Content-Length: 246864 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/78%C2%AA_edici%C3%B3n_dos_%C3%93scar

78ª edición dos Óscar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

78ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 78ª edición dos premios Óscar tivo lugar nunha cerimonia que se celebrou o 5 de marzo de 2006 no Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos).

Casting da cerimonia

[editar | editar a fonte]

Resumo da gala

[editar | editar a fonte]

A actriz Mira Sorvino e o presidente da academia, Sid Ganis, leron as candidaturas correspondentes ó ano 2005 o 31 de xaneiro de 2006. Desde aquel momento varios medios prognosticaron unha gala máis politizada do habitual considerando que a máxima favorita da noite, Brokeback Mountain (Ang Lee), narraba a historia de amor entre dous pastores homosexuais.

Outra das candidatas, Capote, era un biopic sobre o famoso escritor cuxa inclinación sexual era idéntica á dos anteriores. A ese feito sumábase outra circunstancia: o filme narraba a investigación que Capote realizou para poder escribir In Cold Blood, unha novela en contra da pena de morte.

Xunto ós dous filmes citados, atopábase un filme que previña sobre os ataques á liberdade de expresión padecidos nos últimos tempos da man da administración Bush (Good Night, and Good Luck).[Cómpre referencia]

Crash pola súa banda pretendíase como un conto sobre as diferenzas racionais nos Ánxeles e sobre o desencontro das etnias.

Completaba o quinteto de afortunadas Munich, unha cinta que levantara ampolas tanto en xudeus como en palestinos, xa que a imaxe que se ofrece dos mesmos nesta reconstrución sobre a vinganza do goberno de Golda Meir contra os organizadores do secuestro e asasinato de 11 atletas durante as olimpíadas do 72 puña de relevo o seu desacordo no emprego da violencia. Ningunha das cinco tivo un éxito en portelo espectacular. De feito, ningunha das cinco filmes estaba entre os 40 filmes con maior recadación do ano nos Estados Unidos.

Aínda por riba, concorrían nesta edición unha intérprete, (Felicity Huffman), que defendía na cinta Transamerica o papel de transexual. A ela sumábaselle George Clooney, que sumaba catro candidaturas na mesma noite (produtor, guionista, director e actor), aínda que na última érao por un filme distinto, Syriana, un ataque contra a intervención da CIA nos países árabes. Ademais, outros dos filmes máis beneficiadas, The Constant Gardener, arremetía duramente contra o papel das empresas internacionais no terceiro mundo.

Un segundo factor -xunto ó carácter eticamente comprometido das candidatas- chamaba a atención: ningún filme podería arrasar. Os premios da crítica, os BAFTA, a Screen Actors Guild, os Globos de Ouro e os Satellite Awards sinalaban o filme de Ang Lee e o seu realizador como triunfadores dos dous principais premios.

A teor deses premios, Philip Seymour Hoffman, Reese Witherspoon e Rachel Weisz partían con vantaxe na categoría de intérpretes. O Óscar ó mellor actor secundario era o único que espertaba máis dúbidas. As multi-candidaturas de Clooney -sumadas á súa transformación física para Syriana e ó Globo de Ouro- facíano partir dun lugar privilexiado. Porén, tiña dous rivais especialmente fortes. O primeiro, Paul Giamatti, quedara ausente na gala anterior contra todo prognóstico e gozaba do apoio da Screen Actors Guild, aínda que tres circunstancias prexudicaban a súa carreira cara á figura: o seu filme (Cinderella Man) estreárase había tempo, a campaña de Giamatti foi escasa, e ademais o seu nome fora omitido nas candidaturas dos Premios BAFTA, nos cales votaban varios dos académicos que tamén elixían os triunfadores dos Óscars. Estes outorgaron o BAFTA ó mellor actor secundario a Jake Gyllenhaal fronte a George Clooney, manifestando que a pesar da "trampa" tendida pola produtora ó promocionalo como secundario (Gyllenhaal era tan protagonista como Heath Ledger) se había algún membro do elenco de actores do filme a priori vencedor tiña posibilidades de éxito, este era Gyllenhaal, cuxo personaxe -un home sensible e valente- ademais coñecía un desenlace tráxico.

Ademais había 24 anos que non coincidían os filmes nomeados na categoría de mellor filme e mellor dirección.

Así as cousas a noite do 5 de marzo de 2006 empezaba con certa expectación. A este feito tamén contribuía o debut como mestre de cerimonias de Jon Stewart.

Candidaturas

[editar | editar a fonte]
Paul Haggis, mellor guión orixinal e director do mellor filme
Ang Lee, mellor director
Philip Seymour Hoffman, mellor actor
Reese Witherspoon, mellor actriz
George Clooney, mellor actor secundario
Rachel Weisz, mellor actriz secundaria
Nick Park, mellor filme de animación
Gavin Hood, mellor filme en lingua non inglesa
Martin McDonagh, mellor curtametraxe de acción en vivo
Gustavo Santaolalla, mellor música orixinal
Richard Taylor, mellores efectos visuais
Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

In memoriam

[editar | editar a fonte]

Cada ano a academia de cine rende unha homenaxe póstuma a aqueles profesionais que pereceron durante o tempo transcorrido entre unha cerimonia e outra. Na presente edición dos Óscar proxéctase un vídeo como tributo aos falecidos durante eses doce meses. Este ano a relación inclúe ás seguintes personalidades: Shelley Winters, John Mills, Chris Penn, Pat Morita, Teresa Wright, John Spencer, Richard Pryor, Robert Wise, Anne Bancroft, Vincent Schiavelli, Maria Schell, Barbara Bel Geddes, Evan Hunter, Geraldine Fitzgerald, James Doohan, Matthew McGrory, Jocelyn Brando, Constance Cummings, Ismael Merchant, John Brabourne, Anthony Franciosa, Suzane Flonn.

a^: A candidata ao mellor filme en lingua non inglesa Paradise Now foi nomeada inicialmente como proposta de palestina.[1] Porén, tras protestas dos grupos proisraelís nos Estados Unidos, a Acadmia decidiu designala como proposta da Autoridade Palestina, movemento que foi condenado polo director do filme Hany Abu-Assad.[2][3] Durante a cerimonia de entrega de premios, o filme foi anunciado polo presentador Will Smith como proposta dos "territorios palestinos".[4]

Referencias
  1. Gray, Tim (14 de febreiro de 2006). "Acad denies 'Now' rumors". Variety (Penske Media Corporation). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  2. Gray, Tim (1 de marzo de 2006). "Oscar tune impugned". Variety (Penske Media Corporation). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  3. Agassi, Tirah (26 de febreiro de 2006). "Middle East tensions hang over Palestinian nominee for an Oscar / 'Paradise Now' traces lives of two men who are suicide bombers". San Francisco Chronicle (Jeffrey M. Johnson). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  4. Zayid, Maysoon (20 de setembro de 2012). "Movie is 'not without its rewards'". Manawatu Standard (Fairfax Media). p. 13. 
Predecesor:
77ª edición dos Óscar
Premios Óscar
78ª edición dos Óscar
Sucesor:
79ª edición dos Óscar








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/78%C2%AA_edici%C3%B3n_dos_%C3%93scar

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy