Wehrmacht
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Wehrmacht | |
---|---|
Tipo | forzas armadas |
Data de fundación | 21 de maio de 1935 |
Data de disolución | 8 de maio de 1945 e 20 de agosto de 1946 |
Organización matriz | Alemaña nazi |
Sede | Wünsdorf |
País | Alemaña nazi e Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha |
[ editar datos en Wikidata ] |
Wehrmacht (escoitar pronunciación) (axuda · info) é o nome que recibiron as forzas armadas alemás, xurdidas en 1935, tras a disolución da Reichswehr, por parte do réxime Nazi. Durante a segunda guerra mundial, a Wehrmacht consistía no exército (Heer), a mariña (Kriegsmarine), a forza aérea (Luftwaffe) e a Waffen-SS, engadíndose ocasionalmente unidades da Sturmabteilung (SA).
Historia
[editar | editar a fonte]O Reichswehr era o exército da República de Weimar e herdeiro do derrotado exército imperial alemán. Ernst Röhm, xefe das Sturmabteilung (SA) pretendeu anexar este exército ás súas filas, o que se opoñía aos intereses de Adolf Hitler, pois existía o perigo de desestabilizar o réxime. Despois da noite dos coitelos longos, e o asasinato de Röhm, Hitler logrou a submisión total do Reichswehr e integrou unha gran parte da milicia das Sicherheitsdienst (SD) ao Reichswehr, organizando a Wehrmacht tras a disolución do anterior exército, o resto máis seleccionado foi a constituír as SD e Schutzstaffel (SS). Entre os organizadores do novo exército atopábanse Heinz Guderian, Walter von Reichenau e Alfred Jodl.
Renováronse as tácticas de trincheiras, xa obsoletas, e substituíuse pola innovadora táctica Blitzkrieg ou "guerra lóstrego". Integrouse a artillaría mecanizada á infantaría. Incluíuse nas súas filas novos oficiais con máis amplo grao de iniciativa. O armamento tivo un cambio radical, co emprego de metralladoras máis lixeiras e doadas de transportar, a organización de escuadróns móbiles de asalto, escuadróns de loxística, así como unha cadea de mando, a cal aínda sendo monolítica, permitía a autonomía de acción a escuadróns sen oficiais ao mando se estes chegaban a faltar ou caer. Moitos exércitos do mundo copiaron a base desta organización.
A táctica de ataque por envolvemento ou pinzas foi unha verdadeira innovación. Envolvíase un sector da fronte previamente debilitado pola artillaría, capturando bolsóns ao envolver os seus flancos para despois neutralizalos.
Cara a 1939 o exército alemán de liña contabilizou ao redor de 6 millóns de soldados e durante toda a segunda guerra mundial pelexaron por Alemaña máis de 12 millóns de soldados de diversas nacionalidades.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial a Wehrmacht logrou vitorias épicas e rechamantes no teatro de operacións, derrotando os exércitos europeos con relativa facilidade, incluíndo a ingleses e franceses.
A táctica de pinzas foi usada en Francia e a Unión Soviética. A moral combativa da Wehrmacht, unha oficialidade moi competente, as súas tácticas e o logro efectivo e rápido de obxectivos, sumado ao rearmamento con tanques tipo MK, moi rápidos, fixeron do exército un dos máis efectivos e poderosos para esa época. Para 1939 a Wehrmacht contaba con máis de nove millóns de efectivos, dos cales máis de seis millóns eran soldados profesionais cunha experiencia no exército de máis de 10 anos.
Na invasión da Unión Soviética, que comezou o 22 de xuño de 1941, a Wehrmacht logrou contundentes éxitos iniciais e a aniquilación de gran parte das dotacións de fronteira do Exército Roxo e profundos avances dentro do territorio da URSS. Porén, os soviéticos lograron resistir a turrada e mobilizando todas as súas reservas humanas e materiais, apoiados polos seus crus invernos, frearon o avance dos alemáns, os cales non puideron facerse con Moscova, en novembro-decembro de 1941 nin Stalingrado, en decembro de 1942-febreiro de 1943.
Malia isto, a maquinaria alemá aínda era forte, ata o punto de manter efectivamente ocupada a Europa e combater en África. No verán de 1943, porén, a Wehrmacht sufriu a súa peor derrota en terras rusas, cando na batalla de Kursk, a contraofensiva soviética destruíu as mellores unidades blindadas da Wehrmacht e causoulle grandes baixas.
A partir de entón a Wehrmacht non recuperaría xa a iniciativa, empezando un retroceso ininterrompido cara ao seu punto de partida. Así e todo para abril de 1945, aínda podía contar con máis de 7 millóns de efectivos.
A Wehrmacht foi derrotada polos rusos na Batalla de Berlín, mentres os Aliados a batían no oeste de Europa. Os seus soldados foron desmobilizados após o conflito en 1945.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wehrmacht |
A Galipedia ten un portal sobre: Segunda Guerra Mundial |