11ª edición dos Óscar
A 11.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 23 de febreiro de 1939 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos).[1] Nesta edición non houbo mestre de cerimonias.
Nesta cerimonia prohibiuse a cobertura pola radio. O reporteiro George Fischer de Mutual Radio Network, KHJ, dos Ánxeles, que estivera a informar dos premios dende 1930, encerrouse nunha cabina e puido retransmitir doce minutos antes de que os gardas de seguridade rompesen a porta. A emisión parcial pola radio volveu permitirse de novo na cerimonia de 1942.[2]
Por primeira vez foi candidato ao Óscar ao mellor filme unha obra en lingua estranxeira, La Grande Illusion, de Jean Renoir.
Premios
[editar | editar a fonte]Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.
Oscar Honorífico
[editar | editar a fonte]- J. Arthur Ball, "polas súas importantes contribucións ao avance da cor na fotografía cinematográfica".
- Walt Disney "por crear Snow White and the Seven Dwarfs, recoñecida como unha significativa innovación na pantalla que encantou a millóns e foi pioneira dun grande e novo campo de entretemento no cinema de animación".
- Gordon Jennings, Jan Domela, Dev Jennings, Irmin Roberts, Art Smith, Farciot Edouart, Loyal Griggs, Loren Ryder, Harry D. Mills, Louis H. Mesenkop e Walter Oberst "polos importantes logros na creación de efectos fotográficos e de son de Spawn of the North".
- Oliver Marsh e Allen Davey "pola fotografía en cor de Sweethearts".
- Harry M. Warner "en recoñecemento do servizo patriótico na produción de curtametraxes históricas que presentan episodios significativos das primeiras loitas do pobo americano pola liberdade".
Irving G. Thalberg Memorial Award
[editar | editar a fonte]Oscar xuvenil
[editar | editar a fonte]- Deanna Durbin e Mickey Rooney, "polas súas significativas contribucións ao levar á pantalla o espírito e a personificación da mocidade, e como intérpretes xuvenís que esteblecen un estándar alto de habilidade".
Predecesor: 10ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 11ª edición dos Óscar |
Sucesor: 12ª edición dos Óscar |
- ↑ "The 11th Academy Awards (1939) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-10.
- ↑ Dunning, John (1998). On the Air: The Encyclopedia of Old-Time Radio (Revised ed.). Nova York: Oxford University Press. pp. 4–5. ISBN 978-0-19-507678-3. Consultado o 2019-09-10.