia de 1958 (tradicionalmente o maior premio monetario da época), era moi importante para el. Logo de visitar o mortalmente ferido Musso no hospital, Breschi devolta no seu hotel, foi informada co resto do equipo Ferrari polo director do equipo, que esa tarde Musso morrera.[5]
A finais dese ano, Collins e Hawthorn tamén morreron, e Breschi non puido reprimir un sentimento de liberación. "Eu odiábaos", dixo ela, "en primeiro lugar porque era consciente de certos feitos que non estaban ben, e tamén porque cando saín do hospital e regresei ao hotel, atopeinos na praza do hotel, rindo e xogando un partido de fútbol cunha lata de cervexa baleira. Así que cando morreron, tamén, foi liberador para min. Pola contra tería sentimentos desagradables cara a eles para sempre. Deste xeito puiden atopar un sentimento de paz".[6]
Logros na súa carreira
[editar | editar a fonte]Durante a súa carreira na F1, Luigi Musso gañou un Gran Premio do Campionato Mundial, logrou 7 podios, e anotou un total de 44 puntos no campionato.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Officine Alfieri Maserati | Maserati A6GCM | Maserati Straight-6 | ARX |
500 |
NED |
BEL |
FRA |
RU |
ALE |
SUI |
ITA 7 † |
NC | 0 | ||
1954 | Officine Alfieri Maserati | Maserati A6GCM/250F |
Maserati Straight-6 | ARX NTS |
500 | BEL | FRA | RU | ALE | SUI | 8º | 6 | ||||
Maserati 250F | ITA Ret |
ESP 2 |
||||||||||||||
1955 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX 7 ‡ |
MON Ret |
500 | BEL 7 |
NED 3 |
RU 5 |
ITA Ret |
10º | 6 | ||||
1956 | Scuderia Ferrari | Lancia D50 | Ferrari V8 | ARX 1 * |
MON Ret |
500 | BEL | FRA | RU | ALE Ret |
ITA Ret |
11º | 4 | |||
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia D50A | Ferrari V8 | ARX Ret |
MON | 500 | 3º | 16 | ||||||||
Ferrari 801 | FRA 2 |
RU 2 |
ALE 4 |
PES Ret |
ITA 8 |
|||||||||||
1958 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX 2 |
MON 2 |
NED 7 |
500 | BEL Ret |
FRA Ret |
RU | ALE | POR | ITA | MOR | 8º | 12 |
- † Indica unidade compartida con Sergio Mantovani.
- ‡ Indica unidade compartida con Sergio Mantovani e Harry Schell.
- * Indica unidade compartida con Juan Manuel Fangio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fangio Captures Dutch Grand Prix, Long Beach Independent, June 20, 1955, Page 15.
- ↑ Ferraris Nip Maserati, Lima, Ohio News, January 21, 1957, Page 19.
- ↑ Luigi Musso Is Killed In Race Crash, Fresno Bee Republican, July 7, 1958, Page19
- ↑ Hawthorn in Race Victory, Los Angeles Times, July 7, 1958, Page C4
- ↑ Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
- ↑ Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luigi Musso |