Saltar ao contido

Xépidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
539-551

Os Xépidos eran un pobo xermano procedente do baixo Vístula e que se asentaron en Transilvania.

Foron dominados polos hunos e combateron xunto a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos (451).

Trala morte de Atila, os xépidos ao mando do seu rei Ardarico rebeláronse contra os hunos, aliáronse aos ostrogodos e hérulos para derrotaren aos fillos de Atila na beira do río Nedao.

No ano 565, estalou a guerra entre longobardos e xépidos, quen, ante a superioridade dos longobardos, buscaron axuda do emperador Xustino II prometendo entregar a cambio a cidade de Sirmium (actual Sremska Mitrovica en Serbia).

Os longobardos foron derrotados e o rei xépido Cunimundo non cumpriu a súa promesa e retivo Sirmium, Os longobardos entón aliáronse aos ávaros e derrotaron totalmente aos xépidos matando ao seu rei e repartíndose todos os seus territorios cos ávaros.

Lista de reis xépidos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy