Saltar ao contido

Río Carregal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Carregal
Ponte tradicional sobre o Carregal.
PaísGalicia Galicia
ConcaRío Mandeo
DesembocaduraRío Deo
     Bacía do Mandeo na Costa Ártabra.
Esquema do río e do paseo fluvial
Unión dos regos de Abaixo e do Medio
 N-634 
Ó Centro Etnográfico do Mandeo
Estrada Teixeiro-A Cerdeira
Liña León-A Coruña
Parque do Carregal
Estrada O Penedo-O Río
Ponte tradicional
Pontella
Afluente
Unión co río Carballido
Río Deo

O río Carregal[1] ou río do Carregal[2] é un curso fluvial galego, afluente do río Deo, que discorre polo concello de Curtis.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[3] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza[4][5] que nace nese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín Carex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale[6].

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace e morre na parroquia e concello de Curtis. O seu nacemento prodúcese a carón da N-634, á altura de Teixeiro, ó se uniren o rego de Abaixo e o rego do Medio.[7] Atravesa en dirección norte a parroquia de Curtis, deixando á marxe esquerda os lugares do distrito de Santaia e á marxe dereita os do distrito de Teixeiro. No seu camiño recibe as augas dalgún regato menor. Preto da Ponte, no límite entre as parroquias de Curtis e Fisteus, forma o río Deo xunto co río Carballido. Mentres que algúns autores consideran que o Carregal é o curso alto do río Deo,[8] outros consideran que é o Carballido.[9]

Unha ruta de sendeirismo chamada Paseo Fluvial do Carregal acompaña parte do curso do río. Conecta co Centro Etnográfico do Río Mandeo, situado en Teixeiro.[10]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Proxecto Mandeo. SM-02 Rio Carregal (sinal indicador). 
  2. Proxecto Mandeo. SM-02 O Carregal (panel informativo). 
  3. Guégués, Helder (1 de outubro de 2019). "Léxico: «carrega»". Linguagista (en portugués). 
  4. Carré Alvarellos, Leandro (1979). "Carregal". Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego (5.ª ed.). A Coruña: Moret. 
    Carré Alvarellos, Leandro (1979). "Cárrega". Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego (5.ª ed.). A Coruña: Moret. 
  5. A. Estraviz, Isaac. "carregal". Dicionário Estraviz (web ed.). AGAL. 
    A. Estraviz, Isaac. "carrega". Dicionário Estraviz (web ed.). AGAL. 
  6. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 174-175. ISBN 84-95892-53-7. 
  7. Folla 71-I titulada Curtis do ano 2014 do Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25000.
  8. Memoria (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Curtis. 2007. p. 33. 
  9. Dalda González, Jenaro (1972). Vegetación de la cuenca del río Deo (Cuenca alta del Mandeo) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 12. 
  10. "SM.02 - Ruta Paseo Fluvial de Carregal". Río Mandeo. 
  11. Fichas de Curtis (PDF) (Informe). Estudo "Proxecto Mandeo": Estado cero. Panorámica actual da conca hidrográfica dos ríos Mandeo e Mendo no que respecta aos obxectivos do proxecto Mandeo (en castelán). Deputación da Coruña. 2009. p. 108. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy