Saltar ao contido

Tomate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomate

Tomates maduros in situ.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Xénero: Solanum
Especie: S. lycopersicum
Nome binomial
'Solanum lycopersicum'
L., Sp. Pl., vol. 1, p. 185, 1753 [1] non Lam., Tabl. Encycl., 2: 17, 1794
Sinonimia
  • Lycopersicon cerasiforme Dunal
  • Solanum pomiferum Cav.
  • Lycopersicon humboldtii(Willd.) Dunal
  • Lycopersicon galenii Mill., 1768
  • Lycopersicon esculentum Mill., 1768, nom. cons.
  • Lycopersicon solanum Medik., 1783
  • Amatula flava Medik., 1787
  • Amatula rubra Medik., 1787
  • Solanum spurium J.F.Gmel., 1791
  • Lycopersicon pomum-amoris Moench, 1794, nom. illeg.
  • Solanum luridum Salisb., 1796, nom. illeg.
  • Solanum humboldtii Willd., 1804
  • Lycopersicon lycopersicum (L.) H.Karst.,1882, nom. rejec.[1][2][3]

O tomate (Gl-tomate.ogg pronunciación ) ( do náhuatl tomatl ) é a froita da tomateira (Solanum lycopersicum; Solanaceae), aínda que impropiamente tratado como legume, amplamente cultivada e consumida polos pobos da América do Sur e central precolombianas, e hoxe coñecida en todo o mundo.

Folla da tomateira

A maioría dos botánicos atribúe a orixe do cultivo e consumo (e mesmo a selección xenética) do tomate como alimento á civilización inca do antigo Perú, o que deducen por aínda persistir naquela rexión unha gran variedade de tomates salvaxes e algunhas especies de domesticados (verdes) só alí coñecidas.

Crese que o tomate da variedade Lycopersicum cerasiforme é a ancestral da maioría das especies comerciais actuais, e que foi levada do Perú e introducida polos pobos antigos na América Central, posto que esta variedade foi amplamente cultivada en México.

Outros estudosos pensan que o tomate é orixinario do propio México, non só polo nome pertencer tipicamente á maioría dos dialectos locais (Náuatls), senón porque as cerámicas incas non rexistraron o uso do tomate nos utensilios domésticos, como era costume.

Os primeiros replican a esta obxección, argumentando que moitas outras froitas e alimentos dos incas tampouco foron representados nas cerámicas.

Descuberta do tomate

[editar | editar a fonte]
Un tomate maduro.

É falsa a noción de que, polo longo uso nos mollos das pastas, o tomate teña orixe en Italia ou mesmo longo uso na cociña italiana.

O tomate xa se cultivaba 700 anos a.C. en México, e no antigo Perú, antes da formación do Imperio Inca. O tomate sempre se consumiu nas civilizacións incas, maias e aztecas e pertence a un extenso rol de alimentos da América precolombiana descoñecidos do Vello Mundo, do cal fan parte o millo, varios tipos de feixóns, patacas, froitas como o aguacate, e o cacao (de cuxas sementes se fai o chocolate), ademais de artigos de uso nativo que se difundiran, como a goma de mascar (seiba de Sapota (ou sapoti)) e tabaco.

Os españois levaron o tomate a Europa e parece que os primeiros tomates que se cultivaron en Italia eran de cor amarela. En 1554 foron descritos polo botánico italiano Piero Andrea Mattioli como "pomo d'oro", mazá dourada, de aí o nome de "pomodoro"; na Francia do século XVIII foron coñecidos como "pomme d'amour" (ou mazá de amor); hoxe os de cor vermella están máis estendidos.

Inicialmente o tomate considerábase velenoso polos europeos e cultivado só para efectos ornamentais. Soamente no século XIX o tomate pasou a ser consumido e cultivado en escala cada vez maior, inicialmente en Italia, despois en Francia e España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy