Río Carregal
Río Carregal | |
---|---|
Ponte tradicional sobre o Carregal. | |
País | Galicia |
Conca | Río Mandeo |
Desembocadura | Río Deo |
Bacía do Mandeo na Costa Ártabra. | |
Esquema do río e do paseo fluvial | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
O río Carregal[1] ou río do Carregal[2] é un curso fluvial galego, afluente do río Deo, que discorre polo concello de Curtis.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[3] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza[4][5] que nace nese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín Carex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale[6].
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace e morre na parroquia e concello de Curtis. O seu nacemento prodúcese a carón da N-634, á altura de Teixeiro, ó se uniren o rego de Abaixo e o rego do Medio.[7] Atravesa en dirección norte a parroquia de Curtis, deixando á marxe esquerda os lugares do distrito de Santaia e á marxe dereita os do distrito de Teixeiro. No seu camiño recibe as augas dalgún regato menor. Preto da Ponte, no límite entre as parroquias de Curtis e Fisteus, forma o río Deo xunto co río Carballido. Mentres que algúns autores consideran que o Carregal é o curso alto do río Deo,[8] outros consideran que é o Carballido.[9]
Unha ruta de sendeirismo chamada Paseo Fluvial do Carregal acompaña parte do curso do río. Conecta co Centro Etnográfico do Río Mandeo, situado en Teixeiro.[10]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Restos do muíño do Carregal.[11]
-
Paseo Fluvial do Carregal.
-
O Carregal desbordado baixo a ponte ferroviaria da liña León-A Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proxecto Mandeo. SM-02 Rio Carregal (sinal indicador).
- ↑ Proxecto Mandeo. SM-02 O Carregal (panel informativo).
- ↑ Guégués, Helder (1 de outubro de 2019). "Léxico: «carrega»". Linguagista (en portugués).
- ↑ Carré Alvarellos, Leandro (1979). "Carregal". Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego (5.ª ed.). A Coruña: Moret.
Carré Alvarellos, Leandro (1979). "Cárrega". Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego (5.ª ed.). A Coruña: Moret. - ↑ A. Estraviz, Isaac. "carregal". Dicionário Estraviz (web ed.). AGAL.
A. Estraviz, Isaac. "carrega". Dicionário Estraviz (web ed.). AGAL. - ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 174-175. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Folla 71-I titulada Curtis do ano 2014 do Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25000.
- ↑ Memoria (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Curtis. 2007. p. 33.
- ↑ Dalda González, Jenaro (1972). Vegetación de la cuenca del río Deo (Cuenca alta del Mandeo) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 12.
- ↑ "SM.02 - Ruta Paseo Fluvial de Carregal". Río Mandeo.
- ↑ Fichas de Curtis (PDF) (Informe). Estudo "Proxecto Mandeo": Estado cero. Panorámica actual da conca hidrográfica dos ríos Mandeo e Mendo no que respecta aos obxectivos do proxecto Mandeo (en castelán). Deputación da Coruña. 2009. p. 108. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Carregal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pontes sobre este curso de auga (mapa/imaxes) en Wikidata.
- García Roldán, Alberto (marzo de 2018). "SM - O2 Paseo Fluvial de Carregal, Curtis". Galicia Pueblo a Pueblo (en castelán).