Óscar Xuvenil
O Óscar xuvenil (Academy Juvenile Award ou Juvenile Oscar) foi un Óscar honorífico entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas segundo decisión da Xunta de Gobernadores para recoñecer actores de menos de dezaoito anos pola súa "importante contribución ao entretemento".[1][2]
O trofeo era unha estatua en miniatura dun Óscar que medía aproximadamente sete polgadas de alto.[2][3][4] O premio entregouse entre 1935 e 1961.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro neno actor candidato ao Óscar foi Jackie Cooper, de nove anos, candidato en 1931 polo seu traballo en Skippy.[5] Recoñecendo que os rapaces podían ter desvantaxes entre os votantes nas categorías de mellor actor ou actriz[6] e a non existencia das categorías para actores secundarios,[7] a Academia decidiu crear un premio especial honorífico para recoñecer o traballo de actores de menos de dezaoito anos.[2]
O 27 de febreiro de 1935, na 7ª edición dos Óscar, entregouse o primeiro premio xuvenil.[2]
Nos seguintes vinte e cinco anos entregouse intermitentemente a doce actores.[4][8] Porén, varios intérpretes xuvenís foron candidatos nas categorías de mellor actor secundario ou mellor actriz secundaria en categorías competitivas, como Bonita Granville (con catorce anos),[9] Brandon deWilde (con once),[10] Sal Mineo con dezasete.[11] e Patty McCormack (con once).[12] Ningún deles gañou.
O 17 de abril de 1961, na 33ª edición dos Óscar entregouse o último Óscar Xuvenil.
Premiados
[editar | editar a fonte]Ano | Premiado | Idade[13] |
---|---|---|
1934 (7ª) |
Shirley Temple | 6 anos, 310 días |
1938 (11ª) |
Deanna Durbin | 17 anos, 81 días |
Mickey Rooney | 18 anos, 153 días | |
1939 (12ª) |
Judy Garland | 17 anos, 264 días |
1944 (17ª) |
Margaret O'Brien | 8 anos, 59 días |
1945 (18ª) |
Peggy Ann Garner | 14 anos, 32 días |
1946 (19ª) |
Claude Jarman, Jr. | 12 anos, 167 días |
1948 (21ª) |
Ivan Jandl | 12 anos, 59 días |
1949 (22ª) |
Bobby Driscoll | 13 anos, 20 días |
1954 (27ª) |
Jon Whiteley | 10 anos, 39 días |
Vincent Winter | 7 anos, 91 días | |
1960 (33ª) |
Hayley Mills | 14 anos, 364 días |
Anos seguintes
[editar | editar a fonte]En 1962, Patty Duke, de dezaseis anos, gañou o Óscar á mellor actriz secundaria por O milagre de Anna Sullivan, converténdose na máis nova gañadora dun Oscar.[14] Tras ela tamén gañaron na mesma categoría Anna Paquin, con once anos, por The Piano (1993), e Tatum O'Neal, con dez, por Lúa de papel (1974).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Honorary Award". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "7ª edición dos Óscars". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2011.
- ↑ "17ª edición dos Óscars". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 "Movie News: Oscar Statuettes". TVGuide.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2011. Arquivado 10 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "4ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ Tourtellotte, Bob (21 de febreiro de 2007). "Baby Oscar winners advise Sunshine child star". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "7ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "10 Bygone Academy Awards". MentalFloss.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "9ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "26ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "28ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "29ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ Idade na cerimonia, non na filmación, que puido ter lugar un ou dous anos antes da entrega do premio
- ↑ "35ª edición dos Óscars - Winners". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas– Páxina oficial
- Arquivado 22 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. – Base de datos oficial