Saltar ao contido

Xunzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXunzi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(lzh) 荀況 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento313 a. C. (<298 a. C.) Editar o valor en Wikidata
Zhao Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 230 a. C. (>238 a. C.) Editar o valor en Wikidata (82/92 anos)
Chu, Western Zhou Editar o valor en Wikidata
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III a. C. Editar o valor en Wikidata)
AlumnosHan Fei e Li Si Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesXun Shu, descendente Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGujin Tushu Jicheng (pt) Traducir
Registos do Historiador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5253102

Xunzi (chinés tradicional e simplificado: 荀子; pinyin: Xúnzǐ; Wade-Giles: Hsün2-tzu3; "Mestre Xun"), tamén coñecido como Xun Kuang (chinés tradicional: 荀況; chinés simplificado: 荀况; pinyin: Xún Kuàng; Wade-Giles: Hsün2 K'uang4), nado no estado de Zhao arredor de 310 ou 314 a.C. e finado no estado de Chu arredor de 235 ou 217 a.C.,[1] foi un filósofo e escritor confucianista chinés que viviu durante o período dos Reinos Combatentes e contribuíu ás Cen escolas de pensamento. Un libro coñecido como o Xunzi é atribuído tradicionalmente ao autor. As súas obras sobreviviron nunha condición excelente, e foron unha grande influencia na formación das doutrinas oficiais estatais da dinastía Han,[2] mais esta influencia minguou durante a dinastía Tang en relación coa de Mencio.[3]

Xunzi discutiu figuras que ían dende Confucio, Mencio e Zhuangzi, aos lingüistas Mozi, Hui Shi e Gongsun Long e os legalistas Shen Buhai e Shen Dao.[4] Menciona a Laozi como figura por primeira vez na historia chinesa temperá,[5] e fai uso da terminoloxía taoísta, aínda que rexeita a súa doutrina.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xunzi naceu como Xun Kuang. Algúns textos rexistran o seu apelido como Sun (孫) en lugar de Xun, talvez porque ambos os apelidos eran homófonos na antigüidade ou talvez porque Xun era un nome tabú durante o reinado do emperador Xuan de Han (73–48 a.C.), que tiña como nome de pía Xun. Herbert Giles e John Knoblock consideran a teoría do nome tabú como a máis plausible.[7][8]

Non se coñece nada da súa liñaxe, e os primeiros anos da vida de Xunzi están arrodeados de misterio. As historias de cando viviu están enfrontadas; dise que coñeceu o rei Kuai de Yan durante a época de Mencio, mentres que Liu Xiang afirma que viviu máis de cen anos despois de Mencio. Os rexistros de Sima Qian indican que naceu en Zhao, e no condado de Anze erixiuse un gran memorial no seu suposto lugar de nacemento. Dise que á idade de cincuenta anos foi ao estado de Qi para estudar e ensinar na academia Jixia. O Shi Ji afirma que se converteu en membro da academia durante a época do rei Xiang de Qi, desestimando a historia de que fora o mestre de Han Fei, mais a súa cronoloxía daríalle unha vida de 137 anos.

Despois de estudar e dar clases en Qi, dise que Xunzi visitou o estado de Qin, posiblemente entre 265 e 260 a.C.,[9] eloxiou o seu goberno e debateu sobre asuntos militares co Señor Linwu (臨武君) na corte do rei Xiaocheng de Zhao. Máis adiante, Xunzi foi calumniado na corte de Qi e retirouse ao sur do estado de Chu. En 240 a.C., o Señor Chunshen, primeiro ministro de Chu, invitouno a asumir o posto de maxistrado de Lanling (蘭陵令), que inicialmente rexeitou mais logo aceptou. Porén, o Señor Chunshen foi asasinado en 238 por un rival e Xunzi polo tanto perdeu a súa posición. Retirouse, permanecendo en Lanling durante o resto da súa vida e foi enterrado alí. O ano da súa morte é descoñecido,[10][11] aínda que se viviu para ver o ministerio do seu suposto alumno Li Si, como se conta, viviría ata os noventa anos, falecendo pouco despois do 219 a.C.[12]

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Xunzi foi testemuña do caos arredor da caída da dinastía Zhou e do levantamento do estado Qin que defendía "doutrinas centradas no control do estado, mediante o dereito e os castigos" (legalismo chinés).[3] Como Shang Yang, Xunzi cría que as tendencias innatas da humanidade eran o mal e que as normas éticas foran inventadas para rectificar o pobo. A súa variante do confucianismo tiña non obstante un aire máis escuro e pragmático que o optimista confucianismo de Mencio, que tendía a ver os humanos como naturalmente bos, a pesar de que como a maioría dos confucianistas cría que o pobo podía ser refinado mediante a educación e os ritos.[13][14] Porén, cría que só unha elite podía logralo.[15] Adaptou o confucianismo ás ideas dos moístas e dos legalistas.[16] Con todo, ao contrario que outros confucianistas, Xunzi permitiu que o dereito penal puidese ter un papel lexítimo, aínda que secundario no estado.[17]

Rexeita o Shang jun shu e as reclamacións de Zhuangzi de que o camiño cambia cos tempos, dicindo que o camiño fora inventado polos eruditos.[13] Ao final parece que aceptou as estratexias argumentativas dos moístas e o concepto de modelos ou fa 法 (que os legalistas tamén aceptaran), dicindo que "o Ru modélaos a partir dos reis antigos".[13] Ao contrario dos legalistas, dá pouca énfase nas regras xerais, avogando polo uso de exemplos particulares como modelos.[15]

Finalmente, rexeitou admitir teorías do estado e da administración fóra do ritual e do autocultivo, argumentando que os cabaleiros, máis que as medidas promovidas polos legalistas, como as fontes de criterio obxectivo.[16] O seu cabaleiro ideal ou junzi 君子, rei e gobernador axudado por unha clase de eruditos ou ru 儒, está "moi próximo a de Mencio", pero sen a tolerancia do feudalismo (xa que rexeitou os títulos hereditarios e cria que o status do individuo na xerarquía social podía ser determinada só polos seus propios méritos).[18]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Xun Kuang (2019). Rectificar los nombres: Xun Zi / Zheng Ming: Un capítulo fundamental en el pensamiento confuciano. Tradución directa ao castelán de Nuno A. Valenzuela Alonso. Miraguano. ISBN 9788478134830[19]
  1. Knechtges & Shih (2014), p. 1757.
  2. John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), páx. 29. The Chronology of Xunzi's Works.
  3. 3,0 3,1 de Bary, William Theodore; Bloom, Irene, eds. (1999). Sources of Chinese Tradition: From Earliest Times to 1600 1. Nova York: Columbia University Press. pp. 159–160. ISBN 978-0231109390. 
  4. Karyn Lai 2017. páx. 55. An Introduction to Chinese Philosophy.
  5. Tae Hyun KIM 2010 páx. 18, Other Laozi Parallels in the Hanfeizi
  6. Robins, Dan, "Xunzi", 8. Epistemology, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.),
  7. Giles, Herbert (1898). A Chinese Biographical Dictionary. Londres: Bernard Quaritch. p. 315. 
  8. Knoblock, John (1988). Xunzi: a translation and study of the complete works. Stanford, CA: Stanford University Press. p. 239. ISBN 0804714517. 
  9. John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), p.34. The Chronology of Xunzi's Works.
  10. Watson, Burton (2003). Xunzi: Basic Writings. Columbia University Press. pp. 2, 120, 132–133, 145–146, 148, 154, 163–165, 170, 174. ISBN 978-0231129657. 
  11. David R. Knechtges and Taiping Chang 2014. páx. 1759. Ancient and Early Medieval Chinese Literature (vols. 3 & 4).
  12. John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), páx. 34. The Chronology of Xunzi's Works.
  13. 13,0 13,1 13,2 Robins, Dan, "Xunzi", 2. The Way of the Sage Kings, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.)
  14. Manso, William C. (1987). "Incipient Chinese Bureaucracy and Its Ideological Rationale: The Confucianism of Hsün Tzǔ". Dialectical Anthropology 12 (3): 271–284. JSTOR 29790241. 
  15. 15,0 15,1 Robins, Dan, "Xunzi", 4. Education and Punishment, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.)
  16. 16,0 16,1 John Knoblock 1990. páx. 172. Xunzi: Books 7-16.
  17. (R. Eno), 2010 páx. 1. Legalism and Huang-Lao Thought Arquivado 21 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. Indiana University, Early Chinese Thought [B/E/P374].
  18. Burton Watson 2003. Xunzi: Basic Writings.
    • Robins, Dan, "Xunzi", 2. The Way of the Sage Kings, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.),
  19. "Rectificar los nombres: Xun Zi / Zheng Ming: un capítulo fundamental en el pensamiento confuciano — 正名 (Zheng Ming) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy