Ruán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Rouen (fr) | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Estado | Francia | ||||||||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||||||
Rexións | Normandía | ||||||||||
Departamento | Seine-Maritime | ||||||||||
Distritos | Arrondissement de Ruão (pt) | ||||||||||
Capital de | Seine-Maritime canton of Rouen-6 (en) canton of Rouen-5 (en) canton of Rouen-4 (en) Ducado de Normandía canton of Rouen-7 (en) Arrondissement de Ruão (pt) Normandía Alta Normandía Normandía canton of Rouen-3 (en) (2015–) canton of Rouen-1 (en) (2015–) canton of Rouen-2 (en) (2015–) | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 114.083 (2021) (5.335,97 hab./km²) | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921731 Q3551128 | ||||||||||
Superficie | 21,38 km² | ||||||||||
Bañado por | Río Sena | ||||||||||
Altitude | 10 m-2 m-152 m | ||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Precedido por | |||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
• Alcalde | Nicolas Mayer-Rossignol (pt) (2020–) | ||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 76000 e 76100 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | rouen.fr | ||||||||||
Ruán[1] (en francés: Rouen) é unha cidade do noroeste de Francia, capital da rexión de Normandía e do departamento do Sena Marítimo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está atravesada polo Sena e tres pequenos afluentes del, o Aubette, o Robec e o Cailly. O Sena representa 179 ha da superficie da comuna, 306 ha son espazos verdes e 210 km están ocupados por vías.
Entre 1990 e 1999 o crecemento natural da poboación foi superior á media nacional francesa, con taxas anuais do 15,31 % para a natalidade e 8,96 % para a mortalidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Coñecida dende os tempos da Galia romana baixo o nome de Rotomagus, a cidade converterase na capital do ducado de Normandía despois de que Rollon, xefe viquingo a recibise do rei Carlos III de Francia polo tratado de Saint-Claire-sur-Epte no 911.
O 19 de xaneiro de 1419, durante a guerra dos Cen Anos, o rei Henrique V de Inglaterra tomou a cidade de Ruán e incorporou Normandía á coroa británica. É daquela que Xoana de Arco foi xulgada e queimada aquí o 30 de maio de 1431. Calros VII recuperou a cidade dos ingleses en 1449 logo dun sitio que durou 10 días e reincorporou Normandía a Francia ó ano seguinte.
Durante a guerra franco-alemá de 1870, Ruán será ocupada polo exército prusiano. O mesmo sucederá no percurso da segunda guerra mundial do 9 de xuño de 1940 ata o 15 de agosto de 1944. Neste conflito sufrirá violentos bombardeos danando sobre todo as pontes sobre o Sena e o porto de Sotteville-lès-Rouen.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Victor Hugo chamábaa a cidade dos cen campanarios. Moitos edificios foron destruídos polos bombardeos durante a segunda guerra mundial pero quedan aínda, afortunadamente, moitos edificios salientables, tanto relixiosos como civís.
- A abadía de Saint-Ouen é particularmente impoñente cos seus 130 m de longo. É de estilo gótico rayonnant.
- A catedral gótica inspirou particularmente a Claude Monet. Posúe, no cruceiro do transepto, unha "torre-lanterna" coroada por unha frecha que culmina nos 151 m de altura (é a máis alta de Francia). A fachada occidental está encadrada por dúas torres, a torre Saint-Romain e a Tour de Beurre (Torre de manteiga) edificada cos cartos das indulxencias de Coresma.
- A igrexa Saint-Maclou é de estilo gótico flamboyant. Moi preto está o Aître Saint-Maclou, que foi utilizado como osario despois da gran peste.
- O Palais de justice é o edificio civil de estilo gótico máis grande de Francia, baixo o cal se atopou o máis antigo monumento xudeu de Europa.
- O Gros Horloge (Gran Reloxo) é un reloxo astronómico do século XIV, situado nunha construción que cruza a rúa do Gros Horloge.
Museos
[editar | editar a fonte]- O Musée des beaux-arts, o museo de arte da cidade;
- O Museo marítimo, fluvial e portuario de Ruán, sobre a historia do porto e a navegación;
- O museo Le Secq des Tournelles, que conta cunha colección de ferraxería única no mundo.
O porto
[editar | editar a fonte]Dende a Idade Media, e mesmo antes, o porto constitúe unha parte preponderante da actividade da cidade a causa da súa situación estratéxica entre París e a Canle da Mancha onde as mareas son aínda perceptibles.
Aínda que estea a 80 km en barco do esteiro (6 horas de navegación), o porto é á vez fluvial e marítimo, capaz de recibir barcos moi importantes (ata 280 m de longo e 150.000 toneladas).
Ruán non é máis que o 28º porto europeo e o 5º francés detrás de Marsella (3º europeo), Le Havre (5º), Dunkerque (13º) e Saint-Nazaire (18º), pero é o primeiro porto europeo para cereais e o primeiro francés para a fariña. O tráfico petrolífero é moito menor que o de Le Havre, pero non por iso desprezable tendo en conta a proximidade da refinaría de Le Petit-Couronne.
Os máis grandes veleiros do mundo se dan cita en Ruán cada 4 ou 5 anos. Este evento foi bautizado "Voiles de la liberté" (Veleiros da Liberdade) en 1989, "Armada de la liberté" (Armada da Liberdade) en 1994 e "Armada du siècle" (Armada do século) en 1999. A última edición, "Armada Rouen 2003" en xullo de 2003 acolleu 50 navíos, 6.000 tripulantes de 20 nacionalidades diferentes, 10 millóns de visitantes, e ducias de actos e de animacións....
Administración
[editar | editar a fonte]A aglomeración ruanesa foi organizada progresivamente, formando finalmente un distrito en 1995. Este foi transformado en "communauté d'agglomération" no 2000, e ten 34 comunas: Amfreville-la-Mi-Voie, Belbeuf, Bihorel, Bois-Guillaume, Bonsecours, La Bouille, Canteleu, Darnétal, Déville-lès-Rouen, Fontaine-sous-Préaux, Franqueville-Saint-Pierre, Grand-Couronne, Le Grand-Quevilly, Le Houlme, Houppeville, Isneauville, Malaunay, Maromme, Le Mesnil-Esnard, Mont-Saint-Aignan, Moulineaux, Notre-Dame-de-Bondeville, Oissel, Petit-Couronne, Le Petit-Quevilly, Roncherolles-sur-le-Vivier, Ruán, Saint-Aubin-Épinay, Saint-Étienne-du-Rouvray, Saint-Jacques-sur-Darnétal, Saint-Léger-du-Bourg-Denis, Saint-Martin-du-Vivier, Sotteville-lès-Rouen, Val-de-la-Haye.
Ruán está dividido en 7 cantóns:
- O 1º cantón ten 19.964 habitantes;
- O 2º cantón ten 13.643 habitantes;
- O 3º cantón ten 12.033 habitantes;
- O 4º cantón ten 11.153 habitantes;
- O 5º cantón ten 15.671 habitantes;
- O 6º cantón ten 20.682 habitantes;
- O 7º cantón ten 13.446 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ruán.. Definición para a acepción segunda: [tecido] de liño ou algodón estampado en cores que se fabricaba na cidade francesa dese nome.