Saltar ao contido

Ruán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRuán
Rouen (fr) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°26′35″N 1°06′09″L / 49.4431, 1.1025
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsNormandía
DepartamentoSeine-Maritime
DistritosArrondissement de Ruão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación114.083 (2021) Editar o valor en Wikidata (5.335,97 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921731 Traducir
Q3551128 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie21,38 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sena Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m-2 m-152 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Rotomagus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
maio de 1204Siege of Rouen (en) Traducir
31 de xullo de 1418Siege of Rouen (en) Traducir
19 de outubro de 1449Siege of Rouen (en) Traducir
28 de setembro de 1562Siege of Rouen (en) Traducir
decembro de 1591Cerco de Rouen (1591-1592) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataNicolas Mayer-Rossignol (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal76000 e 76100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Norwich (1959–)
Hannover (1966–)
Ningbo (1990–)
Salerno (2002–)
Jeju (2004–)
Cleveland (2008–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webrouen.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villerouen76 Twitter: Rouen Instagram: villederouen LinkedIn: rouen Youtube: UCyOUA6e1rm-XZBkSXCy8Jcw BNE: XX455932 Editar o valor en Wikidata

Ruán[1] (en francés: Rouen) é unha cidade do noroeste de Francia, capital da rexión de Normandía e do departamento do Sena Marítimo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade está atravesada polo Sena e tres pequenos afluentes del, o Aubette, o Robec e o Cailly. O Sena representa 179 ha da superficie da comuna, 306 ha son espazos verdes e 210 km están ocupados por vías.

Entre 1990 e 1999 o crecemento natural da poboación foi superior á media nacional francesa, con taxas anuais do 15,31 % para a natalidade e 8,96 % para a mortalidade.

Coñecida dende os tempos da Galia romana baixo o nome de Rotomagus, a cidade converterase na capital do ducado de Normandía despois de que Rollon, xefe viquingo a recibise do rei Carlos III de Francia polo tratado de Saint-Claire-sur-Epte no 911.

O 19 de xaneiro de 1419, durante a guerra dos Cen Anos, o rei Henrique V de Inglaterra tomou a cidade de Ruán e incorporou Normandía á coroa británica. É daquela que Xoana de Arco foi xulgada e queimada aquí o 30 de maio de 1431. Calros VII recuperou a cidade dos ingleses en 1449 logo dun sitio que durou 10 días e reincorporou Normandía a Francia ó ano seguinte.

Durante a guerra franco-alemá de 1870, Ruán será ocupada polo exército prusiano. O mesmo sucederá no percurso da segunda guerra mundial do 9 de xuño de 1940 ata o 15 de agosto de 1944. Neste conflito sufrirá violentos bombardeos danando sobre todo as pontes sobre o Sena e o porto de Sotteville-lès-Rouen.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Victor Hugo chamábaa a cidade dos cen campanarios. Moitos edificios foron destruídos polos bombardeos durante a segunda guerra mundial pero quedan aínda, afortunadamente, moitos edificios salientables, tanto relixiosos como civís.

  • A abadía de Saint-Ouen é particularmente impoñente cos seus 130 m de longo. É de estilo gótico rayonnant.
  • A catedral gótica inspirou particularmente a Claude Monet. Posúe, no cruceiro do transepto, unha "torre-lanterna" coroada por unha frecha que culmina nos 151 m de altura (é a máis alta de Francia). A fachada occidental está encadrada por dúas torres, a torre Saint-Romain e a Tour de Beurre (Torre de manteiga) edificada cos cartos das indulxencias de Coresma.
  • A igrexa Saint-Maclou é de estilo gótico flamboyant. Moi preto está o Aître Saint-Maclou, que foi utilizado como osario despois da gran peste.
  • O Palais de justice é o edificio civil de estilo gótico máis grande de Francia, baixo o cal se atopou o máis antigo monumento xudeu de Europa.
  • O Gros Horloge (Gran Reloxo) é un reloxo astronómico do século XIV, situado nunha construción que cruza a rúa do Gros Horloge.

Dende a Idade Media, e mesmo antes, o porto constitúe unha parte preponderante da actividade da cidade a causa da súa situación estratéxica entre París e a Canle da Mancha onde as mareas son aínda perceptibles.

Aínda que estea a 80 km en barco do esteiro (6 horas de navegación), o porto é á vez fluvial e marítimo, capaz de recibir barcos moi importantes (ata 280 m de longo e 150.000 toneladas).

Ruán non é máis que o 28º porto europeo e o 5º francés detrás de Marsella (3º europeo), Le Havre (5º), Dunkerque (13º) e Saint-Nazaire (18º), pero é o primeiro porto europeo para cereais e o primeiro francés para a fariña. O tráfico petrolífero é moito menor que o de Le Havre, pero non por iso desprezable tendo en conta a proximidade da refinaría de Le Petit-Couronne.

Os máis grandes veleiros do mundo se dan cita en Ruán cada 4 ou 5 anos. Este evento foi bautizado "Voiles de la liberté" (Veleiros da Liberdade) en 1989, "Armada de la liberté" (Armada da Liberdade) en 1994 e "Armada du siècle" (Armada do século) en 1999. A última edición, "Armada Rouen 2003" en xullo de 2003 acolleu 50 navíos, 6.000 tripulantes de 20 nacionalidades diferentes, 10 millóns de visitantes, e ducias de actos e de animacións....

Administración

[editar | editar a fonte]

A aglomeración ruanesa foi organizada progresivamente, formando finalmente un distrito en 1995. Este foi transformado en "communauté d'agglomération" no 2000, e ten 34 comunas: Amfreville-la-Mi-Voie, Belbeuf, Bihorel, Bois-Guillaume, Bonsecours, La Bouille, Canteleu, Darnétal, Déville-lès-Rouen, Fontaine-sous-Préaux, Franqueville-Saint-Pierre, Grand-Couronne, Le Grand-Quevilly, Le Houlme, Houppeville, Isneauville, Malaunay, Maromme, Le Mesnil-Esnard, Mont-Saint-Aignan, Moulineaux, Notre-Dame-de-Bondeville, Oissel, Petit-Couronne, Le Petit-Quevilly, Roncherolles-sur-le-Vivier, Ruán, Saint-Aubin-Épinay, Saint-Étienne-du-Rouvray, Saint-Jacques-sur-Darnétal, Saint-Léger-du-Bourg-Denis, Saint-Martin-du-Vivier, Sotteville-lès-Rouen, Val-de-la-Haye.

Ruán está dividido en 7 cantóns:

  • O 1º cantón ten 19.964 habitantes;
  • O 2º cantón ten 13.643 habitantes;
  • O 3º cantón ten 12.033 habitantes;
  • O 4º cantón ten 11.153 habitantes;
  • O 5º cantón ten 15.671 habitantes;
  • O 6º cantón ten 20.682 habitantes;
  • O 7º cantón ten 13.446 habitantes.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ruán.. Definición para a acepción segunda: [tecido] de liño ou algodón estampado en cores que se fabricaba na cidade francesa dese nome.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy