Belo Horizonte
Himno | Hino do município de Belo Horizonte (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Minas Xerais | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.315.560 (2022) (6.997,76 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 330,9 km² | ||||
Altitude | 760 m | ||||
Comparte fronteira con | Nova Lima (pt) Santa Luzia (pt) Vespasiano (pt) Brumadinho (pt) Ibirité (pt) Contagem Ribeirão das Neves (pt) Sabará | ||||
Creación | 1701 | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | Fuad Noman (pt) (2025–2028) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Belo Horizonte (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 41) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 31 | ||||
Código de concello do Brasil | 3106200 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | pbh.gov.br | ||||
Belo Horizonte é a capital do estado brasileiro de Minas Xerais. É a sexta cidade do país en poboación total, despois de São Paulo, Río de Xaneiro, Salvador, Brasilia e Fortaleza. A súa área metropolitana ten uns 4,6 millóns de habitantes. Sitúase a 716 km de Brasilia, 586 km da cidade de São Paulo, 444 km da cidade do Río de Xaneiro e a 858 m de altitude sobre o nivel do mar.
Rodeada pola Serra do Curral, que lle serve de marco natural e referencia histórica, foi planeada e construída para ser a capital política e administrativa do Estado mineiro baixo influencia das ideas do positivismo, nun momento de forte chamamento da ideoloxía republicana no país. Sufriu un inesperado e acelerado crecemento de poboación, chegando a máis de 1 millón de habitantes con case 70 anos de fundación. Entre as décadas de 1930 e 1940, houbo tamén o avance da industrialización, ademais de moitas construcións de inspiración modernista, principalmente as casas do barrio Cidade Xardín, que axudaron a definir a fisionomía da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezos modestos
[editar | editar a fonte]En 1701, Joao Leite da Silva Ortiz estableceu a Fazenda do Cercado nas ladeiras da que sería chamada Serra do Curral, porque axiña a facenda se converteu na base do núcleo coñecido como Curral del Rei, que para 1707-11 xa tiña recoñecemento oficial (carta de sesmaria). En 1750 foi creado por orde da Coroa Portuguesa o distrito de Nosa Señora da boa Viaxe do Curral del-Rei. O distrito era entón sede da freguesía do mesmo nome, instituída en 1718 en torno á capela alí construída por Francisco Homem del-Rei. A freguesía foi instituída oficialmente en 1748.
Unha pequena capela foi erixida en 1718 (despois Igrexa de Nosa Senhora de Boa Viagem e hoxe catedral, o único predio conservado) no centro da poboación coñecida xa como Arraial do Curral del Rei. Para fins do século XIX contaba 4000 habitantes e, trala proclamación da República, mudou o nome ao de Arraial de Belo Horizonte (1890)[1][2].
A fins do século XIX, a entón capital de Minas Xerais, Ouro Preto, presentaba dificultades de acomodar unha expansión urbana, debido á súa localización, carecía da infraestrutura dunha cidade moderna e a súa topografía imposibilitaba o desenvolvemento que pretendían as autoridades republicanas no seu impulso á descentralización federal. Iso xerou a necesidade da transferencia da capital para outro sitio. Unha comisión dirixida por Aarao Reis apuntou a escolla do lugar do Arraial de Belo Horizonte para unha nova capital (posición central, ben comunicada, clima benigno, rico en auga), comezando en 1894 as obras segundo proxecto do mesmo enxeñeiro e urbanista. O municipio foi desmembrado de Sabará e ao principio foi denominado Cidade de Minas. A capital do estado foi oficialmente transferida en 12 de decembro de 1897 durante o goberno de Crispim Jacques Bias Fortes, xa co nome de Belo Horizonte. En 1897 tivo lugar a inauguración oficial (aínda sen terminar) co nome de Cidade de Minas, que en 1901 foi modificado ao definitivo de Belo Horizonte.
O proxecto da nova capital de Minas
[editar | editar a fonte]O plan de Aarao Reis buscaba unha síntese entre a cuadrícula colonial americana e os exemplos paradigmáticos do urbanismo do século que finaba: o París de Haussmann e Washington coas súas grandes arterias diagonais, ademais dunha grande avenida perimetral (Av. do Contorno). Esta separaba a área propiamente urbana da área suburbana con trazado irregular de transición cara a área rural.
Nos encontros das avenidas diagonais ábrense prazas cos edificios oficiais e representativos. Un gran parque municipal completaba o deseño. Inda que materializado na súa maior parte o plan era unha concepción do século XIX, elitista (os antigos habitantes do arraial e obreiros foron excluídos, aparecendo as primeiras favelas), encapsulada e ideal para un século novo que viña cheo de retos e novidades.
Estaba proxectado para unha poboación de 100 000h que xa en 1940 (inda que ata 1922 o crecemento foi mínimo pola crise financeira) a cidade dobrara. A necesidade de expansión non tivo o seu reflexo nun planteamento acorde co inicial. A ausencia dunha conexión vial apropiada entre a trama regular central, illada pola Av. do Contorno, e a suburbana supuxeron un atranco engadido. Así, o crecemento maiormente foi levado a cabo sen orde nin xeito [3].
Pampulha
[editar | editar a fonte]A excepción máis notable dese desenvolvemento desordenado e anónimo foi a erección do conxunto de Pampulha, un barrio ao norte. Dende 1940 era prefeito da cidade Juscelino Kubitschek (despois presidente do país e impulsor de Brasilia), que deseguido encargou ao arquitecto Oscar Niemeyer o plan de acondicionamento do contorno dunha lagoa artificial embalsada nese tempo. O resultado foi un conxunto arquitectónico e paisaxístico de lecer (1943[4]) que supuxo o lanzamento da arquitectura moderna brasileira na escena internacional e por extensión a de Niemeyer e outros artistas que colaboraron, sinaladamente o paisaxista Burle-Marx.
A área de Pampulha tense convertido na actualidade nunha zona de equipamentos culturais, educativos e o futuro parque tecnolóxico.
Metrópole
[editar | editar a fonte]O crecemento froito da industrialización foi intenso a partir de entón. O centro densificouse polo incremento de alturas ata configurar un bosque de pequenos rañaceos [5][6][7]. Pronto os límites da prefeitura foron superados, comezando a conformarse a área metropolitana que continúa a expansión da terceira metrópole do Brasil [8].
Economía
[editar | editar a fonte]Belo Horizonte ten hoxe o 5º máis grande Produto interior bruto de entre as cidades brasileiras. O sector terciario (comercio e servizos) responde do 80% da súa economía. O sector industrial responde por case todo o resto.
A súa rexión metropolitana posúe o 5º maior parque industrial da América do Sur, destacando a produción de automóbiles e as súas pezas, siderurxia, electrónica e construción civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Planta do Arraial de Belo Horizonte, 1894
- ↑ Panorama do Arraial dende o SE, 1894
- ↑ "Evolución da mancha urbana de BH". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 05 de agosto de 2011.
- ↑ Conxunto de Pampulha, "Arquitextos 004"
- ↑ "Vista aérea coa dobre retícula e as primeiras torres, 1960". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 05 de agosto de 2011.
- ↑ Idem, Av.Afonso Pena e Parque Municipal en primeiro plano; detrás á dereita Praza Soares, 1950 [1]
- ↑ Vista xeral do centro na actualidade
- ↑ Vista satelital da área metropolitana de BH
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belo Horizonte |